O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PRÓXIMO ENCONTRO CO ILUSTRADOR VÍCTOR RIVAS
O próximo 5 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibirá na nosa biblioteca ao ilustrador da obra Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, coa que acadou o premio Merlín de Literatura Infantil 2014, convocado pola editorial Xerais. Nesta ocasión será Víctor Rivas, ilustrador do libro, o que nos desvelará os segredos deste relato que encandilou aos nenos e nenas, xa que, arredor do noso PDI, interésannos moito os aspectos relacionados coas cores, as luces, as sombras..., nunha palabra, a linguaxe das imaxes como contadoras de historias. Agardamos un encontro moi proveitoso.
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 28-02-2015 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
CUARTO ENTRENA COAS ENCICLOPEDIAS
O alumnado de cuarto de EP traballa na biblioteca a FU, preparándose para enfrontar con eficiencia as investigacións que require o noso proxecto documental sobre a LUZ. Desta vez reforzan o uso correcto das enciclopedias. Aquí os tendes en plena faena:
Máis fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 27-02-2015 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA: TRABALLOS DO ALUMNADO
Xa vos podemos mostrar o resultado do traballo arredor de Rosalía de Castro, que consistía en decorar un marcapáxinas que contiña unha poesía da autora. Quedaron preciosos!
PODEDES VER O RESTO DOS TRABALLOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 27-02-2015 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON ANA ALONSO
Hoxe recibimos na nosa biblioteca a Ana Alonso, autora dos libros que estiveron lendo os nenos e nenas de terceiro e cuarto de Primaria (As sete caras do señor Grunt e Misión Terra 5). Ana falounos da súa paixón pola lectura e pola escritura desde que era moi cativa e da súa ilusión por convertirse escritora. Contounos como imaxinaba as historias, os personaxes, as aventuras..., como colaboraba co seu marido para facer algunhas novelas e como gozaba coa súa profesión. Tamén nos explicou detalles sobre o argumento dos libros que traballamos e gustáronlles moito os murais que preparamos para ela. O encontro resultou moi agradable e, despois de contestar todas as preguntas que lle plantexamos, firmou os nosos exemplares. MOITAS GRAZAS, ANA, POLA TÚA VISITA!! AGARDAMOS QUE VOLVAS AXIÑA!!
PODES VER MOITAS MÁIS FOTOS AQUÍTamén tendes unha preciosa presentación elaborada pola profe Laura e a aula dos Rebeldes (3º de EP):
Se queredes, podedes descargar a presentación AQUÍ
Comentarios (4) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 24-02-2015 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA SEMPRE

Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 23-02-2015 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
LA LECCIÓN DE AUGUST
Entre as novidades adquiridas pola biblioteca a principios deste curso escolléronse tres exemplares de "La lección de August", da autora R. J. Palacio, influídos, quizais, polo gran éxito de lectores, xa que inundaba os escaparates das librarías e polas boas críticas que tiñamos lido. E así chegou aos nosos estantes, ou mellor dito, non logramos situalos nos estantes correspondentes porque a rapazada nolos quitaba das mans incluso antes de telos catalogados. Por aí veu a necesidade de ler esta novela e ter a nosa propia opinión sobre ela. Pois ben, non defraudou!. Os puntos fortes: un sentido do humor rebosante de autenticidade, varios narradores, coas súas voces e puntos de vista, a autora explora a natureza da amizade, a tenacidade, o medo e a percepción dun mesmo e dos outros.
Como dicía, A lección de August, é dese tipo de libros que vén precedido, ademáis das opinións en revistas e catálogos, das recomendacións do boca a boca, polo que che crea un montón de expectativas..... E, o mellor, despois cúmpreas. É realista, tenro sen caer no ridículo ou sensible e que che mostra o crueis que podemos ser sen propoñérnolo.
August é un cativo de 10 anos cunha rara enfermidade xenética que o converte fisicamente nun monstro, sábese diferente por como os demais reaccionan ante el, pero el quere sentirse normal, só iso, ser normal. Contado simultáneamente por August e as persoas próximas a el, móstrasenos os distintos puntos de vista das persoas que o rodean e que a pesar de querelo non conseguen aceptar a súa deformidade. A súa irmá, que o adora, reséntese de toda unha vida en segundo plano na súa familia. Os seus novos compañeiros, que tendo dificultades para aceptalo, tratan de integrar e entender...mesmo os que o rexeitan e son deliberadamente crueis. Unha novela de doada lectura, conta cun sentido do humor que o afasta do drama sen quitarlle un ápice de sensibilidade, amor á vida e ás alegrías e desventuras desta.
Unha obra profunda, fermosa, que deixa un bo sabor de boca. Ideal para todas as idades e todo tipo de público.


 Podes ver outra reseña do libro en El templo de las mil puertas e outra en Esbozos de tintaEntrevista á escritora
Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 21-02-2015 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
PREME AQUÍ PARA ACCEDER A MÁIS MARCAPÁXINAS
Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 21-02-2015 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
ANA ALONSO
O próximo 24 de febreiro comezaremos a rolda de visitas de escritores/as e ilustrador@s relacionados coas lecturas obrigatorias deste curso. A primeira que pasará pola nosa biblioteca será Ana Alonso, autora da colección "Pizca de sal" da Editorial Anaya, á que pertencen os libros que leu o alumnado de terceiro (As sete caras do señor Grunt) e cuarto (Misión Tierra 5). Xa estamos desexando que nos conte moitas cousas dos seus libros e da súa paixón por escribir historias. Xa temos as nosas sorpresas preparadas para ela. Esperamos que lle gusten!!
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 19-02-2015 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
DESLUMBRADOS!! ENTROIDO 2015
"Deslumbrados" foi o título do espectáculo do entroido deste ano, e deslumbrados quedamos tod@s co bo facer e a "profesionalidade" do noso alumnado, desde os máis cativos ata os maiores. Como sempre, as familias acudiron á cita para gozar duns momentos agradables e moi entretidos. Os disfraces resultaron moi coloridos e orixinais e actores e actrices ofrecéronnos unha actuación digna dos óscar de Hollywood. Tal e como suxire o título, a obra xirou arredor do noso PDI sobre a luz. Así, tivemos uns piratas ladróns e uns electricistas chapuzas que provocaron unha enorme desfeita coa electricidade, polo que houbo que pedir axuda a romanos e superheroes. Menos mal que todo quedou arranxado grazas a uns ecolóxicos paneis solares.
Pero bueno, imos pouco a pouco:
Os nenos e nenas de segundo abriron a representación co "tren do entroido":


Despois chegaron uns terribles piratas que roubaron enchufes e cables:
Os donos da casa tiñan moito traballo e chamaron a unha limpiadora:

Pero tivo que pedir axuda a unha empresa de limpeza:
Foise a LUZ!!! Hai que chamar aos electricistas!!
Isto está moi complicado. É cousa de romanos!!!:
Ai, ai ai!! Un estourido!! Vaia chapuza!! Xa só quedan esqueletos e fantasmas!! Que desfeita!!
Hai que arranxar isto!! Chamen aos superheroes!!
Menos mal!! Xa temos solución: paneis solares!! Viva a enerxía limpa!!!
E así, recuperamos a luz e puidemos cantar e bailar e berramos ben alto: "QUE VIVA O ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!"
Por certo, tamén houbo por alí uns personaxes ben raros, sabedes quen son?

E se queres ver moitas máis fotos requetechulas, preme AQUÍTamén teremos os vídeos moi pronto. ESTADE ATENT@S!!
Comentarios (9) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 13-02-2015 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
DON BOMBILLÓN MANDA!!
Xa estou aquí outra vez!!! Como imaxinades, seguín investigando na aula do profe Toniño e... apareceu un "bombillón" que me dixo que xa tiña preparados os mandados da semana do entroido. Pero non pensedes que acaba aí a cousa. Pescudando, pescudando, tamén atopei a obra de teatro! Se queres lela preme AQUÍ.
Menuda cara vai poñer o profe con esta trasnada!!! Pero así vai a cousa no TEMPO DE ENTROIDO!!! 
Moitos bicos ratunos e moi, moi, trouleiros. 
MIK
Para ver os MANDADOS de DON BOMBILLÓN preme na imaxe de abaixo:
Comentarios (32) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 04-02-2015 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats