O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENTROIDO 2019: CHEGA O ENTROIDO AO MESTRES GOLDAR!!! AS ORDES DO MECO
Xa está chegando o entroido ao Mestres Goldar!!! O alumnado estase preparando para celebrar un ENTROIDO moi PINTOResco!!!
O ENDL do centro, xunto co equipo da biblioteca, preparou unha morea de actividades moi interesantes e divertidas arredor da festa do ENTROIDO. Para facer boca, un calendario "conta atrás" que contén moitas sorpresas que os nenos e nenas irán descubrindo cada día ata que cheguemos ao 1º DÍA GRANDE, o domingo de entroido. Cada día sinalado imos con moita curiosidade para saber que atoparemos dentro do sobre. Nas aulas preparáronse os bonecos para o xoves de compadres e o xoves de comadres. Os corredores do centro están decorados con carteis de festas e celebracións en moitos lugares de Galicia. Tamén temos dous personaxes moi curiosos ataviados con disfraces típicos do entroido galego. E, por suposto, xa se instalou o meco na porta da biblioteca coas ordes que haberá que obeceder ao longo da próxima semana. Xa estades vendo: todo listo para a festa rachada do próximo venres!!! Agora, a preparar os vosos disfraces e a pasalo ben!!!

Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 23-02-2019 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDANDO A ROSALÍA
O 24 de febreiro será o aniversario de Rosalía de Castro, polo que esta data será celebrada nas institucións e centros educativos de toda Galicia para reivindicar a súa figura como "referente necesario" na búsqueda de identidade para a lingua e a cultura galegas. No noso cole deseñáronse varias actividades arredor da figura desta escritora imprescindible e o alumnado xa está traballando coa súa biografía e coa súa obra. O 22 de febreiro mostrarase o resultado destes traballos nos corredores do centro. Aí vai un anticipo:
Comentarios (0) - Sección: Rosalía de Castro. Recursos - Publicado o 17-02-2019 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2019: XOVES DE COMPADRES E XOVES DE COMADRES
Este ano levaremos a cabo no cole unha das tradicións do longo ciclo do entroido galego: o XOVES DE COMPADRES e o XOVES DE COMADRES. Para iso teremos que elaborar uns bonecos moi sinxelos que serán os protagonistas desta divertida actividade. Utilizaremos papel de xornal, papel de seda e la para o pelo. Deberemos procurar que os nosos bonecos sexan resistentes para que sobrevivan á "loita". Podes probar a facer un na casa. Será moi divertido!!!
Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 17-02-2019 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ 18/19
Para conmemorar o Día da Paz, o noso Mik preparounos unhas actividades. Por unha banda, un libro no que deixar a nosa pegada, emulando as das pinturas rupestres. Por outra banda, un quebracabezas xigante dunha pintura relacionada coa paz, co obxectivo de descubrir a obra de arte e o seu autor ou autora.
Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 16-02-2019 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats