O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

A NOSA HORA DA BIBLIOTECA
No noso centro, todos os cursos teñen asignada unha hora semanal na biblioteca, reflectida nun calendario que se renova cada ano e que se expón na porta de entrada.
Aos nenos gústalles acudir á biblioteca, non só porque é un espazo moi agradable, senón porque o encontro cos libros élles pracenteiro. Sen dúbida, este encontro esperado foméntao o mestre/a, que é o que acende a faísca, motiva lecturas e esperta curiosidades.
Pero, ¿que se fai durante esa hora de biblioteca?
As actividades son moi variadas:
- Lecturas voluntarias en silencio.
- Lecturas de libros informativos sobre un tema que se estea traballando na clase.
- Procura de información sobre cuestións xurdidas na aula.
- Procura de información en internet
- Formación de usuarios: colocar libros adecuadamente, saber en que lugar están os libros sobre un tema ou xénero, condutas adecuadas no bo uso dos libros, interpretar o significado das sinaturas...
- Actividades diversas ao redor da lectura: presentacións de libros, de traballos realizados, debuxos de cubertas...
- Visitar e comentar as exposicións que haxa nese momento
- Elaboración de traballos escritos.
- Proxección de contos, documentais ou imaxes sobre un tema concreto.
- Elexir libros para a biblioteca de aula.
- Escoller o libro que se leva en préstamo

É misión nosa proporcionar ao alumnado experiencias motivadoras que progresivamente produzan nos nenos un desexo constante de aproximarse aos libros e á lectura.









Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 15-11-2009 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
QUERES SABER MÁIS?

E agora, como "postre", anímate a realizar esta webquest sobre o MAGOSTO, elaborada no Ceip Pombal. Seguro que aínda aprenderás máis cousas!! (Preme na imaxe das castañas)



Comentarios (0) - Sección: O Magosto - Publicado o 12-11-2009 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
A GRANDES MALES, GRANDES REMEDIOS...
Despois de ter que aprazar a celebración do magosto por culpa do mal tempo, hoxe PARECÍA que por fin poderíamos comer as castañas asadas ao ritmo das cancións e dos bailes que tiñamos preparados. Cos nosos cestiños decorados baixamos ao patio, Alfonso xa tiña lista a fogueira, pero... EMPEZOU A CHOVER!!! E claro, ninguén quería volver ás aulas sen catar as castañas. Así que A GRANDES MALES, GRANDES REMEDIOS: a pesares da chuvia, habería magosto:

MAGOSTO 09



E se non puideches visitar a nosa exposición de traballos sobre o magosto e o outono, aquí tes unha mostra (preme na imaxe):

Comentarios (12) - Sección: O Magosto - Publicado o 10-11-2009 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
EN QUE ANDAMOS?
Pois a voltas co MAGOSTO. E xa levamos traballado e aprendido moitas cousas:
Primeiro recollimos información sobre os castiñeiros, as castañas e a importancia que tiveron na nosa alimentación. Tamén recompilamos cantigas, ditos, refráns e adiviñas sobre as castañas, e hai moitísimas!!

Escribimos receitas de comidas e doces con castañas, que nos dixeron nas nosas casas; ilustramos o conto "A castaña Dorinda", fixemos murais, exposicións e aprendemos cantigas das que cantaban os nosos avós. Unha chea de actividades!! Agora só nos queda agardar ata o venres para darnos unha enchenta de castañas asadas. Que ricas!!

Invitamos ás nosas familias a que nos acompañen ese día para comer, cantar e xogar con nós. Tamén poden pasear polos corredores do centro para ver os nosos traballos.



Comentarios (3) - Sección: O Magosto - Publicado o 05-11-2009 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
PARA SER BRUXA...

No blog da biblioteca do Ceip Fermín Bouza Brey atopei esta simpática poesía que nos dá a receita para ser unha bruxa moi bruxa. Eu xa a aprendín. Déixocha aquí para que ti fagas o mesmo (pode ser que precisemos facernos bruxas nalgunha ocasión, quen o sabe? )

PARA SER BRUXA TERRIBLE
(ADAPTACIÓN do poema de Carmen Gil, www.poemitas. com)

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible ( poñer voz misteriosa)

Ser unha bruxa malvada
e nunca lavarse a cara.

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

É ser perversa e malvada
odiar moito a calquera fada
por ridícula e empalagosa,
sempre vestida de rosa!

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Ter o naris encarnado
longo e cunha gran verruga.
e ser máis fea que Picio,
pois o precisa o oficio!!

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Ter fétido o alento,
moi negra a dentadura
e levar cuberto o corpo
cunha gran túnica escura.

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Ter un sorriso horroroso,
a pel áspera e verdosa,
cara de astuta e bribona
e os pelos coma os da fregona.

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Non moverse nunca a pé
sacarse pronto o carné
viaxar a todas horas
en vasoiras voadoras.

Para ser bruxa terrible
requisito imprescindible,
ible, ible, ible, ible

Importante o capirucho
con forma de cucurucho
e por cara de enfadada
para parecer moi mala.

E xa para rematar
requisito imprescindible será?
pasalo estupendamente
chinchando moito á xente!!!


Comentarios (1) - Sección: Samaín - Publicado o 01-11-2009 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats