O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENCONTRO CON VICENTE MUÑOZ PUELLES
O xoves, 19 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de EP recibiu na nosa biblioteca a Vicente Muñoz Puelles, autor dos libros que estiveron lendo: La gata que aprendió a escribir e Óscar y el león de correos. Despois de falar y de respostar as preguntas que lle fixeron, asinou todos os exemplares. MOITAS GRAZAS!!
MÁIS FOTOS
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 21-03-2015 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
MATEMÁTICAS E LUZ
Xa temos a disposición do profesorado e do alumnado o caderno de Matemáticas para o segundo e terceiro ciclos de Primaria, integrado no PDI sobre a luz. Ao igual que o curso pasado, procurouse empregar tipos de texto pouco habituais, de xeito que o alumnado ha de desenvolver diferentes estratexias e habilidades lectoras para realizar con éxito o traballo. Neste caso, o reto consiste en que parte da información que necesitan deberán atopala nas facturas de electricidade, o que esixe un esforzo de lectura e de comprensión.
A proposta de traballo conducirá a un mellor aproveitamento da enerxía eléctrica.
Agardamos que vos guste. A TRABALLAR!:

Comentarios (0) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 16-03-2015 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO FERNÁNDEZ DEL RIEGO PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

As Bibliotecas Escolares de Galicia obteñen o premio Fernández del Riego, na edición deste ano.

Así o presentan na súa páxina.
"O Premio Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural foi para as Bibliotecas Escolares de Galicia, unha iniciativa que se foi consolidando ao longo de dez anos e cuxo obxectivo é a dinamización da lectura nos centros escolares de toda Galicia, de primaria e secundaria. Douscentos vinte e oito centros galegos contan con CLUB DE LECTURA e nun 25% destes centros tamén funcionan  grupos de lectura de adultos. Segundo a Asesoría de Bibliotecas Escolares, os responsables desas bibliotecas e os coordinadores manteñen unha xuntanza anual, os Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares,  e o mesmo acontece cos coordinadores dos clubs de lectura na Xornada de Clubs de Lectura.
E así aparece no portal educativo.
Así, recolle a nova, Manuel Bragado, director de Xerais, na súa páxina Brétemas.
Recibir este premio, co nome de Fernández del Riego, o gran bibliógrafo, bibliotecario da Fundación Penzol, é unha gran honra para as bibliotecas escolares, unha delas -a do CIFP Manuel Antonio- leva o seu nome.
Parabéns para todas

Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 16-03-2015 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CON VICENTE MUÑOZ PUELLES
O próximo 19 de marzo o alumnado de 1º e 2º de EP terán un encontro co escritor Vicente Muñoz Puelles, autor dos libros que estiveron lendo este trimestre: Óscar y el león de correos e La gata que aprendió a escribir. Xa nos contaredes!!!
Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 12-03-2015 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUIMOS COAS MULLERES CIENTÍFICAS
Seguimos completando o mural informativo sobre mulleres científicas. Desta vez tocoulle ao alumnado de Infantil e 5º de EP.
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 12-03-2015 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
PASIÑO A PASIÑO FACEMOS CAMIÑO
Pasiño a pasiño os nenos e nenas van enchendo o mural das mulleres con luz propia na ciencia coa información que acadaron coas súas pescudas. En equipo elaboraron as fichas informativas e colocáronas no lugar correspondente. Xa vai quedando menos para rematar o traballo e, a verdade, está quedando chulísimo. Parabéns e A SEGUIR!!!
Para ver todo o proceso clic AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 09-03-2015 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
CLASE ESPECIAL DE PLÁSTICA PARA QUINTO E SEXTO
Tal e como estaba programado, o pasado día 5 de marzo, o alumnado de 5º e 6º recibiu no noso cole ao ilustrador Víctor Rivas. Así relatan eles mesmos o encontro:
Este xoves tivemos unha clase de Expresión Plástica que xamais esqueceremos.
Visitou a nosa biblioteca Víctor Rivas, o ilustrador dun dos libros que traballamos este curso: "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Víctor, que é superamable e gracioso, falounos do seu traballo como ilustrador de libros de texto e, sobre todo, de cómic. Cando ten que ilustrar un libro de lectura comentounos o estudo previo da personalidade dos personaxes que ten que plasmar, en coordinación co autor ou autora do libro; pois os seus debuxos deben reflictir os sentimentos e emocións vividos por eses personaxes ao longo da obra.
Desvelounos o proceso que segue para debuxar: primeiro trazos suaves con lapis azul (mellor nun papel dobrado), logo calcar no papel limpo e dar xa os trazos definitivos con negro ou vermello.
Tamén nos ensinou a humanizar elementos comúns: números, letras, froitas... e a debuxar personaxes moi graciosos partindo de formas xeométricas simples.
Ademais explicounos a orixe do "MANGA" e como varía a expresividade dunha cara ao utilizar formas redondas ou angulosas.
Ao final e mentres el nos asinaba os libros, ata practicamos o aprendido e alí mesmo fixemos varios debuxos que nos quedaron superchulos.
Como dixemos, unha clase de Plástica inesquecible.

Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 08-03-2015 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
8 DE MARZO: SETE MULLERES CON LUZ PROPIA NA CIENCIA
O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, no que se conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. O lema deste ano «Empoderando ás Mulleres, Empoderando á Humanidade: Imaxínao!» recrea un mundo no que cada muller e cada nena poden exercer as súas opcións  e tomar as súas decisións, tales como participar na política, educarse, ter os seus propios ingresos e vivir en sociedades sen violencia nin discriminación.
En todos os centros escolares ponse de relevancia esta data coa finalidade de que esta mensaxe enchoupe o alumnado e agrome, por fin, unha sociedade xusta e igualitaria.
Ao longo da historia da humanidade as mulleres non tiveron doado incorporarse ás distintas áreas do coñecemento, polo que resulta imprescindible poñer en valor esas mulleres que, remando contra corrente, foron capaces de acadar as máis arduas metas, e así, canda elas, elevar ao resto do seu xénero.
Co título "Sete mulleres con luz propia na ciencia", ao fío do noso PDI deste curso, a biblioteca do centro propón ao alumnado investigar e recadar información sobre sete mulleres que fixeron importantes achegas no ámbito científico, e completar, entre tod@s, un mural situado na entrada do cole para que luza ben fermoso a partir do día 8 de marzo.
Por suposto, foi o noso amiguiño MIK o que puxo en movemento a nenos, nenas e profes coa súa carta.

Axiña comezaron as pescudas...
E aí andan, entre libros, enciclopedias e "gugle" (como eles din) para conseguir averiguar moitas cousas sobre estas mulleres fantásticas. Xa estamos desexando ver o mural rematado. Ánimo, rapaces!!!
Podedes ver máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 8 de marzo: Día da Muller - Publicado o 04-03-2015 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
CUARTO DE EP INVESTIGA NA BIBLIOTECA SOBRE A LUZ
Xa anda todo o alumnado do centro metido en faena coas súas investigacións sobre a LUZ. Varios grupos utilizan os seus Cadernos do científic@ para anotar todo o que vaian facendo arredor do proxecto. Primeiramente tiveron que entrenar co uso dos materiais de consulta e, despois, analizar como facían os científicos as súas investigacións e aplicar ese método ás súas propias pescudas. E niso están os nenos e nenas de cuarto, na biblioteca, consultando a bibliografía que tiñan seleccionada sobre o tema. Por suposto, xa pasaran pola interrogación sobre o fenómeno da luz, a observación e a elaboración das hipóteses. Agora están contrastando coas fontes de información. PARABÉNS a tod@s!! Sodes uns auténticos científic@s!!

TODAS AS FOTOS AQUÍ
Comentarios (2) - Sección: A LUZ. PDI 14/15 - Publicado o 02-03-2015 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats