O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CAL É O CHISTE?
Un pequeno relato recollido en Tertulias Educativas pode levarnos á reflexión sobre a necesidade real de certos recursos. Venme agora á cabeza a pizarra dixital, tan de moda e pola que tod@s debecemos, eu a primeira. Ben é certo que ten dous grandes atractivos: o seu poder motivador para o alumnado e como aglutinador de recursos para o profesorado. Pero, pode sustituir os cadernos, lápices, pinturas e libros tal e como se pregona por certos lares?

Para pensar como usar na xusta medida os recursos, nas aptitudes dos docentes ou simplemente para rir un chisco:

"
Hace años, un inspector visitó una escuela. En su recorrido observó algo que le llamó poderosamente la atención, una maestra estaba atrincherada detrás de su escritorio, los alumnos hacían gran desorden... el cuadro era caótico.
Decidió presentarse:
- Permiso, soy el inspector de turno, ¿algún problema?
-Estoy abrumada señor, no se qué hacer con estos chicos... No tengo láminas, el Ministerio no me manda material didáctico, no tengo nada nuevo qué mostrarles ni qué decirles...
El inspector, el cual era un docente de alma, vio un corcho en el desordenado escritorio. Lo tomó y con aplomo se dirigió a los chicos:
- ¿Qué es esto?
- Un corcho señor... -gritaron los alumnos sorprendidos.
- Bien, ¿de dónde sale el corcho?
- De la botella, señor..., lo coloca una máquina.., del alcornoque..., de un árbol..., de la madera..., - respondían animosos los niños.
- ¿Y qué se puede hacer con madera?, -continuaba entusiasta el docente.
- Sillas..., una mesa..., un barco...
- Bien, tenemos un barco. ¿Quién lo dibuja? ¿Quién hace un mapa en el pizarrón y coloca el puerto más cercano para nuestro barquito? Escriban: ¿A qué provincia pertenece? ¿Y cuál es el otro puerto más cercano? ¿A qué país corresponde? ¿Qué poeta conocen que allí nació? ¿Qué produce esta región? ¿Alguien recuerda una canción de este lugar? - Y comenzó una tarea de geografía, de historia, de música, economía, literatura, religión, etc.
La maestra quedó impresionada. Al terminar la clase, le dijo conmovida:
- Señor, nunca olvidaré lo que me enseñó hoy. ¡Muchas gracias!
Pasó el tiempo. El inspector volvió a la escuela y buscó a la maestra. La encontró acurrucada detrás de su escritorio, los alumnos otra vez en total desorden...
- Señorita... ¿Qué pasó? ¿No se acuerda de mí?
- Sí señor, ¡cómo olvidarme! ¡Qué suerte que regresó! Es que... no encuentro el corcho. ¿Dónde lo dejó?"

Pero o que case sempre ocurre é que o profesorado bota man do inxenio para lograr a atención dos alumnos (Imaxe vista en Mi nombre punto final )


Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 12-03-2008 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA BITÁCORA

Hoxe, en lugar do título dun libro recomendamos a visita á Bitácora Homes de pedra en barcos de pau. É o blog dun mariñeiro galego que conta moitas experiencias a bordo do seu barco pesqueiro, relata anécdotas e lendas relativas ao mar, fala dos lugares que visita...
E xa que estamos a buscar información sobre os traballos do mar, aquí podes atopala da man dun dos seus protagonistas.


Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 11-03-2008 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 21

Máis alto que un piñeiro,

polo aire vai lixeiro,

nin é paxaro,

nin é nubeiro.


Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto



Comentarios (10) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 10-03-2008 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
VICTORIA


Pode ser que nos leve anos, pero estamos no camiño...
Seguiremos loitando por un mundo de igualdade entre sexos, cada día, todos os días...


(Imaxe vista na bitácora de Aníbal de la Torre)


Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 09-03-2008 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 20
Non é artista de circo,

nin bicho de gran beleza,

pero sabe camiñar

cos pés na cabeza.



Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto


Comentarios (4) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 08-03-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
EU QUERO SER MARIÑEIRO

EU QUERO SER MARIÑEIRO

Eu quero ser mariñeiro,
no meu barco navegar,
ir deixando no camiño
ronseles de escuma
que cortan o mar.

Eu quero ser mariñeiro,
á lúa segredos contar,
pintar de azul os meus soños,
de azul e verde
como o mar.

Eu quero ser mariñeiro,
cos peixes xogar e cantar,
vivir buscando sereas
agochadas nos corais.

Eu quero ser mariñeiro,
lixeiro nas ondas brincar,
chegar ata o horizonte
co meu perfume de sal.


Poema que están traballando @s alumn@s de 3º de EP na clase de Educación Artística
Comentarios (1) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 08-03-2008 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 19
Teño catro pés redondiños

e non son ningún animal;

brílanme os ollos de noite

e sen beber non podo andar.




Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (3) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 08-03-2008 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
8 de Marzo: DÍA DA MULLER

¿Ata cando?

Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.

Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.

Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.

Botan a mañá traballando nas leiras.

Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.

Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.

Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.

Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.

Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.

¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)


A Muller Galega de principios do Século XX



Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.


Comentarios (3) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 08-03-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
10 Mulleres de Cine no Século XXI
Ó cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que botar mán do cine.

Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan ao mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Botaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e ó mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso é o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo coa inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos á ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron é preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En calquera caso , a consigna é vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a unha profunda e última reflexión.

Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.




Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 05-03-2008 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
POLA IGUALDADE: 8 de MARZO, Día da Muller Traballadora

MARUJA MALLO
Maruja Mallo é a máis recoñecida das artistas galegas do século XX.
Nace en Viveiro no ano 1902 e trasládase a Madrid coa súa familia no ano 1922. Alí estuda Belas Artes e empeza a relacionarse cos poetas e artistas da época (algúns deles conformarán a Xeración do 27). Coñece e establece amizade con Lorca, Dalí, Buñuel e, especialmente, con Rafael Alberti. Pronto se fai patente a súa personalidade artística, froito dos seus avatares persoais e das relacións que mantén cos intelectuais daquel momento.
Co estalido da Guerra Civil e polas súas ideas republicanas, en 1937 exíliase en Bos Aires onde é recibida como unha artista de renome e a súa obra é cada vez máis valorada.
En 1960 regresa a España pero o seu recoñecemento total chega despois da morte de Franco. En 1982 recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes e en 1993 o Centro Galego de Arte Contemporánea adícalle unha exposición antolóxica.
Morre en Madrid o 6 de febreiro de 1995, na residencia de anciáns Menéndez Pidal.




Para saber máis:
Biografía en Cultura galega feita pola catedrática de historia da arte contemporánea Mª Luisa Sobrino
Biografía en Wikipedia
En Ciudad de Mujeres
Entrevisa a J.L. Ferris autor da última monografía editada sobre M. Mallo
Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 04-03-2008 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats