O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

25 DE NOVEMBRO: A PORTA VIOLETA
O 25 de novembro é a data escollida pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller. Con esta celebración preténdese concienciar a toda a sociedade, denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Esta convocatoria comezou o 25 de novembro de 1981 en lembranza da data en que foron asesinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal, activistas dominicanas que loitaron polos dereitos das mulleres en contra do dictador Trujillo. Foron alcumadas co precioso nome de AS BOLBORETAS.
Co gallo desta celebración, o noso alumnado traballará coa canción de ROZALÉN, La puerta violeta, para aprendela e cantala tod@s xunt@s nese día.
Abaixo tendes varios vídeos nos que podedes ver varias postas en escea da mesma canción: canción en directo con linguaxe de signos, videoclip, e vídeo coa letra da canción. Escolle a que máis che guste e comeza a cantar!!!


Comentarios (3) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 18-11-2018 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN NA BIBLIOTECA!!!
Que medo!!! Hai uns días recibimos unha nova mensaxe de MIK na que nos convidaba a visitar a biblioteca e meter as mans nunhas caixas moi sospeitosas. Os nenos e nenas deste cole non teñen chisco de medo!!! Tod@s quixeron averiguar que misterios se agochaban naquelas caixas:
Despois curioseamos no expositor que hai a carón da biblio. Alí tamén atopamos algunhas porcalladas!!
Este ratiño é moi argalleiro!!!!
Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 08-11-2018 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
LER VAICHE QUE NIN PINTADO TAMÉN PARA E. INFANTIL
O alumnado de E. tamén gozou a tope da festa da reapertura da biblioteca, tal e como contan eles mesmos no seu blog de aula:
Chegou o día esperado, a inauguración da Biblioteca. A partir de agora comezan as aventuras, os contos e historias e a maxia da pintura.
Esta vez, tivemos a sorte de que Uxía e Roscón, parte de Uxía Lambona e a Banda Molona, para nós a mais importante, nos agasallase cunha estupenda actuación.
Moitísimas grazas por facernos desfrutar.

Aquí nos tedes na tradicional visita á Biblioteca. Momento para ver a selección de libros relacionados co proxecto feita por Mik, as novidades, recoller as mochilas e unha piruleta. Todo despois de sacar unhas fotiños no photocall tan bonito que preparou unha das familias do noso centro.
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 04-11-2018 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLANDO NA BIBLIOTECA
Esta semana os grupos de alumnado xa puideron baixar á biblioteca para empezar a usar o servizo de préstamo e gozar un curso máis dos libros e vídeos que a nosa biblio pon a disposición de toda a comunidade escolar. Tamén comezaron coas actividades de formación de usuari@s e educación documental. BENVID@S a TOD@S a esta andaina de novas e emocionantes lecturas!!!!

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 02-11-2018 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats