O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

A MONSTROESCOLA

Recén saidiño do forno, A MONSTROESCOLA é o último traballo de Anxo Fariña. Ilustrador, diseñador e ás veces escritor, como el mesmo se define, asegura moitos debuxos e moitas risas aos lectores/as de 8 a 100 anos.

Argumento:
Na vila de Quintopiñeiro só hai dous nenos, e por iso a súa escola está en perigo. Se non atopan máis alumnos antes do venres pecharán a escola para sempre. Un acontecemento inesperado avisará da chegada de máis nenos. Mais... como serán? (quizais fixándote na capa do libro e no subtítulo acades algunha pista... )

Unha historia que promete moita diversión!


Autor do texto e ilustracións: Anxo Fariña.
Editorial: Edicións A Nosa Terra

Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 12-11-2008 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
GRAN LIBRO DOS RETRATOS DE ANIMAIS
Xa temos na nosa Biblioteca, entre outras novidades, o Gran libro dos retratos de animais. No blogue da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Rede Lectura, fan o seguinte comentario:

Con el comezou a colección OQart da editorial OQO.
Nel, o croata Sujetlan Junakovic modifica algúns dos retratos que forman parte da historia da pintura para substituír os homes e mulleres retratados por animais que pasan a ser os protagonistas da imaxe. Esta galería de retratos de animais compleméntase cos comentarios nos que se achegan datos sobre o retratado, a época ou o artista nun ton nada alleo ao humor.
Un bo punto de partida para un xogo de espellos no que a pesar do aviso de que “calquera semellanza coa realidade é pura coincidencia”, buscaremos aquel outro cadro que se nos imita a este, localizarémolo, compararémolos e riremos mentres nos movemos entre obras de arte.
Esta obra acaba de ser galardoada cunha Mención de Honra na Feira do Libro de Bologna.

(Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares)

HAI SEMELLANZAS??




Dama con Armiño de Leonardo da Vinci (1483)
Técnica: Óleo sobre madeira
Onde se encontra: The Czartoryscy's Collection, National Museum, Cracovia







Auto-retrato de Alberto Durero (1536)

Técnica: Óleo sobre madeira

Onde se encontra: Alte Pinakothek, Munich



Comentarios (4) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 11-11-2008 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGOS DE NOVO
Aproveitando que o ENDL do noso centro está a promover unha campaña a prol do uso do galego en tódolos ámbitos, acáenos moi ben o anuncio "Galegos de novo":



Ou o do "precursor":


Ou aqueloutro que fixo historia:



Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 11-11-2008 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
CHOCOLATA

Hai xa algúns días faleivos do libro-disco Contos en cantos de Almudena Janeiro, un conxunto de cancións a partir dos textos de varios contos. Hoxe quero recomendarvos un deles: CHOCOLATA, un álbum da escritora Marisa Núñez coas ilustracións de Helga Bansch. Este libro obtivo o Primeiro Premio Internacional do Libro Infantil FEE (Fondation Espace Enfants) no ano 2007, e foi traducido a oito idiomas

Sinopse:

Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala...
Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión nos hábitos urbanos máis tópicos, actuales e recoñocibles desde a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.
A ilustración, é alegre e colorista; expresa con maestría diferentes perfís humanos a través dos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración. Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor do que temos moi perto.
[Presentación editorial]

Aquí vos deixo a canción "Chocolata" (Contos en Cantos) para que vaiades facendo boca. DISFRUTÁDEA!





Comentarios (4) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 10-11-2008 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO LÉVASE...

Como ven sendo habitual no noso centro, o equipo de normalización lingüística está a levar a cabo unha campaña de sensibilización e normalización lingüística que promociona o uso do galego en todos os ámbitos. Este curso xira arredor do lema O GALEGO LÉVASE... e redunda na idea do curso pasado que postulaba EN GALEGO PODE SER... TODO!!
Todo o alumnado do Centro participou na elaboración dos carteis, onde fan alarde dunha gran orixinalidade e de moita imaxinación.

PARABÉNS, NENOS/AS!!



Comentarios (10) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 06-11-2008 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
ARTE
Hoxe imos recomendar unha obra de divulgación que poderemos engadir aos materiais empregados para a educación documental entre os máis pequenos (a partir dos 8 anos). Editada no 2006 por Factoría K de libros, trátase da primeira obra en galego deste tipo, de edición moi coidada e excelente presentación.
Mirar a pintura a través dos séculos, de Caroline Desnoëttes, propón unha galería de arte dende o estilo gótico dos séculos XIV e XV, ata a arte figurativa e abstracta de Chagall no século XX.
A estructura repítese: unha obra de arte tómase como representativa de cada un dos movementos artísticos estudiados, 18 en total, e a través das lapelas que se levantan nas páxinas vemos os pormenores dos lenzos ampliados, observamos as cores...
Un estudo de cada movemento, autor e obra, cara o final do álbum , destaca as innovacións e significados ocultos de cada un dos lenzos seleccionados...
Un álbum para disfrutar aprendendo.

Caroline Desnoëttes pretende facer partícipes aos lectores máis novos do marabilloso mundo da arte. A autora francesa escribiu numerosos libros para o público infantil, entre os cales figuran coleccións como O museo de..., Pasea con cores e A Pintura a través do tempo. Tamén é pintora e deseñadora: nesta faceta o seu maior obxectivo é desacralizar o mundo da arte, baixalo da torre de cristal na que se atopaba e achegar a arte á vida diaria da nosa sociedade.


Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 04-11-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
O FAIADO ENCANTADO
Sergio Rodríguez Davila, de 6º de EP, agasállanos neste día de Samaín cunha historia de medos, eses medos que tod@s experimentamos algunha vez, que nos fan tremer, que non nos deixan durmir...
Naquel faiado enmeigado, rodeado de ruidos misteriosos, un rapaz pasa a noite anguriado, sospeitando que alí está a pasar algo terrible, ata que... pero mellor é que o leas ti, verás como che gustará tanto como a min.

GRAZAS, SERGIO e ALBA!!
(Preme na imaxe para ler o conto)

Comentarios (20) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 03-11-2008 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
FAI A TÚA CAVEIRA VIRTUAL

DESCARGA o xogo a pantalla completa

XOGO
Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 03-11-2008 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
QUE RICO!

É Samaín e xa están preparadas as caveiras, moitas cancións para cantar e bailar, unha morea de libros de medo, historias inventadas para asustar... e agora, grazas a Cadernos de Vide (Escola unitaria de Vide), chéganos esta saborosa receita que transcribo literalmente:

"Collese un bo coco dos anaranxados, que son os mellores para as chulas e, despois de pelalo e limparlle as sementes, córtase a pulpa en anaquiños e cócese cun pouco de sal.
Logo, escúrrese , esmágase cun tenedor e facedes unha masa botándolle fariña, ovos, azucre, raiadura de limón e un pouquiño de canela.
Cando a masa está lista, cunha culler a ides botando nunha tixola con aceite ben quente, e facedes fritos.
Logo un pouco de azucre por riba e....¡a comelas!.
Iso se non vos quedaron duras por levar demasiada fariña, ou aguadas por non escurrir ben o coco, ou se non se queimaron porque non fostes quen de sacalas da tixola a tempo."


OUTRAS RECEITAS PARA O SAMAÍN


Comentarios (3) - Sección: Outono - Publicado o 03-11-2008 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN: QUEN CANTA OS MALES ESPANTA...

Chegou o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E co Samaín chega o tempo dos difuntos, das caveiras de cabaza, de demos, bruxas e curuxas..., é o tempo de PASAR MEDO!!!!

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Esta tradición de orixe europea foi levada polos emigrantes a terras americanas e alí transformouse nun carnaval outonal.
Sabías que fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á moda do Halloween?
(Vieiros da escola)

Se queres saber moitas cousas sobre o SAMAÍN visita as seguintes páxinas:

O Samaín e a Santa Compaña



E agora, como quen canta os males espanta imos
escorrentar o medo cantando. Ánimo e A CANTAR!!
(Podes ler AQUÍ a letra da canción)


(Deixa que cargue o vídeo enteiro para velo sen interrupcións)


MÁIS RECURSOS:


Comentarios (13) - Sección: Outono - Publicado o 03-11-2008 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats