O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

LECTORES/AS E ESCRITORES/AS OLÍMPIC@S
Hai algúns días chegou ás aulas unha nova proposta de MIK para todos os nenos e nenas do cole: convertirse en ESCRITORES/AS e LECTORES/AS OLÍMPICOS!! Queredes saber como logralo? Pois preme no sobre para ler a carta do noso ratiño:


A que é unha idea xenial?! Pois xa sabes, presenta as túas creacións na biblioteca e non esquezas pedir a ficha de lecturas cando remates un libro.
Todas as creacións presentadas ao certame "ESCRITOR/A OLÍMPIC@" serán publicadas no blog Ti tamén contas, para que tod@s poidades gozar do talento dos nenos e nenas do noso cole.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 30-11-2011 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
CULTURGAL
Este fin de semana teremos no Pazo da Cultura de Pontevedra unha moi recomendable proposta de ocio para toda a familia: Culturgal, cun completísimo programa onde atoparedes actividades para todos os gustos e para todas as idades. Poderemos escoller entre un amplo abano de posibilidades como a música, a danza, contacontos, maxia, libros, exposicións... de todo!!
Podedes consultar máis polo miúdo AQUÍ ou na súa páxina web.
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 30-11-2011 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDANTES DA BIBLIOTECA
Faite axudante da biblioteca!! Pide información na biblio durante os recreos.


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 28-11-2011 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
25 NOVEMBRO: materiais e recursos
De cara á celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero deixo a ligazón a algunhas páxinas con recursos e materiais:
  • Unha fantástica selección de recursos para traballar nas aulas a educación en igualdade e a violencia contra as mulleres, recollida na páxina Educación en valores:
MÁIS RECURSOS:


Comentarios (1) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 20-11-2011 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
DEREITOS DA INFANCIA. RECURSOS
Glogster que recolle moitos recursos para traballar os dereitos dos nenos e das nenas. Se queredes velo a tamaño grande, tedes que clicar no cadradiño rosa onde pon Glogster poster yourself e despois en VIEW FULL SIZE.



Comentarios (1) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 19-11-2011 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
YO CUENTO, TÚ PINTAS, ELLA SUMA


A escola non é un espazo neutral. Nela transmítense valores, modelos e estereotipos, e convírtese nun lugar ideal onde sementar a erradicación das desigualdades. De aí xorde a necesidade deste material didáctico, que pretende ser unha ferramenta para coeducar en Educación Primaria.
A publicación foi impulsada polo Instituto Asturiano da Muller, a Consellería de Educación e Ciencia e a Consellería de Saúde e Servizos Sanitarios do Principado de Asturias, e é froito dun grupo de traballo composto por diferentes persoas expertas en coeducación, provenientes das institucións participantes, de Centros do Profesorado e de Recursos, de distintos centros educativos e de Fundación Mulleres, entidade especialista na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
O material abarca cinco áreas do currículo: Coñecemento do Medio, Educación Artística, Educación Física, Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. En todas elas, partindo de contidos curriculares, propóñense actividades a desenvolver na aula. Ten, por tanto, varios colectivos destinatarios: o profesorado de Educación Primaria, que atopará ideas, suxestións e motivación para integrar na súa práctica cotiá unha perspectiva coeducadora; o alumnado de Educación Primaria, as nenas e nenos que deberán ser mulleres e homes capaces de relacionarse en igualdade; e as familias, cuxa implicación se suxire en moitas das actividades. (Clic na imaxe para acceder ao documento en Pdf)
Fonte
Ver anotación en SM Conecta 2.0

Comentarios (0) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 19-11-2011 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA SABE A PAN
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Se queredes cantalo, hai unha versión en Karaoke AQUÍ

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.


Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 17-11-2011 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
(Recollido en BEGA)

Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 17-11-2011 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
NO SÓLO FÚTBOL
Colección de catro libros escritos e ilustrados por Violeta Monreal. Os protagonistas son un grupo de nenos e nenas que xogan no equipo "Os Planetas" e que deberán enfrontarse a unha proba antes de cada partido: os seus medos, os seus segredos, os seus sentimentos...
Trátanse temas como a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia ou a pluralidade.
Comentarios (7) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 14-11-2011 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
A CHAVE DA ATLÁNTIDA
Por fin xa está nas librerías A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, unha obra coa que teño un vínculo moi especial por formar parte do xurado que a fixo gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil, 2011.
A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción que engaiolará aos lectores desde as primeiras páxinas. Cun ritmo trepidante e un argumento moi orixinal, onde se mestura a mitoloxía coa robótica e a tecnoloxía máis avanzada, e a aventura coa a búsqueda da identidade persoal, os protagonistas da novela lograrán descubrir a porta da cidade asolagada da Atlántida que, sorprendentemente, atópase moito máis cerca do que imaxinamos. Con todos estes ingredientes penso que estamos ante unha obra que, ao igual que Os Megatoxos, gañará lectores para a nosa lingua, e pode ser, ademáis, unha boa opción para os agasallos de Nadal.
Anxo Fariña, é o autor ademáis de «Don Quixote e Breogán», «Antón e Pompón», «Os Pelelliños», «A monstroescola» e da exitosa serie «Os Megatoxos» da que recentemente publicou o cuarto volume, Os megatoxos e a cara oculta da Lúa, da editorial Xerais.
Podes atopar máis información en: http://www.megatoxos.blogspot.com/

Pide na nosa biblioteca as obras de Anxo Fariña, PASARALO MOI BEN!!

Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 13-11-2011 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats