O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

10 CONSELLOS PARA OS REIS MAGOS
Gracias a Montse soubemos que no boletín de Leer.es do 29/12/2010 atoparemos 10 consellos para seleccionar lecturas para regalar, que seguramente virán moi ben nestas datas aos Reis Magos:


Tamén podes acudir a webs especializadas onde nos ofrecen completas guías de lectura infantil e xuvenil. Propóñoche a visita ao blog Poesia Infantil i Juvenil, que aínda que é catalán elaborou unha interesante listaxe de títulos para todas as idades, moitos deles en castelán: Guía de Libros Infantiles y Juveniles para regalar en Navidad 2010

Aproveito para suxerirvos que dediquedes algún tempo a navegar pola páxina Leer.es, onde atoparedes moita información, consellos e artículos de moito interese para todas as familias preocupadas pola educación dos seus fillos e fillas e en especial polo fomento e creación do hábito lector. Para facilitar o acceso tendes unha ligazón permanente no panel lateral da esquerda:


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 30-12-2010 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
CREA A TÚA TARXETA DE NADAL
Nesta páxina (Pitiflú.es) podes crear online a túa propia felicitación de Nadal e despois gardala no teu PC en formato Pdf para usala como queiras: podes imprimila ou enviala por mail aos teus amigos ou familiares. Na túa tarxeta podes incluir unha mensaxe  e ademais tes moitos personaxes e obxectos cos que podes facer multitude de combinacións. Proba, xa verás que divertido.
Esta é a miña:


Comentarios (4) - Sección: Nadal - Publicado o 29-12-2010 03:57
# Ligazón permanente a este artigo
BO NADAL




Comentarios (7) - Sección: Nadal - Publicado o 25-12-2010 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
CALENDARIO: AQUÍ VIVIMOS

Para o 2011 o alumnado do noso centro preparou este precioso traballo colectivo que servirá para agasallar ás familias este Nadal. O tema central é "Castrelos, o noso barrio" polo que, para ilustrar os meses do ano, cada grupo de alumno/as aparece nun lugar significativo desta zona. Así xurdiu "AQUÍ VIVIMOS", o calendario do Ceip Mestres Goldar, que queremos compartir con vós e que vos convidamos a empregar. Como podedes comprobar, relaciónanse as datas máis sinaladas do ano ou as que teñen algún interese para a rapazada. Aquí volo deixo. Esperamos que vos guste.


Comentarios (5) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 22-12-2010 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL 2.0
Con este vídeo podemos imaxinar como sería a historia do Nadal nos nosos días, onde nin anxos, nin Reis Magos, nin Virxe María..., poderían resistirse ao uso das novas tecnoloxías (está en portugués pero enténdese moi ben).
Queremos aproveitar para, desde este Recanto, desexar ao noso alumnado, ás súas familias e a todos os amigos e amigas que nos visitades e apoiades, un Nadal moi feliz e un espléndido Aninovo.
boemptynadal



Comentarios (2) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 20-12-2010 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
O día 14 de decembro recibimos unha visita moi especial. O CARTEIRO REAL chegou ao cole coa importante misión de recoller "os pedidos" dos nenos e nenas, para entregárllelos axiña aos Reis Magos de Oriente. Foi unha visita do máis agradable e divertida coa que rimos moito, cantamos e mesmo ¡bailamos! Pasámolo xenial e agora xa só queda que as Súas Maxestades teñan a ben traernos todos os encargos.
¡¡¡GRAZAS, CARTEIRO, E ATA O PRÓXIMO ANO!!!

Como podedes comprobar, non só se divertiron os nenos e as nenas...

Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 18-12-2010 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
TAMÉN NO NADAL

Este Nadal será estupendo se, ademais de xogar, pasear e estar coa familia, aproveitades para coñecer novos amigos e amigas e gozar con eles de fantásticas historias e aventuras. Aquí vos deixo algunhas suxestións para que pidades aos Reis Magos ou a Papá Noel, pero tamén podedes visitar as bibliotecas públicas, onde vos aconsellarán sobre libros e lecturas axeitadas ás vosas idades e ás vosas preferencias. Xa sabedes, un bo libro é sempre un bo amigo. (Preme na imaxe da dereita)




Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 17-12-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
TERCEIRA QUENDA
¡E van tres! O caso é que cada día temos máis traballos expostos e eu non podo resistir a tentación de enseñárvolos porque son chulísimos. Xa veredes...

¿A QUE MOLAN?



Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 17-12-2010 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGANDO NA BIBLIO (CSI 1º de EP)
¡Que contento estou! Xa pronto vou saber moitas cousas sobre o Apalpador porque todos os nenos e nenas do cole andan a investigar para responder ás miñas preguntas e completar os cadernos de pescudas. Por iso eu xa teño preparados os Mikopuntos para agradecerlles tanto esforzo. ¿Queredes velos en acción? Pois mirade, mirade...
INVESTIGANDO NA BIBLIO (CSI 1º EP)

¿Son ou non son uns auténticos CSI?

Comentarios (4) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 14-12-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
¡OS QUE FALTABAN!
¡É fantástica tanta creatividade! Aquí están os traballos que faltaban e veredes que hai "apalpadores" do máis variado e orixinal: hainos con abrigo, con pantalóns, con bufanda, con paraugas, con traxe, con bolsos de todas as cores e materiais... ¡unha auténtica marabilla!
Novamente queremos darvos as gracias pola vosa colaboración. E agora disfrutade:


E se queres ver tranquilamente todos os traballos preme AQUÍ


Comentarios (6) - Sección: Nadal - Publicado o 13-12-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats