O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

XA VEN O ENTROIDO. RECURSOS
Seguro que andades moi atarefados preparando os vosos disfraces para participar no festival do cole ou nas festas e desfiles da vosa localidade, para disfrutar neses días de troula que xa están a piques de chegar.
Pero..., que sabedes sobre o ENTROIDO? Se queredes poñer a proba os vosos coñecementos sobre esta tradicional celebración empezade por este cuestionario:



Igual xa eres un expert@ en entroidos pero aínda podes aprender máis con estas actividades que atopamos na Casa de tolos:



E se queres imitar a Mik Holmes proba con esta caza do tesouro, ninguén saberá máis ca ti!!


E para rematar, se es un trouleiro/a de primeira, aquí tes unhas páxinas onde atoparás de todo: información, xogos, manualidades, imaxes...




Comentarios (0) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 27-02-2011 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA PRENSA: XA CHEGOU MIK HOLMES
MIK HOLMESTal e como nos prometeu a última vez, Mik Holmes regresa para poñer a proba de novo as nosas dotes detectivescas. Cando chegamos ás clases atopamos a mensaxe de Mik solicitando a nosa axuda urxente. E todo porque o seu amigo Xerónimo Stilton lle contou moitísimas cousas interesantes do seu oficio. E, claro, xa sabemos o curioso que é o noso ratiño. Así que, aproveitando que pronto será a semana da prensa, todos os nenos e nenas do cole están dispostos a investigar para completar os cadernos de pescudas que nos deixou Mik:





AQUÍ tes toda a información sobre a actividade. Tamén podes acceder a ela en calquera momento a través da ligazón do panel lateral "Investiga con Mik", onde atoparás todas as propostas de MIK:



Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 25-02-2011 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
AS AVOAS TAMÉN CONTAN
Contan moito e moi ben!!
Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos estiveron encantados de escoitar os contos da avoa de Lía, atentísimos ás palabras que lles regalaba esta "fada" que, como todas as fadas, fan uns agasallos marabillosos. Durante a súa visita encheu o aire de historias fermosas que os cativos recollían entusiasmados. E, como era de esperar, houbo "lecturas con corazón": Adivina cuánto te quiero de Sam McBratney, un libro que fala sobre como expresar o moito que queremos a alguén, a pesar de que o amor é imposible medilo.
QUE SORTE TEMOS CON ESTAS AVOAS!! MOITAS GRAZAS POR TRAERNOS ESTES CONTOS TAN BONITOS!!


VER TODAS AS FOTOS
Comentarios (3) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 23-02-2011 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE RICARDO ALCÁNTARA
Tomé e o lapis máxico
Hoxe o alumnado de 1º e 3º de Primaria tivo a oportunidade de compartir uns momentos moi agradables co escritor Ricardo Alcántara. A charla cos nenos e nenas foi moi amena e distendida e todos eles superaron as probas ás que o autor os ía sometendo para comprobar se serían bos escritores e ilustradores. Tamén nos falou da súa traxectoria, contestou ás preguntas que xurdiron da lectura dos seus libros e, por suposto, firmou amablemente os exemplares de tod@s.

Moitas grazas, Ricardo, por compartir con nós estes momentos.



VER TODAS AS FOTOS

Comentarios (18) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-02-2011 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
E NOVAMENTE O AMOR: CUANDO ME SIENTO QUERIDO...
MORONEY, TRACE, Cuando me siento querido   Editorial Ediciones SM
Os peques do cole siguen traballando as "lecturas con corazón" nas sesións semanais da biblioteca. Esta vez leron un conto precioso titulado "Cuando me siento querido", que serviu para falar de sentimentos, de cariño, das persoas e cousas que nos inspiran amor. Para rematar, a profe Rocío tiña unha sorpresa para tod@s: Mik deixara para eles unha caixiña moi bonita cuns agasallos moi, moi especiais...

(pasa o cursor pola foto para ver os detalles)



Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 21-02-2011 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMA VISITA DE RICARDO ALCÁNTARA
O próximo día 22 de febreiro, o alumnado de 1º e de 3º de EP recibirá na nosa biblioteca a visita do escritor Ricardo Alcántara Sgarbi. Neste encontro terán a ocasión de falar sobre os libros que estiveron lendo na aula, Tomé e o lapis máxico e La casa de los miedos, e que servirán de escusa para plantexar as súas inquedanzas e curiosidades sobre o oficio de escribir e o proceso creativo, e poderán expresar todas aquelas preguntas que xurdiron como froito da lectura.


Ricardo Alcántara
Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 20-02-2011 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRA DE AMOR: O SAPO ENCANTADO
O alumnado do 1º ciclo asistiu entusiasmado ao espectáculo de títeres O sapo encantado, da compañía Tres globos, e disfrutaron moito coa historia do príncipe Croberto e a princesa Narcisa. Esta foi a aventura: Leticia Todo Noticia, informa sobre o terrible meigallo que sufre o Príncipe Croberto, convertido en sapo pola Meiga Maleira. Só voltará ter apariencia de príncipe se consigue que unha princesa lle dea un bico de amor. Os nenos e nenas tiñan a importante misión de conseguir que a princesa Narcisa lle dera un bico de amor ao príncipe Croberto, pero a cousa complicouse cando, en lugar de que o príncipe recuperara a súa forma humana, foi a princesa a que se convertiu en ra. Menos mal que ao final puideron desfacer o meigallo…

QUE BEN O PASAMOS!!




Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 19-02-2011 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA HISTORIA DE AMOR... ¡NA BIBLIOTECA!
O amor non ten fronteiras e tamén os personaxes dos contos se namoran e por amor deciden cambiar o seu destino. Vídeo sobre o poema de Liliana Cinetto, Amor en la biblioteca:



Se fas clic na imaxe de abaixo podes ler e descargar a poesía:


Comentarios (6) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 15-02-2011 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMA VISITA DE GONZALO MOURE
O próximo día 16 de febreiro, o alumnado de 3º de EP recibirá na nosa biblioteca a visita do escritor Gonzalo Moure Trenor. Neste encontro terán a ocasión de falar sobre o libro que estiveron lendo na aula, Cama e conto, e que servirá de escusa para plantexar as súas inquedanzas e curiosidades sobre o oficio de escribir e o proceso creativo, e poderán expresar todas aquelas preguntas que xurdiron como froito da lectura.


É Gonzalo Moure un escritor que adoita ter encontros cos rapaces e rapazas, que necesita estar en contacto cos seus lectores, dos que sempre aprende e onde atopa motivos e inspiración para seguir escribindo, tal e como el mesmo explica no seu blog: Soy un poco vampiro. Me gusta acudir a bibliotecas, centros culturales, colegios e institutos para dar, pero también para llevarme algo: vida. Necesito poner cara a los ojos que se supone que leen mis libros. Los encuentros con mis lectores son de dos direcciones: de mí para ellos, de ellos para mí...
Se premes na imaxe de abaixo poderás acceder á súa páxina persoal, onde atoparás moita información sobre a súa vida, os seus libros e premios, os seus pensamentos e opinións, novidades...


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 15-02-2011 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
A HERBA DE NAMORAR
En todas as culturas e tradicións sempre houbo ritos para namorar e que a persoa obxecto dos nosos desexos caia rendida nos nosos brazos. A auga, o lume, as flores e as herbas, forman parte da maxia que atrae o amor.

En Galicia, terra de meigas e feitizos, existe unha lenda que di que esta planta, recollida na noite de San Xoán, ten o poder de namorar á persoa máis esquiva. Para iso debe chegar dunha maneira discreta á persoa querida, escondida, por exemplo, nun peto da súa roupa. A partir dese momento a herba encargarase de namorala.
A herba de namorar ou namorareira (armeria splendens) atópase preto dos cantís e zonas costeiras batidas polo vento. É unha planta dura e resistente, pero os ecosistemas onde se atopa son extremadamente fráxiles, e por desgraza en moitos lugares estamos a facelas desaparecer. Esta planta ten unhas flores claras e miúdas, de pequenos e finos pétalos que se axitan, sen desprenderse dos seus talos, ao son dos fortes ventos. Hai quen di que o seu efecto é tan eficaz que non existe antídoto capaz de desfacer o amor que a súa axuda provoca.

Herba de namorar


Faltriqueira - A herba de namorar







Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 15-02-2011 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats