O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

A SEREÍÑA (Lembrando a H. C. Andersen)

Sabías que A SEREÍÑA se covertiu nun símbolo para a cidade de Copenhague, capital de Dinamarca? Todo o mundo coñece a pequena estatua da sereíña situada en Langelinie, na entrada do porto de Copenhague. O escultor foi Edvard Eriksen.





Video da Sereíña (imaxes da película de Disney) coa cancion de Michael Jackson (Remenber of Time)




Vídeo Musical do clásico Disney La Sirenita



O CONTO NUNHA VERSIÓN DISTINTA Á QUE TI COÑECES (PARTE 1)




PARTE 2




PARTE 3




SE QUERES PODES VER AQUÍ PARTE DA VERSIÓN DE DISNEY:




Ariel é unha serea soñadora que cre que vivir fóra da auga é o mellor que lle podería pasar na vida. Un día de tormenta salva a un príncipe (Eric) dun barco que naufraga e cae namorada del, pero cando o seu pai (o rei Tritón) descobre os soños da súa filla e o seu agocho secreto no que garda todos os pequenos tesouros que foi atopando dos humanos, este, furioso, arrasa con todo.

Ariel decide ir facer un pacto con Úrsula, a bruxa do mar. Grazas a ela, convértese en ser humano e reencóntrase co príncipe, ao que está a piques de conquistar, pero intervén Úrsula para evitalo e Ariel volve converterse en serea e escrava da bruxa do mar.

Con todo, o seu pai decide facer un cambio de prisioneiro e ponse a disposición de Úrsula a cambio da liberdade da súa filla. Ariel, coa axuda dos seus amigos Sebastián, Flounder e o príncipe Eric, logra derrotar á bruxa e destruíla, revertendo os feitizos de Úrsula e liberando a Tritón. Unha vez que Tritón sabe do amor entre Ariel e Eric, decide convertela en ser humano, para posteriormente celebrarse a voda entre os dous namorados.


ALgunhas diferenzas co conto orixinal: Na película realízanse múltiples cambios á historia orixinal, como o feito de que nesta última a bruxa do mar ten un papel moi secundario, ademais de que a sereíña non logra o amor do príncipe e prefire morrer que facerlle dano, pero en lugar de converterse en espuma do mar, como o facían as sereas ao morrer, transfórmase nunha fada do vento, e consegue a felicidade dun xeito moi distinto á que desexase.


Para saber moitas máis cousas sobre Andersen e os seus contos podes visitar esta PÁXINA

¿Queres saber que contos de Andersen temos na nosa Biblioteca? Preme AQUÍ

Comentarios (1) - Sección: Día do Libro Infantil e Xuvenil - Publicado o 31-03-2008 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
O XASTRE VALENTE (Lembrando a H. C. Andersen)
Aquí tendes outro conto de Hans Christian Andersen, protagonizado por Mickey Mouse.

O XASTRE VALENTE



¿Queres saber que contos de Andersen temos na nosa Biblioteca? Preme AQUÍ


Comentarios (1) - Sección: Día do Libro Infantil e Xuvenil - Publicado o 30-03-2008 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 27
¿Que cousa cousiña é

que pasou o río

sen mollar o pé?



Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (37) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 30-03-2008 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O 2 de abril de cada ano celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Escolleuse esta data como homenaxe a Hans Christian Andersen, xa que é o día do seu nacemento.
Poucas persoas existen que non teñan lido ou escoitado algún dos contos saídos do maxín deste grande escritor.
Naceu nunha familia moi pobre, en Dinamarca. Cando morreu o seu pai deixou a escola pero foi un lector empedernido que lía canto caía nas súas mans. Tamén foi un viaxeiro incansable e afirmaba que "viaxar é vivir".
Escribiu moitas obras pero pronto se fixo famoso polos seus CONTOS. Entre os máis coñecidos atópanse O parrulo feo, O traxe novo do emperador, A raíña das neves, As zapatillas vermellas, O soldadiño de chumbo, O reiseñor, O xastre valente e A sereíña. Foron traducidos a máis de 80 idiomas e adaptados a obras de teatro, ballets, películas, debuxos animados, xogos en CD e obras de escultura e pintura.

No seguinte vídeo, o propio H. C. Andersen cóntanos a súa vida:


(Visto en Biblio Cóntame )


E aquí tés unha animación sobre o conto "O parrulo feo":



¿Queres saber que contos de Andersen temos na nosa Biblioteca? Preme AQUÍ

Comentarios (4) - Sección: Día do Libro Infantil e Xuvenil - Publicado o 30-03-2008 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRO XEITO DE FOMENTAR A LECTURA
Pode que un bo xeito de fomentar a lectura entre os máis nov@s sexa cambiar o perfil do bibliotecari@, aínda que o do exemplo resulte un pouco... radical.

Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 30-03-2008 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOBLOGUES

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 30-03-2008 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
O MUNDO EN VERSO (WEBQUEST)

Unha moi interesante webquest para o terceiro ciclo de Primaria. Traballa a creación poética conducindo aos participantes pola poesía de autores como F.G. Lorca, A. Machado, R. Alberti,
G. Fuertes e Miguel Hernández.

Para acceder á WEBQUEST pica na imaxe


Outra WEBQUEST:

"LEVÁMOSTE ONDE TI QUEIRAS", para o Primeiro ciclo de Primaria. Traballa os medios de transporte e resulta moi motivador e orixinal o seu plantexamento. (En castelán)


Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 27-03-2008 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 26

Debaixo da ponte
hai moitas damas
de verde vestidas
que brincan e saltan.



Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto



Comentarios (5) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 27-03-2008 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA DA POESÍA
Moitas grazas a Marieke, que nos deixou este fermoso agasallo no noso blogue (Ti tamén contas) a xeito de contribución á celebración do Día Mundial da Poesía. Certamente a PALABRA, na súa manifestación máis sublime, a POESÍA, é capaz de chegar ao corazón de todas as persoas que cren que na palabra está a auténtica forza.
Disfrutádea:


A Casa da Poesia.
A poesia tem uma casa
onde escreve à luz das velas
e que nunca há-de ter tecto
para poder ver as estrelas.
Não é voto de pobreza
este seu modo de ser,
é apenas a maneira
mais perfeita e certeira
de nunca se perder
nos estranhos labirintos
da aventura de escrever.

J. J.Letria





Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 26-03-2008 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 25

Polos penedos arriba,

verde esmeralda,

rabo rabelo,

pata estirada,

corre que corre,

mociña calada.



Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (3) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 25-03-2008 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats