O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

GUSANITO
Os vermes tamén se enamoran. Iso é o nos di Uxía Comesaña, de 5º de EP, no seu poema "Gusanito". Trátase dun vermiño que non acaba de atopar o seu lugar no mundo pero aínda así "desperta enamorado"...


Preme no conto para ampliar

Comentarios (4) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 09-02-2008 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
LA ESTRELLA

Aquí tendes outra mostra dos estupend@s escritores que temos no cole. Nesta ocasión Uxía Davila, de 5º de EP, é a autora desta poesía chea de musicalidade que nos suxire a ledicia e a diversión pero... ¡Estreliña, non te aburras!!

Preme no conto para ampliar

Comentarios (6) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 07-02-2008 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
O AÑO PITAÑO... (X. M. Álvarez Blázquez)
Poema de X. M. Álvarez Blázquez recollido na obra "Roseira do teu mencer"




Vídeo de O MERLO POETA

Vídeo ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO
Comentarios (2) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 07-02-2008 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
OBXECTIVO: ¡ESCRIBIR!
O profesorado do Centro vimos observando que co nacemento deste blogue desvelouse no alumnado, e especialmente en 5º de EP, unha canteira de escritores e escritoras que "de motu propio" se lanzaron á aventura de idear as súas propias historias, facendo un alarde de imaxinación, creatividade e orixinalidade. Realizan titánicos esforzos por non poñer faltas de ortografía, preocúpanse por unha coidada presentación dos traballos e aceptan de bo grao as suxerencias de profes e compañeir@s para mellorar o resultado. Ben é certo que esperan con ilusión e impaciencia ver o seu traballo publicado neste Blogue e, sobre todo, os comentarios que provocan noutras persoas, pero cremos que se trata dun interese lexítimo, propio de calquera escritor/a, xa que tod@s eles escriben para que os lean.

Aínda non podemos facer valoracións definitivas pero pensamos que un dos obxectivos que pretendíamos dende a Biblioteca, fomentar a creación escrita utilizando o Blogue como elemento motivador, está a dar os primeiros froitos: xa temos imaxinativ@s narradores/as, brillantes ilustradores/as e inspirad@s poetas...
QUE MÁIS SE PODE PEDIR??


Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 07-02-2008 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
SUEÑOS DE COLORES
Vanesa García Rodríguez, de 5º de EP, escribiu esta preciosa poesía que fala de felices soños, dos soños felices aos que teñen dereito tódol@s nen@s do mundo.
Gracias, Vanesa, por poñerlle á vida a música e as cores da poesía...




Preme enriba do conto para ampliar
Comentarios (10) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 06-02-2008 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Unidade Didáctica: X. M. Álvarez Blázquez
A AELG (Asociación de escritores en Lingua Galega) facilítanos unha Unidade Didáctica sobre X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ elaborada por Mercedes Queixas. Esta U. D. recolle propostas de traballo para Educación Infantil e para os tres Ciclos da Educación Primaria. Nas últimas páxinas aparece unha escolma de textos para traballar na ESO e no Bacharelato.


Preme en "open publication" para abrir unha ventana nova co documento ampliado (podes agrandalo máis se, a continuación, premes no "zoom")




Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 06-02-2008 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
X. M. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: O merlo poeta
Poema pertencente á obra "Roseira do teu mencer" de X. M. Álvarez Blázquez, adicado á súa filla Colorín.





Vídeo de O AÑO PITAÑO

Vídeo ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO
Comentarios (1) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 04-02-2008 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 11


¿Que cousa cousiña é
que canto máis grande sexa
menos se ve?


Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto


Comentarios (19) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 03-02-2008 01:27
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats