O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FELIZ ENCONTRO
Que ben o pasamos!! O luns estivemos con Alfredo Gómez Cerdá, un dos escritores de literatura infantil e xuvenil máis recoñecidos, cunha extensa obra que xa ten acadado os premios máis importantes do noso país.
Despois do recreo, tivemos a ocasión de compartir con el as nosas impresións sobre a lectura de tres dos seus libros: El tren saltamontes, Timo rompebombillas e Apareció en mi ventana. Conversamos sobre os personaxes, fixemos preguntas, falounos de cales foron os motivos que o levaron a escribir estes libros e cales foron as súas fontes de inspiración, contounos algunhas anécdotas e gozamos dunha historia preciosa sobre un ratiño de biblioteca que se parecía moito ao noso MIK. Con todo iso quedáronnos moitas ganas de seguir lendo os seus libros e de que volva visitarnos moi pronto. GRAZAS, ALFREDO

Podes ver máis fotos neste ALBUM
Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 28-02-2012 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
GÓMEZ CERDÁ
O próximo luns, 27 de febreiro, o alumnado do 1º e do 2º ciclo de Primaria recibirán a visita do escritor Alfredo Gómez Cerdá, co que poderán comentar os libros que estiveron lendo e traballando este trimestre: El tren saltamontes, Apareció en mi ventana e Timo Rompebombillas. Seguro que será un encontro moi interesante! Xa vos contaremos!




Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 23-02-2012 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
PARECE UNHA ROSA
Espiral Maior é o selo galego por excelencia no eido da poesía, cun amplo catálogo con autores de todas as xeracións. Na súa colección poética Lúa Lueira, destinada aos máis cativos, editou o libro Parece unha rosa, de Rosalía de Castro, ilustrado por Isabel Pintado. Este é o poema que lerán, memorizarán, ilustrarán e recitarán os nenos e nenas do 2º de EP do noso cole, en homenaxe á súa autora no aniversario do seu nacemento.Se queres gozar desta fermosa poesía, pide o libro na biblioteca.


Comentarios (2) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 23-02-2012 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
DICEN QUE NO HABLAN LAS PLANTAS
DICEN QUE NO HABLAN LAS PLANTAS
Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros,
ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros,
lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso,
de mí murmuran y exclaman:
—Ahí va la loca soñando
con la eterna primavera de la vida y de los campos,
y ya bien pronto, bien pronto, tendrá los cabellos canos,
y ve temblando, aterida, que cubre la escarcha el prado.
—Hay canas en mi cabeza, hay en los prados escarcha,
mas yo prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,
con la eterna primavera de la vida que se apaga
y la perenne frescura de los campos y las almas,
aunque los unos se agostan y aunque las otras se abrasan.

Astros y fuentes y flores, no murmuréis de mis sueños,
sin ellos, ¿cómo admiraros ni cómo vivir sin ellos?

Rosalía de Castro. En las orillas del Sar
Comentarios (1) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 22-02-2012 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DE ROSALÍA
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2012, a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta. Nesta ocasión cúmprense 175 anos e á programación de actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA, súmase nesta ocasión a fermosa proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega): que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración. (Vía BEGA)
Comentarios (1) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 22-02-2012 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO 2012
Que ben o pasei o venres no entroido! Os nenos e nenas do Mestres Goldar son uns auténticos artistas e convenceron a todo o público de que os xogos olímpicos se inventaron en Castrelos. A continuación preséntovos ás estrelas do espectáculo (premendo na imaxe podes vela máis grande):
Este é Patatesa (Rubén, 4º EP):
Aquí tendes a Casimiro (Alejandro Barros, 5º EP):
As "xuízas" olímpicas (Claudia, Jimena e Lucía, 5º EP):
As narradoras (Natalia e Sandra, 6º EP):
A súa maxestade Isabel II e os seus gardacostas (Claudia, Rubén e Pablo, 6º EP):

A garda real (Infantil, 5 anos):

As mascotas olímpicas (profesorado):
Unha señora inglesa (Candela Castrillo, 2º EP):
Os ciclistas (Infantil 3 e 4 anos):

Baloncestistas (1º EP):

Marchadores (5º EP):

Ximnasia rítmica (3º EP):

Tenistas (4º EP):

Animadoras (ANPA):

Remeiros (2º EP):

Xinetes (6º):

E, por suposto, o noso mestre de cerimonia (profe Toniño):


Se vos sabe a pouco podedes ver moitas máis fotos neste ÁLBUM; no Curruncho do segundo ciclo tamén teñen unha bonita reportaxe; en Mi aula están moi guap@s os nenos e nenas de 2º de EP; e na páxina web do cole tamén atoparedes imaxes da festa.

Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 18-02-2012 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO PARA UN ENTROIDO OLÍMPICO: Tropece quen tropece...
Estou abraiado!! Resulta que hoxe atopei un libriño que conta como naceron os xogos olímpicos, pero o máis raro é que di que os seus inventores son... de CASTRELOS!!!
Que non o credes?? Pois aquí volo deixo para que vós mesmos o leades. E xa me contaredes o que pensades desta historia tan incrible...






Comentarios (5) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 13-02-2012 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
MECOFACHO MANDÓN!
Xa sei quen é aquel personaxe tan raro que atopei nun recuncho: o MECOFACHO!!! Contáronmo os nenos e nenas da aula de tres anos, que andaron investigando polo cole ata que o descubriron:


Ata que por fin...


Así que xa sabedes, hai que obedecer as ordes deste mecofacho de malas pulgas. Preme na imaxe de abaixo para ler na páxina do cole o que ten argallado para toda a semana:




Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 12-02-2012 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
NON LLO CONTEDES A NINGUÉN!
Vou contarvos un segredo: hoxe, cando ía paseando polo cole, atopei algo moi chulo nun recuncho. Alí, escondidiño, estaba isto:


Sabedes o que é? (SShhhhh..., non llo digades a ninguén!!)
Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 09-02-2012 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS CON AMOR
Lecturas con amor na exposición que temos na nosa biblioteca. Achégate e seguro que atoparás algún libro que che toque o corazón:

Máis amores olímpicos no catálogo da nosa biblio premendo na imaxe de abaixo:


E se premes na imaxe de MIK atoparás unha morea de lecturas con moito SENTIMENTO:


Comentarios (2) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 07-02-2012 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats