O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

SEMANA DA PRENSA: DEVORANDO NOTICIAS
Para traballar a SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA tentamos conxugar nunha actividade a lectura da prensa co noso Proxecto Documental. Deste xeito xurdiu a proposta de recollida de noticias sobre alimentación, dietética..., coa finalidade de elaborar os nosos propios noticiarios, titulados "DEVORANDO NOTICIAS". O alumnado contou cunha semana para revisar, ler e seleccionar aquelas noticias que lle pareceron máis interesantes. Cada recorte debía presentarse nunhas plantillas que se facilitaron previamente. A resposta foi moi numerosa e xa comezamos a encadernar os "noticiarios" por curso. De momento podedes ver o de 1º, o de 3º e o de 5º de EP. Axiña teremos listos os demais, cos que se incrementarán os fondos da sección de Creación Propia. Moitas grazas e moitos parabéns polo traballo tan chulo que fixestes!!

Comentarios (0) - Sección: Semana da prensa - Publicado o 31-03-2014 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
LEMBRANZAS POÉTICAS
Xa podemos ver os vídeos das fantásticas xornadas de poesía que gozamos durante a semana pasada, uns días para lembrar...












Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 28-03-2014 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA: E. INFANTIL
Hoxe rematou a SEMANA DA POESÍA cunha sobremesa moi especial: os fantásticos recitados dos nenos e nenas de E. Infantil. Primeiro foron os peques de tres anos cunha bonita poesía dun pitiño amarelo que nos encandilou a tod@s. A continuación, o alumnado de catro anos contounos con moito entusiasmo o atarefado que andaba un dentista na selva e, por último, os nenos e nenas de cinco anos recitaron e teatralizaron requetebén "O noso corpo quere xogar", de Alicia Borrás. Entre tod@s conseguiron unha perfecta despedida destas xornadas de poesía. PARABÉNS A TOD@S, nenos, nenas e profes!! E... ATA O CURSO QUE VEN!!!

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 27-03-2014 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA: PRIMEIRO CICLO
E xa van tres!! Tres días de fermosos recitados a cargo do alumnado do centro. Desta vez foron os nenos e nenas do 1º ciclo os que conseguiron que, unha vez máis, saborearamos deliciosas poesías que nos pasearon en barca, preocupámonos pola a Carapuchiña, tocamos o chifre, camiñamos amodiño como un caracol, choramos cos lagartos, visitamos á avoa Manuela, xurdiu a primavera, naceu un arco da vella..., unha morea de sensacións ían aparecendo cos versos que nos recitaron fantasticamente. PARABÉNS A TOD@S!! PASÁMOLO XENIAL!!

VER ÁLBUM COMPLETO AQUÍ
Máis información en O CURRUNCHO DO PRIMEIRO CICLO
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 26-03-2014 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA: SEGUNDO CICLO
Hoxe gozamos da segunda xornada de "DÍAS DE POESÍA" que protagonizaron os nenos e nenas do segundo ciclo de Primaria. Ofrecéronnos un escollido programa que resultou un espectáculo fantástico cheo de fermosas poesías que recitaron á perfección. O alumnado de terceiro presentou catro poemas titulados "O UN MAILO CERO", de Xosé Rodríguez Ferrer, "CINCENTA", de Ana María Fernández, e "ESTE PICASO É UN CASO" e "CABALLITO DE MADERA" de Carlos Reviejo. A continuación interviñeron os nenos e nenas de cuarto con poesías de Fran Alonso pertencentes ao seu libro "O MEU GATO É UN POETA".

PARABÉNS A TOD@S!! FIXÉSTELO REQUETEBÉN!!












PODES LER A CONTINUACIÓN A PRESENTACIÓN E AS POESÍAS RECITADAS


PARA VER ÁLBUM COMPLETO DE FOTOS, CLIC AQUÍ
(Estade atentos, axiña teremos os vídeos)
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 25-03-2014 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA: TERCEIRO CICLO
Hoxe comezamos a semanana adicada á poesía cun fermoso recitado a cargo dos nenos e nenas do 3º ciclo de EP. Así nos explican a súa actuación:
Como benvida á primavera, un ano máis no colexio celebramos a SEMANA DA POESÍA e reunímonos para compartir os traballos que se realizaron nas distintas aulas.
Hoxe luns comezamos terceiro ciclo e recitamos en lingua castelá catro poemas de
Antonio Machado: "Primavera", "Para tu ventana", "Parábolas" e "Pegasos, lindos pegasos". Eliximos este autor por estarse a celebrar este ano o 75 aniversario do seu pasamento.
En lingua galega escollemos poemas de Antonio García Teijeiro, autor do que estamos a traballar o seu precioso libro de poesía "Na fogueira dos versos" e unha das sete cantigas de Martín Códax, de cuxo achado no Pergamiño Vindel se conmemora o centenario este ano 2014. Ademais tivemos a ousadía de continuar dous destes poemas con catro estrofas máis.
Por último, unha nena e un neno leron un poema composto por eles mesmos.
(Podemos ler a PRESENTACIÓN e a descrición do traballo de creación AQUÍ)

PARABÉNS, RAPACES, foi unha magnífica inauguración!!!


VER ÁLBUM DE FOTOS (axiña teremos os vídeos)

Comentarios (2) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 24-03-2014 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA: 6ª EDICIÓN
O día 21 de marzo é a data acordada pola UNESCO para celebrar o Día Mundial da Poesía.
Por outra banda, é tamén unha das datas sinaladas no calendario das letras, que recolle os principais eventos anuais relacionados coas letras galegas.

E, como desde hai varios cursos (xa van seis!!), a primavera trae a  POESÍA ao MESTRES GOLDAR: a biblioteca do centro organiza unha cita coa poesía nas xornadas de recitados, DÍAS DE POESÍA, do 24 ao 27 de marzo. 
Todos os cursos xa están traballando arreo para ofrecernos un ano máis un espléndido espectáculo poético. En fin, que xa estou desexando disfrutar do bo facer destes pequen@s artistas.
Na seguinte ligazón atoparedes unha escolma de páxinas e recursos para traballar a poesía nas aulas. Podedes acceder tamén no panel lateral:




VÉMONOS NA BIBLIO!! BICOS RATUNOS!!

Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 23-03-2014 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
ALICIA BORRÁS: O SEÑOR CORPO QUERE XOGAR
Dona cabeza,
moita atención!,
diga que si,
diga que non.
O xoves, día 20, estivo na nosa biblioteca a escritora viguesa Alicia Borrás, nun encontro moi agardado polos peques de 5 anos que leran e releran "O señor corpo quere xogar", ilustrado magnificamente por Rodrigo Chao. Con esta obra, a autora propón aos nenos descubrir as partes do corpo humano e as súas funcións. Despois de falar, recitar e cantar entre tod@s as rimas do libro, os nenos e nenas fixéronlle algunhas preguntas moi atinadas á autora, que esta respondeu moi amablemente. A continuación asinou os exemplares de cada un. MOITAS GRAZAS, ALICIA, PASÁMOLO MOI BEN!!!

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 21-03-2014 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR - CURSO 13/14
Ao longo deste curso, ao igual que en cursos anteriores, vense desenvolvendo no cole o noso Programa de Formación de usuarios e usuarias da Biblioteca Escolar. Para iso contamos cuns cadernos dirixidos ao profesorado onde se pautan unha selección de actividades que deben levarse a cabo con cada grupo/nivel:


Podedes descargar os cadernos nas seguintes ligazóns:
CADERNO 1º CICLO

CADERNO 2º/3º CICLOS
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 19-03-2014 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
PDI: O NOSO HORTO, UNHA DESPENSA NATURAL
O alumnado do segundo e terceiro ciclos de Primaria traballan no horto como auténtic@s profesionais. Ao fío do Proxecto Documental sobre a Alimentación, e dirixidos pola profe Mariluz, están a desenvolver o seu programa: O NOSO HORTO, UNHA DESPENSA NATURAL. Así, están plantando e recollendo os froitos que coidaron con agarimo e que levan para as súas casas para preparar suculentas e nutritivas comidas familiares. PARABÉNS, rapaces por tan boa colleita!!!

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 16-03-2014 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats