O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

AGARDANDO A XELÍS DE TORO
Mañá, 1 de abril, o alumnado de terceiro de Primaria recibirá na nosa biblioteca a visita do escritor Xelís de Toro. Como agasallo prepararon entre tod@s un bonito mural. Agardamos que lle guste!!
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 31-03-2016 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
GOOGLE: CIENCIA EN FEMININO - ÁNGELA RUIZ ROBLES
https://es.wikipedia.org/wiki/%C3%81ngela_Ruiz_Robles

Novamente, no seu doodle de hoxe, Google pon de relevancia un nome en feminino e en galego conmemorando o 121º aniversario do nacemento da mestra e inventora Ángela Ruiz Robles, creadora da enciclopedia mecánica, considerada a precursora do actual libro electrónico.
O 12 de novembro de 2013, no canal La 2, de RTVE, o programa Con ciencia, fóra de emisión na actualidade, dedica un reportaxe a esta polifacética muller:

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-03-2016 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
CAMIÑO DA LINGUA

O martes, 8 de marzo, no marco do PDI sobre Vigo, a proposta do ENDLG do noso centro, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria gozaron do obradoiro Camiño da Lingua, que incluía probas lingüísticas, culturais, adiviñas, trabalinguas e xogos didácticos, o que resultou moi moi acaído ao noso proxecto xa que se xunguían coñecementos sobre a nosa lingua e sobre a nosa cidade. A unidade lúdica é o xogo da oca tematizado co personaxe de Buxo e cos lugares emblemáticos de Vigo.
Un taboleiro, un dado xigante, dous equipos e moitas ganas de divertirse foron os ingredientes desta fantástica actividade. Pasámolo xenial!!!!

Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 09-03-2016 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
CADERNO DE TRABALLO SOBRE VIGO
O alumnado de 1º e 2º de EP xa están traballando no seu caderno de pescudas sobre o tema do PDI deste ano: Unhas pinceladas de Vigo Quedou moi chulo e seguro que vos encanta traballar nel!!!
Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 07-03-2016 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: MATERIAIS PARA A AULA
 Agradecemos a FETE-UGT a achega dos seguintes materiais para traballar o 8 de marzo nas escolas:
- Cartaz e explicación das letras do abecedario da Igualdade.
http://www.educandoenigualdad.com/2016/02/25/8-de-marzo/
http://www.educandoenigualdad.com/2016/02/25/8-de-marzo/

- Cuadernillo ESCUELA con actividades (infantil /primaria/secundaria)
http://www.educandoenigualdad.com/wp-content/uploads/2016/03/Enero2016.pdf
http://www.educandoenigualdad.com/wp-content/uploads/2016/03/Enero2016.pdf
Tamén podedes acceder aos seus materiais aloxados na páxina "Educando en igualdad" onde atoparedes moitas propostas arredor da igualdade de xénero e a coeducación
http://www.educandoenigualdad.com/
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 07-03-2016 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats