O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ILLAS CIES, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Científicos e naturalistas galegos destacan a riqueza biolóxica das illas e confían en que a súa declaración como Patrimonio da Humanidade garanta a protección dun hábitat privilexiado. A Alcaldía de Vigo, xunto coa Universidade, CSIC, Instituto Español de Oceanografía, Consellería de Medio Ambiente, Turismo de Galicia e Confederación de Empresarios, entre outras institucións e organismos, expresaron o seu total apoio á proposta ao considerar o arquipélago un "enclave privilexiado, excepcional", ademais de "emblemático para a cidade", que "merece unha consideración mundial".
Para promocionar esta candidatura, o Concello de Vigo, xunto co Faro de Vigo patrocinan un concurso de debuxo e redacción para escolares de EP e da ESO, co lema "Cíes, o paraíso de todos". Se queres participar podes ler as bases AQUI

http://www.farodevigo.es/especiales/islas-cies-patrimionio-humanidad/
Preme na imaxe para acceder a web

Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 14-11-2015 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2015
Que ben o pasamos hoxe!!! Despois de ter que aplazar a celebración do magosto, por fin
puidemos gozar dunha festa estupenda na que houbo moitas castañas, e non só para comer, xa que as castañas foron as protagonistas de todos os xogos que fixemos: "A castaña sorpresa", "Castañas no camiño", "Castañada", "Tragacastañas" "Carreiras de culler con castaña", Carreira de sacos de castañas"... Houbo quen logrou completar todos os xogos e outros conseguiron récors de velocidade. A verdade é que sodes moi habilidosos!!!
Pero, claro, mentres nós estabamos rindo e xogando, Alfonso, coa axuda de dous convidados moi especiais, prepararon a fogueira e asaron as castañas como os grandes chefs: estaban boíiiiiisimas!!!

Os nenos, nenas e profes estaban na zona de xogos, aproveitando ben o tempo nos xogos e facendo sitio na barriga:
Despois todo o alumnado, EI e EP xuntámonos para cantar "O rap das castañas" e bailar o "Baile da castañeira":
E, para finalizar, unha enchenta de riquísimas castañas asadas!!!
Por suposto, non podía faltar a "maquillaxe":
FOI UN DÍA XENIAL!!!!Queremos dar as grazas e unha agarimosa aperta a Alfonso, Vicente e Mariluz por ser tan estupendos cociñeiros. Moitos parabéns ao profe Toniño e á profe Vinca pola perfecta organización, e a todos os profes e profas pola súa colaboración e entusiasmo na dirección dos distintos xogos. E, por suposto, a todas as familias que, como sempre, nos axudaron coa achega de castañas e leña.HAI MOITÍSIMAS FOTOS MOI CHULAS E SIMPÁTICAS AQUÍ.  Nos próximos días iremos subindo máis, só tes que estar atento e seguro que atoparás as túas!!
Comentarios (1) - Sección: O Magosto - Publicado o 10-11-2015 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA: OS MESES

Ver Pdf
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 09-11-2015 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPO DE MAGOSTO
O vindeiro venres, día 6 de novembro, se o tempo nolo permite, celebraremos no cole a festa do magosto. Xa andan todos os nenos e nenas atarefados cos preparativos: elaboran murais, fan os seus cestiños para as castañas, aprenden refráns e cantigas e, ademáis, o alumnado de 5º de EP inventou un rap que cantaremos e bailaremos ese día. Será moi divertido!!! Se queredes ver os artísticos cestiños que prepararon noutros anos premede aquí ou aquí.
Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 02-11-2015 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats