O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

PAN DE MILLO: NADAL 2013
Bueno, bueno... xa estaba tardando o vídeo do festival de Nadal que celebramos o venres, día 20. Como ides comprobar, resultou un espectáculo fantástico no que participou todo o alumnado do centro, algunhas mamás e tamén... avós e avoas!!! Os nenos e nenas volveron demostrar que son uns estupendos actores e actrices que nos fixeron aplaudir a rabear. Este ano, ao fío do noso Proxecto Documental de centro, a obra de teatro tratou sobre a alimentación cunha adaptación do libro-disco de Migallas "PAN DE MILLO". E, por suposto, non faltaron Papá Noel, o Apalpador e os seus "colegas" o Olentzero vasco e o Tio catalán. Velaí vai o vídeo. A DISFRUTAR!!!

Axiña teremos a segunda parte. Polo de agora ide facendo boca coas fotos (preme na imaxe):
https://picasaweb.google.com/103627355081983465459/NADAL_1314#

Aquí está o que faltaba!!

Tamén podes LER A OBRA DE TEATRO
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE QUIXERON ACOMPAÑARNOS NUNHA XORNADA TAN ESPECIAL. BO ANO A TOD@S!!!
Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 22-12-2013 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL!!!
Desde este recanto, o profesorado do centro quere desexar a toda a comunidade educativa e a tod@s os lectores deste blog, unhas felices festas e un novo ano cheo de ledicia, sorte e unha morea de felices lecturas. Aproveitamos os fermosos traballos do alumnado do centro para enviarvos unha garimosa aperta:

AH!!! E XA SABES QUE...
Comentarios (0) - Sección: Nadal - Publicado o 21-12-2013 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA NÚMERO 3
Xa estou aquí outra vez cunha nova adiviña!! A VER CANTO TARDADES EN ACERTALA!! AÍ VAI:

Fun á praza,
merquei as máis belas,
pero cheguei á casa
e chorei por elas.


Escribe nun comentario a resposta e non esquezas poñer o teu nome, apelido e o curso.


SORTE, AMIG@S!!!
Comentarios (14) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 20-12-2013 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
QUE RICO CHOCOLATE!!
Hoxe todo o alumnado do cole foi convidado pola ANPA do centro a un riquísimo chocolate con churros, como agasallo de Nadal e como actividade colectiva dentro do noso Proxecto Documental. Pouco antes do recreo xa sentimos o recendo que enchía os corredores. Deseguida tocou o timbre e poidemos degustar una exquisita merenda compartida. ESTABA BOÍSIMO!! Moitas grazas ás familias que fixeron posible este saboroso momento:

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (1) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 19-12-2013 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA NÚMERO 2
Xa estou aquí outra vez cunha nova adiviña!! Aínda que xa sei que sodes moi list@s, a ver se desta non a acertades tan pronto:

Arquiña pechada
que ten que comer
e no mundo enteiro
non hai carpinteiro
que a poida facer.


Escribe nun comentario a resposta e non esquezas poñer o teu nome, apelido e o curso.
SORTE, AMIG@S!!!
Comentarios (25) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 12-12-2013 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
MENÚ DE NADAL
Velaí van as nosas recomendacións lectoras para un saboroso menú de Nadal. Podedes ir botándolle o ollo para anotalas nas vosas cartas a Papá Noel ou aos Reis Magos. Seguro que atoparedes algún título que vos guste. Mirade amodiño e... A LER tamén en Nadal!!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/GU%C3%8DALECTURAnadal1314.pdf
Comentarios (2) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 10-12-2013 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
QUERIDO MADIBA
No día de onte, 6 de decembro, o mundo choraba o pasamento de Nelson Mandela, un home que foi un heroe pola súa HUMANIDADE, paradigma irrepetible de políticos, de reis, de negros, de brancos..., abandeirado da xustiza, da igualdade e do perdón. A súa bondade e o seu carisma foi capaz de acariñar as almas dos que sofren e abrandar os máis duros corazóns. Desde este recanto queremos rendirlle o noso homenaxe, desexando que o seu recordo permaneza por sempre no pensamento de todos os seres humanos. ATA SEMPRE, QUERIDO MADIBA!

A continuación transcribo o artigo de O lar de Frianciño, xa que reflicte perfectamente o noso sentir:
Achegándose o Día Internacional dos Dereitos do Home, non podemos senon reflexionar sobre esta figura senlleira que foi quen de reconducir a historia de Sudáfrica, conquerindo a reconciliación de dúas partes radicalmente enfrontadas: a minoría branca que ostentaba o poder económico e político, e a maioría negra carente de dereitos. Unha figura que, polo ben do seu país, foi quen de perdoar os máis de trinta inxustos anos pasados na cadea.


Nas datas en que os españois celebramos o Día da Constitución, o discurso de Mandela durante o xuízo que o condenou á cadea resulta providencial:

Teño loitado contra a dominación branca e teño loitado contra a dominación negra. Soñei cun ideal de sociedade democrática na cal todas as persoas vivan xuntas en harmonía e con igualdade de oportunidades. É un ideal que me fai querer vivir para conquerilo, pero, se é necesario, é un ideal polo que estou disposto a morrer.
Neste documental podemos coñecer a vida deste grande home:


Hai xa algún tempo, neste mesmo blog, conmovíanos Invictus, a película baseada en El factor humano, de John Carlin. Convidámosvos a ler o libro ou a visualizar a cinta, para coñecer mellor a este home bo por quen todo o planeta chora hoxe.

Grazas ós compañeiros da Biblioteca Escolar Salgado Torres por nos ter achegado a imaxe que encabeza este post, un grafitti tomado nas rúas de París.
Tamén a Rosana Rodiles, da Biblioteca Escolar Xoan Farias (C.E.I.P. de Pazos) que nos ten ofrecido a imaxe coa que concluímos.

Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 07-12-2013 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA NÚMERO 1
E aquí estou, rapaces!! Traiovos a adiviña que vos prometín:

Branco son como a neve;
moreno sen poñerme ao sol;
sácanme dunha cana
e dou ao mundo sabor.


Xa o sabes?! Pois escribe nun comentario a resposta e non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.
SORTE, AMIG@S!!!
Comentarios (21) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 04-12-2013 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
QUE ÉXITO!!
TODO UN ÉXITO!! Hoxe comezou o concurso de adiviñas cunha enorme participación do alumnado. Durante todo o recreo houbo "adiviñadores" e "adiviñadoras" que quixeron poñer a proba os seus miolos e conseguir os seus MIKOPUNTOS. Mañá haberá unha nova oportunidade aquí, no RECANTO. Estade moi atent@s e andade lixeiros para ser os primeiros en dar coa resposta. Por certo, a solución da adiviña de hoxe terédela mañá no corredor da biblioteca. Sorte a tod@s e moitos bicos ratunos!!

Comentarios (1) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 03-12-2013 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
A CAVILAR!!
Os AXUDANTES da biblioteca percorreron as aulas de primaria para comunicar a todo o alumnado o comezo do CONCURSO DE ADIVIÑAS. Trouxeron as cartas de MIK coas normas e modalidades de participación e solventaron as dúbidas que foron xurdindo. Pois xa sabedes, preparade as vosas neuronas e... a participar!! Andade lixeiros e gañade moitos MIKOPUNTOS!! Vémonos na biblio!!
Comentarios (2) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 02-12-2013 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats