O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

BIBLIOTECA AN ALFAYA


O pasado martes, 8 de novembro, fomos convidados á inauguración da biblioteca escolar do Ceip Otero Pedrayo, que desde ese día leva o nome dunha escritora galega de moito talento, moi recoñecida e apreciada polos nenos e nenas de diferentes idades, AN ALFAYA.
Os nosos PARABÉNS por esa fantástica biblioteca e polo fermoso acto de inauguración. Foi todo un honor e un pracer compartir uns momentos tan entrañables e emotivos. Todo o que alí aconteceu tocaba o corazón: as palabras de agradecemento, a música, o agarimo que se respiraba e, por suposto, a profundidade das reflexións de An Alfaya. Por todo iso e pola calidade humana e profesional dos artífices da marabillosa "cova" que tivemos a sorte de coñecer, penso que os nenos e nenas do Ceip Otero Pedrayo son moi afortunados, e tamén nós, por ofrecernos a oportunidade de acompañalos no comezo da súa andaina. Moitas GRAZAS!!
Déixovos unha presentación elaborada polas compañeiras da Biblioteca do Chouzo, coas que coincidimos nesta agradable xuntanza. Podedes ver unha ampla reportaxe sobre o acto de inauguración e todas as actividades realizadas en torno a ela no blog A cova de Don Sapoconcho.



Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 13-11-2011 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
DAME VIDA
Ao fío do noso PDI quero mostrarvos o videoclip dunha campaña solidaria na que o deporte e os seus protagonistas xogan un papel moi importante.
«Dáme vida» é un proxecto promovido por Huecco a través da súa fundación http://www.dame-vida.org/, e suporá unha acción benéfica sen precedentes que pretende mellorar as condicións de vida de persoas das zonas máis desfavorecidas do planeta. Cunha mensaxe clara para a mocidade: música e deporte unidos nunha causa benéfica de carácter mundial, o vídeo xira ao redor dunha pelota de fútbol moi especial que axudará a moitas familias no mundo levando a enerxía eléctrica aos seus fogares. Compartindo sorrisos no videoclip, Huecco contou coa colaboración de numerosos personaxes do mundo do deporte como Vicente del Bosque, David Villa, Sergio Ramos, Pepe Reina, Pau Gasol, Calderón, Jorge Lorenzo ou Kun Agüero, entre moitos outros.
DISFRÚTAO!!!



Comentarios (2) - Sección: Vídeos - Publicado o 05-11-2011 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
AGORA SI !!
Xa vedes! Son tantos os traballos que temos na exposición que algúns quedaron "despistados" e non aparecen nos vídeos anteriores. Así que agardo que agora todo o mundo mundial poida gozar de todas todiñas as vosas creacións. Non obstante, se non atopas o teu cartel coméntallo ao teu profe ou á túa "profa" e axiña o solucionaremos (se queres podes deixarme a túa mensaxe, co teu nome, apelido e curso, nun comentario.
Moitos bicos ratunos,


LER, un deporte para tod@s IV on PhotoPeach


Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 02-11-2011 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO


Nos días 10, 11 e 12 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela o Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito 2011, organizado polo Ministerio de Educación e a Consellería de Educación, o que será unha cita importante para todas aquelas persoas relacionadas co mundo das bibliotecas escolares: profesorado responsable/coordinador das bibliotecas escolares ou integrantes dos equipos de biblioteca dos seus centros, membros de equipos directivos ou dos servizos de Inspección, responsables das Administracións educativas de todas as Comunidades Autónomas, con participación no deseño, xestión e desenvolvemento de programas de bibliotecas escolares, e asesores de formación no ámbito das bibliotecas escolares e a lectura.

Cun magnífico programa, que inclúe relatores/as de enorme prestixio, teremos a ocasión de actualizar os nosos coñecementos e afondar e reflexionar sobre o papel das bibliotecas escolares no panorama educativo actual:

O mundo da educación asiste a importantes transformacións nos usos e prácticas da cultura escrita. Os centros educativos deben dar resposta ós retos que presenta a sociedade da información e poñer en xogo estratexias organizativas e metodolóxicas que faciliten a formación do alumnado como lectores competentes e como usuarios eficaces das distintas fontes informativas dispoñibles. As bibliotecas escolares maniféstanse como recursos imprescindibles para o exercicio destas funcións, ao ser espazos de aprendizaxe nos que se integra a cultura impresa e a cultura dixital.
A actual lexislación educativa considera de forma explícita a presenza das bibliotecas escolares nos centros e as actuacións das distintas Administracións educativas están a facilitar a renovación e actualización destas bibliotecas. É necesario, non obstante, abrir foros para a reflexión conxunta, o intercambio de experiencias e o deseño de medidas que permitan ás novas bibliotecas escolares xogar o papel que lles corresponde na consecución dos obxectivos marcados.(De Bibliotecas Escolares en Tránsito 2011)




Comentarios (3) - Sección: Biblioteca - Publicado o 01-11-2011 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats