O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

EUREKA, HAI CIENCIA NA BIBLIOTECA!!!!
O xoves e o venres desta semana celebramos a con-ciencia a reapertura da nosa biblioteca. No marco do PDI deste curso sobre A CIENCIA, gozamos de dous días de actividades que culminaron co magnífico espectáculo que nos ofreceu o MAGO CALI e que marabillou aos nosos asombrados nenos e nenas. MAXIA OU CIENCIA foi o título que presidiu o escenario onde se desenvolveu o espectáculo, ao abeiro do tema que centrará o traballo deste curso da biblioteca: EUREKA, HAI CIENCIA NA BIBLIOTECA!!!Aí vos vai un pequeno resume do que aconteceu:
Cando chegou a hora todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca onde se atoparon coa exposición de novidades e a exposición temática sobre CIENCIA. Despois de repasar as normas e os servizos que se ofrecen na biblioteca, puideron botarlle unha ollada aos libros novos, recolleron as mochilas viaxeiras, que xa emprenderon hoxe a súa viaxe, e saborearon o doce agasallo de benvida que nos deixou MIK.


Ademáis, aos nenos e nenas de primeiro de EP e aos de nova incorporación ao centro entregáronlles as súas carpetas e os seus flamantes carnés de usuari@s.
Como guinda do pastel, o estupendo MAGO CALI co espectáculo de maxia que nos engaiolou a tod@s e que fixo as delicias do noso animadísimo alumnado.

A próxima semana comezará unha emocionante andaina polos camiños da CIENCIA e viviremos moitas aventuras rodeados da maxia da biblioteca. Como todos os anos, o noso ratiño MIK preparounos unha chea de propostas interesantes e moi divertidas que se irán desenvolvendo ao longo do curso. BENVIDOS DE NOVO A TOD@S!!!
E xa sabedes que eu agardo impaciente as vosas visitas na biblioteca. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!!
Moitos bicos ratunos e MOI FELICES LECTURAS!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2019 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDANDO O GRAN DÍA!!!!
Xa levamos uns días impacientes para que chegue o día da reapertura da nosa biblioteca e aínda máis desde que recibimos unha mensaxe do noso querido ratiño MIK.
Tamén temos o programa das estupendas actividades que nos ten preparadas:
O xoves e o venres temos unha cita ratuna!!!! EUREKA!!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2019 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats