O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

VIAXANDO...
Aprende Xeografía de España ao mesmo tempo que te divirtes. Xoga cun compañeiro/a e averiguade quen de vós pode viaxar polo país sen perderse...
(Actividades flash elaboradas por Enrique Alonso)




COMO SE CHAMA?






ONDE ESTÁ?







PUZZLE





(Visto en Quintaporrúa)
Comentarios (1) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 29-11-2008 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
O XARDÍN ENCANTADO
Xa nos gustaría a nós ter un xardín como o de Antía, de 5º de EP !!
No seguinte relato ela explícanos por que o seu xardín é tan especial ao mesmo tempo que llo conta ao seu amigo Luis. Le con atención e verás como tamén che gustaría poder disfrutar dunha paisaxe primaveral en calquera estación do ano...

(Para ler preme na imaxe)


Comentarios (5) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 28-11-2008 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS QUE VEÑEN A CONTO...
CONTOS PARA A IGUALDADE

Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. (Nota da editorial)


Xela volveuse vampira!!
Fina Casalderrey
Ilustradora: Noemí López

Ed: Baía


Un día de treboada
María de Mata
Ilustración: Mariana Riestra
Ed: Baía Edicións


Argumento:
Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.


BÚSCAOS NA BIBLIOTECA!!


(25 DE NOVEMBRO: día contra a violencia de xénero)


Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 24-11-2008 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
EL MONSTRUO Y LA BIBLIOTECARIA

El monstruo y la bibliotecaria
Alfredo Gómez Cerdá

Editorial: Edelvives
Ilustradora: Carmen Queralt


Este monstro monstroso, que non se parece a outros monstros e que se asusta nas grandes cidades, vai vivir a Albacete. Pero non contou coa calor do verán, que tampouco soporta, e por iso decide meterse nun aparello de aire acondicionado que acaba instalado nunha biblioteca. Aquilo cambiou a vida do monstro e os lectores e lectoras sabemos que nunha biblioteca poden pasar miles de cousas, ata atopar a un monstro que conta contos diante dunha bibliotecaria que o mira abraiada...
Disfruta desta bonita historia de amor, humor e bibliotecas!!

XA O TÉS NA BIBLIOTECA DO COLE!!


Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 23-11-2008 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
25 de NOVEMBRO: RECIBÍ FLORES HOY...
Un número terribleNo que vai de ano morreron 69 mulleres víctimas da violencia machista, segundo os datos da Delegación do Goberno contra a violencia sobre a muller



PORQUE OS ALOUMIÑOS NUNCA PRODUCEN FERIDAS...

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!


Comentarios (1) - Sección: 25 Novembro - Igualdade - Coeducación - Publicado o 23-11-2008 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
20 DE NOVEMBRO: DEREITOS DA INFANCIA

O próximo 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia proclamados en 1959 na Asamblea Xeral da ONU. Esta é unha desas datas que nos gustaría que non fosen necesarias pero, por desgraza, os números describen unha triste realidade:

- Máis de un millón de menores atópanse en cárceres e nalgúns casos son condeados a pena de morte

- Máis de 1,2 millóns de nenos e nenas son víctimas de tráfico de seres humanos e son explotados laboral e sexualmente.

- Arredor de 300.000 nenos foron reclutados para os conflictos armados nalgúns países

-Arredor de 2 millóns de nenas sufren mutilacións xenitais cada ano ...


O 20 de novembro de 1959 na Asemblea Xeral da ONU foi aprobada a Declaración Universal dos Dereitos da Infancia, que constaba de 10 principios, concretando para os nenos e nenas os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos. En 1990 a lei foi asinada por todos os países do mundo agás Somalia e EEUU





No panel lateral, en RECURSOS EDUCATIVOS (Temáticos), podes atopar algunhas páxinas interesantes para aprender máis sobre esta data

APROVEITA PARA LER:





Comentarios (3) - Sección: Dereitos humanos - Infancia - Valores - Publicado o 23-11-2008 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO
O luns, día 10, celebramos o magosto no cole. Xa estabamos impacientes porque na semana anterior o mal tempo obligounos a aplazalo. Pero neste día todo estaba a favor: lucía o sol a había unhas ganas tremendas de pasalo ben. Como disfrutamos cos xogos, coas cancións e, por suposto, comendo castañas a fartar!! E marchamos para casa moi content@s e algúns moi favorecidos coa súa "maquillaxe"...




Se queres ver máis fotos preme na imaxe de abaixo:


Comentarios (26) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 23-11-2008 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TAL COS NÚMEROS?
Xa probaches coas palabras? Pois inténtao agora cos números...
Escolle o grao de dificultade e o tipo de operacións que queres realizar e comproba qué es capaz de facer nun minuto...
Non te desanimes pois cantos máis intentos máis rápid@ irás e despois compite cun compañeir@ ou mesmo con alguén da túa familia.

(Para xogar preme na imaxe)


Recurso educativo elaborado a través do Convenio Internet en el Aula,
entre eo MEC e as comunidades autónomas.


Comentarios (0) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 23-11-2008 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
A RULETA DAS PALABRAS...

Grazas a Tolinha descubrín este xogo de vocabulario para 3º ciclo de Primaria (ou mesmo para algúns máis grandiños/as...) Podes xogar con ou sen límite de tempo.
Anímate a xogar e demostra que non hai palabra que se che resista (podes pedir axuda a algunha persoa da familia. Ah, e ollo coas faltas de ortografía!):


(Preme na imaxe para xogar)

Actividade elaborada polo Ceip El Olivo de Mairena (Sevilla)


Comentarios (5) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 16-11-2008 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
NON HAI TEMPO QUE PERDER...

Na era da información non hai tempo que perder, nunca é pronto para empezar, é preciso estar ao día...!!


Comentarios (1) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 12-11-2008 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats