O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

BO NADAL!!
FELIZ 2015
Desde este recanto queremos desexar a toda a comunidade educativa un Nadal cheo de ledicia e que o ano 2015 nos traia novos e frutíferos proxectos e moitas e renovadas ilusións. BO NADAL A TOD@S!!
Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 21-12-2014 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL DE NADAL: HISTORIA DUN SOL NACENTE
Xa temos, recén saídas do forno, as imaxes do festival de inverno deste ano (vídeo e fotos). Como sempre, fixemos unha representación teatral, HISTORIA DUN SOL NACENTE, na que participou todo o alumnado do centro. Ao finalizar a obra, houbo sorteo de agasallos da ANPA. Pasámolo xenial e os nenos e nenas demostraron, unha vez máis, que son uns auténticos actores e actrices. Tamén temos que agradecer ao profe Toniño a creación e organización do evento, e ao profesorado a súa imprescindible colaboración. PARABÉNS a tod@s por tan magnífico traballo!!!!


E AQUÍ podedes ver unha morea de fotos moi chulas e simpáticas.

Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 19-12-2014 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
PRENDENDO ILUSIÓNS II
Pouco a pouco a nosa árbore das ilusións foise enchendo de bos desexos para tod@s. Todo o alumnado do centro participou nesta actividade, achegando as súas preciosas bombilliñas coas luminosas mensaxes que acordaron nas aulas. A entrada á biblioteca está preciosa e o noso amiguiño MIK está requetecontento!! MOITAS GRAZAS A TOD@S!!
OS PEQUES:

OS MAIORES:
AS MENSAXES:

ASÍ DE LUCIDA ESTABA HOXE A NOSA ÁRBORE:
PERO PODEDES VER MOITAS MÁIS FOTOS CHULAS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 17-12-2014 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
E. INFANTIL DÁ A CARA POLA IGUALDADE
Aquí están os nenos e nenas de E. INFANTIL cos seus preciosos cartaces coas mulleres que iluminan as súas vidas. E, por suposto, berraron ben alto que dan a cara por elas. Aquí os tendes. A gozar!!
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 17-12-2014 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
PRENDENDO ILUSIÓNS
Achégase o Nadal e xa anda o noso amiguiño MIK argallando novas e divertidas actividades. Desta vez, como é natural, pediunos axuda para decorar a nosa árbore de ilusións para que nos quedara moi luminosa e chea de bos desexos para compartir con todos os nenos e nenas do mundo. Como sempre, recibimos unha carta coas instrucións da tarefa de debiamos realizar. Tamén viña acompañada cunhas bombilliñas moi feitucas nas que tiñamos que escribir os nosos desexos.
E, claro, puxémonos mans á obra inmediatamente. Primeiro fixemos os grupos e redactamos os nosos desexos:
Despois decidiron cal ían colocar na súa bombilla e decoraron:

Por último, baixaron á biblioteca e colocaron as súas bombillas cos desexos:

Os máis rápidos foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto. Mañá continuarán coa decoración o resto dos grupos. Vai quedar unha árbore PRECIOSA!! Podes ver todas as fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 15-12-2014 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
ESTE NADAL, UNHA GALAXIA DE LECTURAS!!!

Xa temos, recén saidiñas do forno, as nosas propostas de lectura para este Nadal. Agardamos que sexan do voso agrado e que atopedes entre elas o agasallo perfecto para grandes e cativos. FELICES LECTURAS!!
PARA DESCARGALA PREME AQUÍ
GUIA_NADAL14_15
Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 13-12-2014 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
HORA DE LER SEN LUZ
Hoxe, na HORA DE LER, todo o alumnado do centro experimentou a sensación de levar a cabo unha actividade escolar sen luz eléctrica, tal e como lles ocorre a moitos nenos e nenas da súa idade que viven en zonas desfavorecidas do planeta. Primeiro, visionaron unha presentación sobre dereitos humanos para falar, despois, sobre o dereito á educación e a igualdade de oportunidades. Tamén levaron para as súas casas a encomenda de falar coas súas familias sobre as escolas sen luz e o programa Luces para aprender. A ver que nos contan mañá sobre as súas conversas familiares. Así se desenvolveu a actividade:
Primeiro escoitaron:

Despois falaron:

Por último, intentaron ler:



Mañá, sacaremos conclusións.
Comentarios (2) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 10-12-2014 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE
Como remate ás actividades arredor do 25 de novembro, na biblioteca do centro levouse a cabo o obradoiro "CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE", un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido a nenos e nenas de 2º, 4º e 6º de EP. A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. A charla resultou moi amena e proveitosa. O alumnado mostrou moito interese e involucrouse activamente en todas as propostas. Podedes ver a crónica da actividade do grupo de 2º de EP no seu blog de aula: O curruncho do primeiro ciclo

Podes ver todas as fotos da actividade AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 10-12-2014 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. O DEREITO Á EDUCACIÓN
Co gallo da celebración do Día dos DDHH, desde mañá ata o 30 de xaneiro (Día da Paz) traballaremos o dereito á educación ao fío do noso proxecto documental sobre a luz. Difundiremos e afondaremos sobre o programa "LUCES PARA APRENDER", promovido pola OEI, que consiste en dotar de luz eléctrica 60000 escolas de zonas desfavorecidas de varios países iberoamericanos. Como primeira actividade de toma de conciencia sobre a realidade de moitos nenos e nenas da idade dos nosos alumn@s, mañá estaremos 3 minutos da "hora de ler" sen luz, é dicir, coas luces apagadas e as persianas case pechadas. Queremos provocar o debate e levar a nivel de conciencia o afortunados que somos nas nosas escolas. Despois veremos un vídeo-testemuña dunha escola sen luz e outro de hai algúns anos do cantante Huecco, que xa empregamos no noso proxecto sobre XXOO. A partir destas primeiras "tomas de contacto" faremos unha serie de actividades de investigación sobre as escolas sen luz na actualidade, as súas necesidades e a súa realidade, en resumo, a diferencia de oportunidades por ter nacido nun determinado lugar.

Comentarios (5) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 09-12-2014 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
USAR CORRECTAMENTE AS IMAXES DE INTERNET
Seguramente, en moitas ocasións temos empregado imaxes atopadas en internet. Pero debemos ter presente que esas imaxes pertencen a outras persoas polo que debemos usalas eticamente. Para facilitar o labor temos o seguinte titorial facilitado pola biblioteca do Ceip Frián-Teis:
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 04-12-2014 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats