O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ADIVIÑA 17
Chámanme rei
e non teño reino;
din que son loiro
e non teño pelo;

reloxos arreglo
sin ser reloxeiro.
¿Quen é o que sabe
que nome teño?



Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (3) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 27-02-2008 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
OLLOBRUSCO
Queremos agradecer a Gonzalo "Darabuc" o seu fermoso agasallo: "Ollobrusco", un álbum delicioso, tanto polo texto como pola ilustración (A. C. Quarello). Está cuidadosamente publicado por OQO, como é habitual nesta editora, e resulta un auténtico pracer a súa lectura. Hoxe xa o disfrutaron algúns grupos de alumnado e a tod@s lles encantou. Polo de agora preside a estantería de novidades e pronto pasará ao atril de "libros especiais".

Argumento:
Un ratiño, aburrido da vida que levaba e desexoso de ser feliz, sae percorrer mundo na compaña de Can e Elefante. Cando atopan a Ollobrusco, o rato terá que utilizar o seu inxenio para salvarse...

Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 26-02-2008 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
A VELLA DO CANDIL
Carmen Costas Ferreira, de 5º de EP, escribiu un poema precioso sobre unha misteriosa velliña que pasea polas noites á luz do seu candil...


(Preme no conto para ampliar)
Comentarios (12) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 25-02-2008 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
PARA ARTISTAS
¿Queres demostrar as túas dotes de artista? Anímate a facer os teus dibuxos nesta pizarra virtual. Podes escoller o tamaño do pincel, as cores e logo gardar a túa obra.


(Vía A nosa biblioteca)

Para ver e experimentar coas CORES
Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 23-02-2008 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA ACTIVIDADE AMOROSA
Os gañadores/as do concurso "Tarxeta de cariño e amizade", celebrado co motivo da festividade do San Valentín, foron os seguintes:
Claudia López (2º EP)
Alba Crispín (5º EP)
Gabriel Estévez (4º EP)

NORABOA!!
Comentarios (0) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 22-02-2008 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
CAMBIOS
Pouco a pouco a nosa Biblioteca é cada vez máis bonita e máis cómoda


Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 22-02-2008 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 16
Esta adiviña é un pouco máis difícil. Serás capaz de dar coa resposta?

Nacín na auga

e na auga me criei,

pero se me pos na auga,

na auga morrerei.


Non esquezas poñer o teu nome, apelido e curso no teu comentario coa resposta. Por cada adiviña que acertes obterás un mikopunto

Comentarios (6) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 21-02-2008 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
MIK RECOMENDA

MIK RECOMENDA: Gerónimo Stilton
Quen é Gerónimo Stilton? Son eu!! Son un tipo un pouco distraído, coa cabeza nas nubes...
Vivo en Ratonia (illa dos Ratos) e dirixo "O eco do roedor", o xornal de maior difusión do meu país. Pero a miña verdadeira paixón é escribir. Aquí en Ratonia todos os meus libros son moi famosos. Pero, ¿non os coñecedes? Son esas historias cómicas tan tenras como un queixo de bóla e tan entretidas como contar os buracos dunha loncha de "gruyer"... Son historias morrocotudas.




AQUÍ TÉS ALGÚNS TÍTULOS:


¿QUERES XOGAR CON XERÓNIMO STILTON? Preme AQUÍ


Comentarios (3) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 17-02-2008 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
WEBQUEST: Viajando por los océanos

Para os nosos traballos de investigación sobre o mar, unha nova webquest:

VIAJANDO POR LOS OCÉANOS (en castelán): para 2º e 3º Ciclo de E.P.

VIAJANDO POR LOS OCÉANOS
Comentarios (1) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 16-02-2008 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS: A árbore, El pez payaso, Dos pequeños amigos
Sergio Rodríguez Davila, de 5º de EP, adica un poema a unha árbore, co que fai unha homenaxe á natureza, á beleza e á vida.

Preme no conto para ampliar




EL PEZ PAYASO:
un bonito poema de Sheila Aldao de Cos Estrada
(Preme enriba do título do conto para ler)





DOS PEQUEÑOS AMIGOS:
Uxía Comesaña Bastero de 5º de EP cóntanos os problemas dunha cadeliña e dunha gata fachendosa que sempre están en liortas... (preme no título do conto para ler)




Comentarios (14) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 16-02-2008 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats