O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

BO NADAL

Disfruta con esta simpática animación: Merry Christmas

E con esta panxoliña




Mik desexa a tod@s un Nadal moi feliz e un Aninovo cheo de ilusións, ledicia e boas lecturas.





Comentarios (3) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 23-12-2007 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL NO COLE
Coa chegada do Nadal o cole encheuse de traballos que adornan os corredoiros. Este ano todos eles están inspirados no mar e resultaron ben orixinais e divertidos. Velaquí tendes unha mostra:



Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 21-12-2007 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
CALENDARIO

Este é o primeiro curso que decidimos elaborar un calendario para agasallar ás familias polo Nadal. Por suposto coa temática do mar.
Cada nivel encargouse dun mes co seu tutor/a e ademáis colaboraron os profesores especialistas co seu grupo de alumnado.
Como "investigación" decidimos recoller refráns, ditos, frases feitas... que relacionasen o mar e a vida dos mariñeiros cos meses do ano. Algún grupo mesmo inventou un pareado ao xeito de refrán:

  • Xaneiro: "a sardiña de xaneiro non quere ao mariñeiro"
    Febreiro: "febreiro, febreiriño, do mar disfrutamos pouquiño"
    Marzo: "en marzo da praia podes gozar se a axudas a coidar"
    Abril: "solla de abril, déixaa ir"
    Maio: "Dende que ven o cuco, fóra o pulpo"
    Xuño: "Polo San Xoán, a sardiña pringa o pan"
    Xullo: "Golfiño que salta, trae o vento e a calma espanta"
    Agosto: "A brisa do mar quítalle ferro ó sol"
    Setembro: "Por San Miguel, a sardiña non presta ben a ninguén"
    Outubro: "A faneca e a solla, na caída da folla"
    Novembro: " There are finer fish in the sea than have ever been caught"
    Decembro: co pareado "coa lectura navegando, o ano vai rematando" acaba o noso calendario. Inclúese tamén un texto de Jules Verne que nos provoca curiosidade e cecais máis ganas de seguir lendo.

E así, co traballo de tod@s @s artistas que temos no cole, conseguimos un agasallo estupendo para todas as familias.

Parabéns a todos os rapaces e rapazas do Mestres Goldar.



Comentarios (2) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 21-12-2007 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
TARXETA NADAL


Esta é a tarxeta coa que o Ceip Mestres Goldar felicita a todas as familias. Este ano o alumnado de Educación Infantil foi o encargado de facela.
¡Parabéns a tod@s porque quedou moi bonita!
Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 19-12-2007 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
A FADA BARBATEA (poema)
Dúas alumnas de 5º curso nos regalan esta semana unha preciosa poesía que fala dunha fada moi especial pois o seu traballo consiste en coidar o medio natural. ¡Sigamos o seu exemplo!


Autora: Eva Crispín Pazó
Ilustradora: Alba Crispín Pazó


Comentarios (15) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 17-12-2007 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA 5
Autora: Eva Crispín Pazó-As miñas patiñas
van ó compás;
cos pés para adiante
e os ollos atrás.

Comentarios (7) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 17-12-2007 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Conto da semana: Noche de luna llena
Pablo Martínez, de 6º curso, ofrécenos esta preciosa historia sobre desencontros familiares con final feliz, como debe ser onde hai cariño. Acércase o Nadal, data propicia para a felicidade pero tamén para a nostalxia, como lles ocorre aos protagonistas deste relato... (LER)
Comentarios (5) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 10-12-2007 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
A LA CONQUISTA DE NUEVOS LECTORES
El País publicou o sábado, día 8, baixo o título "A la conquista de nuevos lectores" unha lista de 14 recomendacións dirixidas ás familias para fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura.

É verdade que o labor que se leva a cabo na escola non é suficiente. A familia desempeña un papel fundamental na adquisición do hábito de ler. Ao igual que noutros aspectos, o entorno familiar influirá decisivamente na actitude frente aos libros e a lectura. Sería necesario, polo tanto, que dende a escola e dende as bibliotecas escolares se promovese a lectura no ámbito das familias, elaborando estratexias de achegamento ao igual que facemos co noso alumnado.

(Ver artigo)
Comentarios (1) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 10-12-2007 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe é día 10 de decembro. É un día especial para celebrar nos colexios e así se fai desde hai moitos anos. Esta vez os Blogs das Bibliotecas Escolares de Galicia temos a oportunidade de amosarnos unidos no seu 60º aniversario e de compartir co resto das Bibliotecas Escolares este traballo que nos representa a todas.
"Dignidade e xustiza para todos nós" é o lema deste ano.




Os Dereitos Humanos

Os Dereitos Humanos son o conxunto de prerrogativas inherentes á natureza da persoa, cuxa realización efectiva resulta indispensábel para o desenvolvemento integral do individuo que vive nunha sociedade xuridicamente organizada. Estes dereitos, establecidos na Constitución e nas leis, deben ser recoñecidos e garantidos polo Estado. Poderiamos dicir mesmo que son aquelas esixencias que agroman da propia condición natural do home.

Os dereitos humanos son universais porque pertencen a todos os homes, a todos por igual, en todo tempo e lugar; atópanse de xeito innato ligados á natureza do home. Porén, non son realmente respectados, existindo toda clase de violacións: privacións das liberdades fundamentais, torturas, imposibilidade de acceso aos servizos de saúde e auga potábel, uso de minas antipersoais, discriminación e actos terroristas que xeran catástrofes, xenocidio, nenos soldado, etc.

Ás veces, esquecémonos do realmente importante, ocupados como estamos no noso devir cotián. Pero sabemos que o noso oficio, o noso traballo, a nosa dedicación primeira e fundamental é formar a unha serie de persoas-proxecto, o cerne do futuro, as xeracións que poderán facer do mundo do mañá un universo máis xusto no que habitar.

Somos educadores, e como tales, priorizamos tarefas como a que agora nos une. Debemos procurar que o noso alumnado reteña na súa retina e na súa memoria que días como o 25 de novembro, o 30 de xaneiro, o 8 de marzo… días coma o de hoxe existen porque hai persoas que sofren unha penuria diaria que contravén o espírito do ser humano que deberiamos abandeirar. É o noso labor tentar que eses sufrimentos non existan, que deixen de existiren eses días porque a sociedade do futuro, esa na que tanto temos nós que dicir –non o esquezamos, co noso propio exemplo- non as necesita.
Por esta razón, aquí estamos, de novo, unidos por unha nova causa común, o Día dos Dereitos Humanos, denunciando a súa violación. Vímolo facendo dende hai tres días. Resulta, sen lugar a dúbidas, moi clarificador, que os nosos blogues estean unidos desde esas datas. Emotivo. Significativo. É o noso desexo seguir a loitar unidos. E conseguirémolo.


Traballo colaborativo Bibliotecas Escolares








Comentarios (3) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 10-12-2007 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
SOMOS TOD@S ORNITORRINCOS?



Visto en MiMa Meu!
Comentarios (5) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 09-12-2007 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats