O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

A VOLTAS CO APALPADOR
RECUPERANDO E DIFUNDINDO AS NOSAS TRADICIÓNS

Este ano publicouse o conto titulado "Antón e o Apalpador", unha obra de Manuel Castro e Mar Ameixeiras ilustrada por Francisco Ameixeiras. Conta a historia de Antón, un neno da cidade que viaxa ao Courel para pasar as vacacións coa súa madriña. O conto incorpora tamén seis páxinas de xogos para que os lectores coñezan máis cousas sobre o Apalpador e sobre o seu contorno. Está publicado pola editorial Barafunda. Podes lelo aquí
Por outra banda Xoán G. recréao no libro "O Apalpador", onde se relata esta vella tradición de nadal e se reinterpreta
o personaxe, que difire bastante da primeira representación gráfica realizada polo artista Leandro Lamas.
A obra, que vén de ser publicada pola editorial Biblos, podes lela
AQUÍ


Artigo de La Voz de Galicia.es sobre a presentación do libro

O Apalpador xa percorreu as rúas de Santiago e de Esteiro (Ferrol) repartindo castañas aos cativos.

No Ceip Frian - Teis elaboraron unha Caza do tesouro para 1º de Primaria coa que se achegarán a este personaxe e ás nosas tradicións.
E aproveitando que xa temos cerca o Nadal podemos investigar sobre os costumes destas datas noutros lugares do mundo: TRADICIÓNS NAVIDEÑAS (o noso agradecemento aos compañeiros/as do Ceip Frian-Teis pola achega destas actividades)


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 09-12-2009 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
DEREITOS HUMANOS II. Paula Bronstein
Paula Bronstein: "A súa cara vai quedar marcada para sempre"


Paula Bronstein, fotoxornalista que leva máis de 15 anos traballando para varios xornais norteamericanos e que ten acadado innumerables premios, realiza fotografías que retratan a realidade de Afganistán, o país dos talibáns, desafiando o perigo que supón mostrar ao mundo situacións intolerables de total ausencia dos máis elementais dereitos humanos. A autora desta imaxe explica a sobrecolledora historia de Mohboba, a nena protagonista, e as circunstancias en que foi tomada a fotografía (foto comentada pola autora).


Fonte: quesabesde
Comentarios (2) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 09-12-2009 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS I. RECURSOS
O 10 de decembro, DÍA DOS DEREITOS HUMANOS, é unha data para a concienciación, un día especial que se leva ás aulas coa esperanza de que as xeracións que nos sucedan consigan o que ata o de agora parece un soño. Dende as bibliotecas escolares faise un esforzo para achegar ás nosas comunidades educativas recursos e materiais que faciliten o traballo e favorezan e inciten a reflexión.
Dende o Ceip de Andrade chéganos unha boísima webquest para traballar co alumnado do terceiro ciclo de Primaria e primeiro ciclo da ESO:




MÁIS RECURSOS recompilados da rede:


Por último, traballos colaborativos das bibliotecas escolares galegas que paga a pena lembrar:
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
O MUNDO DO CINE E OS DEREITOS HUMANOS
O MUNDO DAS LETRAS E OS DEREITOS HUMANOS
O MUNDO DA MÚSICA E OS DEREITOS HUMANOS

ACTUALIZACIÓN:
Dende a biblioteca do IES de Fene achégannos xenerosamente estes estupendos materiais:
Guía de Música e DDHH
Actividade sobre os Dereitos Humanos utilizando a prensa
Escolma poética



Comentarios (4) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 07-12-2009 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
¡PARABÉNS, ALBA!
¡NORABOA, ALBA!
Estamos moi contentos e orgullosos porque Alba Crispín Pazó, alumna deste centro ata hai só uns meses e agora alumna do IES Valadares, é unha das cinco galardoadas no Concurso Escolar de Dibujo sobre Derechos Humanos convocado polo Defensor do Pobo e a Fundación de Dereitos Humanos da Comunidade Valenciana.

Noticia no Faro de Vigo.es
Traballos gañadores


Comentarios (10) - Sección: Varios - Publicado o 05-12-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
ARTE NA AREA CONTRA A GUERRA
Kseniya Simonova é a gañadora da edición ucraniana de Got Talent. Na final, pintou en directo unha animación da invasión alemana de Ucrania, durante a Segunda Guerra Mundial. Empregando os seus dedos e unha superficie con area, foi quen de emocionar aos membros do xurado e, coa súa arte e sensibilidade, transmítenos a tod@s o horror e a desolación que acompañan a todas as guerras. Uns minutos marabillosos!


¡GRAZAS, CHARO!

Comentarios (1) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 05-12-2009 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats