O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

LO + 2008
Vía Escola de Ismaíl tiven coñecemento da publicación dun catálogo de lecturas propostas pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Son 40 dos títulos máis destacados que se publicaron durante o ano 2008. Transcribo a súa presentación:

Esta guía presenta corenta obras seleccionadas entre os títulos publicados para nen@s e moz@s ao longo de 2008, organizadas en cinco apartados, que reúnen unha variedade de xéneros, formatos e historias, adecuada para os gustos máis diversos. Álbums, novelas, poemarios, contos breves e cómics, xunto con outros materiais ideais para regalar. Unha selección pequena, como as cousas sinxelas e entrañables que gañan o noso aprecio, pero á vez grande, como o universo literario, cheo de planetas por descubrir a través da viaxe da lectura. Unha proposta especial, elaborada sen présas, con parte do + selecto que nos deixou o ano.



(Preme na imaxe para acceder á guía)


Comentarios (3) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 23-12-2008 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
MENSAXE DE AXUDA PARA OS REIS MAGOS E PARA PAPÁ NOEL
MENSAXE DE AXUDA PARA OS REIS MAGOS E PARA PAPÁ NOEL

Como sabedes, nestas datas os pobriños Reis Magos e mais Papá Noel vense mergullados nun bombardeo de publicidade, anuncios, consellos, suxestións... que moitas veces, en lugar de axudalos, créalles unha morea de dúbidas e incluso decisións desafortunadas ou pouco axeitadas ás súas pretensións de agradar aos cativos. Recoméndolles vivamente a lectura do artigo CONSELLOS PARA ELEXIR REGALOS NO NADAL no interesantísimo blogue do Departamento de Orientación do noso centro, onde se fan unhas atinadas recomendacións para ter en conta antes de mercar os agasallos para os nenos e nenas.

E a modo de resumo aquí lles deixo unhas pautas recollidas na guía de lecturas do Cra Antía Cal:
ORIENTACIÓNS PARA ESCOLLER OS MELLORES XOGUETES:
  • Un bo xoguete ten que permitir o xogo e desenvolver a imaxinación.

  • Os xoguetes deben ser variados porque cada xogo estimula funcións diferentes

  • Comprobade que o xoguete está recomendado para a idade dos nenos e das nenas aos que vai destinado, que lle axudará a manifestar a súa personalidade e que lle permitirá relacionarse.

  • O xoguete máis sofisticado non sempre é o que máis gustará; a miúdo os máis sinxelos acostuman ser os máis divertidos

  • Non vos deixedes embobar pola publicidade, probade os xoguetes antes de adquirirlos e lembrade que o xoguete máis custoso non é sempre o mellor.

  • Lede ben as etiquetas, as regras e as instrucións e seguide as recomendacións de seguridade

  • Os xoguetes son para nenos e nenas por igual: evitade as distincións sexistas ó repartir os xoguetes.

  • Rechazade tamén os xoguetes bélicos, que disparen obxectos pequenos ó aire ou que fagan ruidos estridentes.

  • Non lle traiades demasiados xoguetes a un só neno ou nena porque un exceso destrúe a fantasía e produce aburrimento

  • Os videoxogos non son xoguetes, son produtos de ocio interactivo; se os regalades estudiade con atención os contidos e a clasificación por idades


  • E lembrade… un LIBRO é sempre o mellor agasallo.



BO NADAL!!
Comentarios (7) - Sección: Dep. Orientación - Educación - Familias - Publicado o 20-12-2008 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
DESEXOS

Comentarios (6) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 18-12-2008 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
AVENTURA ARQUEOLÓXICA
MUSEO QUIÑONES DE LEÓN- VIGOO alumnado de 5º e 6º de EP fixeron unha saída ben interesante ao Centro de Divulgación Arqueolóxica Municipal (CEDAM), sito no Museo Quiñones de León, no parque de Castrelos.
E así nos relatan a súa experiencia:

Unha chuviosa mañá de novembro achegámonos camiñando ata o museo de Castrelos. E... a que non sabedes o que fomos facer alí? Pois de ARQUEÓLOG@S!!
Xosé Valtierra, Valti, o reponsable do CEDAM, tiña preparada unha sala como se fose unha escavación real. Tras unhas breves instrucións das que destacaríamos a importancia de non mover de lugar calquera achádego, puxémonos a escavar e... cantas cousas atopamos!! E todos eses materiais (obxectos de aseo, xoguetes, cerámica, ósos humanos, de animais...) foron revelando a forma de vida dos castrexos máis da época romana; incluso fixemos unha carreira de cuadrigas nunha maqueta dun circo romano e loita de gladiadores e gladiadoras.
Unha completísima lección de arqueoloxía que envexaría o mesmísimo Indiana Jones






Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 17-12-2008 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
TARXETA DE NADAL
ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 2º DE EP

Os nosos alumnos e alumnas, ademáis de seren uns inspiradísimos escritores, tamén son uns estupendos ilustradores. Aquí vos deixo a tarxeta de Nadal que os nenos e nenas de 2º de EP fixeron para felicitar ás familias e ao resto da comunidade educativa.

PARABÉNS, RAPACES, É UNHA TARXETA PRECIOSA!!


Comentarios (3) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 16-12-2008 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DAS RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Como xa sabedes, dende hai unha semana na entrada do cole podedes visitar a exposición coas recomendacións de lectura para este Nadal. Cada unha das propostas está dentro dunha caixa "artística" que fai alusión ao seu contido. Déixate levar pola imaxinación e tenta descubrir que haberá dentro. Tamén podedes examinar os libros, ver as ilustracións e decidir cal se axusta aos vosos gustos e aos dos vosos fillos e fillas. O alumnado xa leva curioseando todos estes días e mesmo deixan mensaxes para Mik cos seus comentarios e opinións. Non esquezas pasar polo cole para ver de cerca as recomendacións de Mik.






Comentarios (4) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 16-12-2008 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA ANIMADA

As recomendacións de hoxe esixen outro xeito de ler que, por outra banda, ten moitos adeptos entre os máis novos, preferindo este formato ao texto impreso.
Grazas ao blog O falar non ten cancelas descubrín estas estupendas animacións en Flocos.tv, cineclube do audiovisual galego. Trátase de sete curtas baixo o título xenérico A LINGUA ANIMADA adaptacións libres e humorísticas de textos e relatos da nosa literatura, de autores como Cunqueiro, Murguía, Eladio Rodríguez ou Avilés de Taramancos. Foron realizadas por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003.

O dramático e escatolóxico problema do demo Alistán (O demo oveiro), así como o relato do eficaz método pedagóxico de Martín Sarmiento (A escola das areas), son as miñas historias preferidas. Cal che gusta máis a ti?

ALISTÁN, O DEMO OVEIRO - A XAGUARANA - A ESCOLA DAS AREAS - GOOD NIGHT MON AMI - MEIGALLOS, SOMBRAS E PAPAS DE ARROZ - OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO -IGNOTUS

















VER CONTRATACIÓN E NORMAS DE USO (Cinemas Dixitais, Axencia Audiovisual Galega)



Comentarios (15) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 14-12-2008 01:52
# Ligazón permanente a este artigo
ACEPTAS O RETO??

Contesta as seguintes preguntas e descubre se o sabes todo sobre o Nadal:

1.- Sabes de quen herdamos a tradición de pór a árbore de Nadal?





2.- Coñeces o nome da árbore da esquerda? (Preme na imaxe)






3.- De que país é orixinaria a flor de Pascua? (imaxe da esquerda)

4.- Por que hai quen pon roupa interior vermella nestas datas?

5.- Hai algunha sorpresa no roscón de Reis?

6.- Sabes quen instaurou a tradición de enviar tarxetas de Nadal?


7.- Coñeces algún cantar de Nadal, cantar de Aninovo ou cantar de Reis? Preme aquí e memoriza algo para sorprender á familia nestas datas.

8.- Sabes cómo é o Nadal noutras partes do mundo? Preme e descúbreo!

9.- Tes ánimos para cantar unha panxoliña?... (Buscando unha estrela)

10.- Participaches facendo pompóns, tarxetas navideñas ou decorando o colexio?

Son 10 preguntiñas... comenta cantas sabes e a nota que sacarías. BO NADAL!!!

(Grazas, Xiralibro)

RECOLLE NA BIBLIOTECA A FICHA PARA ANOTAR AS TÚAS RESPOSTAS E ENTRÉGAA ANTES DO 17 DE DECEMBRO

Comentarios (4) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 13-12-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
MARIO TEN MEDO

Uxía Comesaña, de 6º de EP, mergúllanos nun pesadelo terrorífico onde só unha persoa se salva dunha maldición inexplicable e tenta escapar da persecución á que se ve sometida. Utilizando pictogramas e unhas estupendas ilustracións consegue cautivarnos durante a lectura do seu conto.

PARABÉNS, UXÍA!!


(Preme na bruxa para ler o conto)

Comentarios (11) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 12-12-2008 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
COMO UNHA NOVELA
Título: Como unha novela
Autor: Daniel Pennac
Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Pennac proponse unha tarefa tan simple como necesaria nos nosos días: que o adolescente perda o medo á lectura, que lea por pracer, que se embarque nun libro como nunha aventura persoal e libremente elexida.

"Como unha novela" é unha reflexión sobre a literatura e a súa relación co ser humano que non só interesa en calidade de educadores senón tamén como lectores.
Ao final do libro Pennac establece os dez dereitos do lector. Dereitos obvios cando pensamos en nós como lectores pero que quebrantamos cando se trata dos nen@s lectores:


1. O dereito a non ler. A liberdade de escribir non debe ir acompañada do deber de ler. Evitarase considerar a priori a calquera individuo que non le como un bruto potencial ou un cretino contumaz.

2. O dereito a saltar as páxinas. Un pode saltar perfectamente os parágrafos, páxinas ou partes do libro que non lle interesan.

3. O dereito a non terminar un libro. Hai 36.000 motivos para abandoar unha novela antes do final: a historia non interesa, sensación de tela lido antes, non gusta o tema... Un libro cáenos da man? Que caia.

4. O dereito a reler. Pódese reler simplemente polo pracer da repetición, a ledicia do reencontro.

5. O dereito a ler calquera cousa. Pódense ler malas novelas. A certa idade poden estimular o saudable vicio da lectura.

6. O dereito ao bovarismo. A satisfacción inmediata e exclusiva das sensacións. Non porque unha moza coleccione novelas rosas acabará tragando unha culler de arsénico.

7. O dereito a ler en calquera lugar. Un exemplo vale máis que mil palabras: o soldado Fulano preséntase voluntario para limpar as letrinas. É un traballo despreciable pero rápido. Un cuarto de hora de limpeza permítelle ler as obras completas de
Gógol.

8. O dereito a pasar follas sen máis. Coller calquera volume da biblioteca e pasar as follas. Pódese abrir
Proust, Shakespeare ou Chandler por calquera parte; seguro que proporciona cinco minutos interesantes.

9. O dereito a ler en voz alta. Ler en voz alta para un mesmo ou para os outros é un exercicio estimulante.

10. O dereito a calar. Absoluto dereito a non opinar sobre o que se leu.

Daniel Pennac. Como unha Novela

Algunhas reseñas e opinións: Solodelibros - Los cuadernos de azul y marrón


Comentarios (4) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 10-12-2008 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats