O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MIK, LER VAICHE QUE NIN PINTADO
Para ler e gozar das preciosas ilustracións deste encantador cadroconto creado por Beltaine Bautista coa axuda da súa familia. XENIAL!!!
Podes ver en pantalla completa se fas clic no cadradiño do centro ou NESTA LIGAZÓN
e despois no cadradiño que está abaixo_dereita
Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 29-10-2018 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA RACHADA NO DÍA DA BIBLIOTECA!!!
QUE DÍA TAN DIVERTIDO E EMOCIONANTE!!! Hoxe foi o gran DÍA DA BIBLIOTECA no que, por fin, a biblio comeza a súa andaina no curso 18/19. Xa estaba desexando que chegara o momento porque vos tiña preparadas unha morea de sorpresas requeteguais e, por suposto, botaba moito de menos as vosas visitas. A partir do luns xa podedes facer uso dos servizos de préstamo semanal e de lectura nos recreos.
Antes de facer a crónica deste día tan especial queremos agradecer a colaboración e xenerosidade de Roscón e Uxía, compoñentes da banda de música infantil UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA, que nos dedicaron desinteresadamente o seu bo facer e o seu tempo. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

UN DÍA PARA LEMBRAR:
Cando chegou a hora todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca, decorada dun xeito moi artístico e colorido, onde se atoparon coa exposición de novidades e a exposición temática sobre PINTURA, o tema do PDI deste curso. Despois de repasar as normas e os servizos que se ofrecen na biblioteca, puideron botarlle unha ollada aos libros novos, recolleron as mochilas viaxeiras, que xa emprenderon hoxe a súa viaxe, saborearon o doce agasallo de benvida e fixeron un pousado no photocall que achegou a familia dun alumno.
Ao rematar a visita á biblioteca, percorreron a exposición de traballos en familia arredor do lema "LER vaiche que nin PINTADO"
Ademáis, aos nenos e nenas de primeiro de EP e aos de nova incorporación ao centro entregáronlles as súas carpetas e os seus flamantes carnés de usuari@s.
Para ver as fotos clica na ligazón correspondente:
SEXTO EP - QUINTO EP - CUARTO EP - TERCEIRO EP - SEGUNDO EP - PRIMEIRO EP
Como guinda do pastel, o magnífico espectáculo de música e baile que nos ofreceron Uxía Lambona e Roscón, coa colaboración especial dunha estupenda actriz revelación, que fixeron as delicias do noso animadísimo alumnado.

ÁLBUM DE FOTOS
Como mostra do ben que o pasamos aquí vos deixo o vídeo do comezo da festa!!!
Se queres ver máis vídeos do fantástico espectáculo fai clic AQUÍ
QUE DÍA TAN XENIAL!!!!
Moitos bicos ratunos para tod@s e moitas grazas, novamente, a Roscón e a Uxía Lambona por esta xornada inesquecible.
E xa sabedes, AGÁRDOVOS NA BIBLIO!!!
Comentarios (8) - Sección: Biblioteca - Publicado o 26-10-2018 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA GRANDE NA NOSA BIBLIOTECA!!!
MAÑÁ AGÁRDOVOS NA FESTA DA BIBLIOTECA!!!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2018 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
AÍNDA MÁIS!!!
Aquí tendes novos traballos para e espléndida exposición "LER vaiche que nin PINTADO". XENIAL!!!

Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 25-10-2018 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
ACHÉGASE O SAMAÍN CON PINTURAS ARREPIANTES!!!!
Xa chega o SAMAÍN e os nenos e nenas do cole prepáranse para recibilo con moita arte. Como actividade relacionada co PDI deste curso, cada grupo elexiu un cadro dun famoso pintor/a que represente esta data ou que nos produza un sentimento de medo ou desacougo. Despois, coa axuda do profe de música, crearán unha banda sonora para acompañar cada obra de arte. Que idea tan xenial!!! O alumnado deste centro non é nada medoso e atoparon cadros realmente inquedantes. A ver que vos parecen:
E. INFANTIL (3 anos)

SISARGAS. Urbano Lugrís
INFANTIL (4 anos)
O BERRO. Edvuard Munch
INFANTIL (5 anos)
CAMUFLAXE. Noemí Núñez
PRIMEIRO EP
GUERNICA. Pablo Picasso
SEGUNDO EP
CAVEIRA CON CIGARRO. Van Gogh
TERCEIRO EP
AS TRES BRUXAS DE MACBETH. Alexandre Marie Colin
CUARTO DE EP
SOÑO DUNHA TARDE DOMINICAL NA ALAMEDA CENTRAL. Diego Rivera
QUINTO EP (Grupo A)
BARCOS. Urbano Lugrís Vadillo
QUINTO EP (Grupo B)
O VELLO GUITARRISTA CEGO. Picasso
SEXTO DE EP
O PESADELO. Johann Heinrich Füssli
Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 22-10-2018 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
PINTANDO, PINTANDO, O TEMPO VAI PASANDO...
E así imos chegando ao gran día da festa de reapertura da biblioteca. Xa estou desexando que veñades visitarme!!!


FOTOS
Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 19-10-2018 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUIMOS LENDO E PINTANDO
Ateigado está o cole de preciosos traballos realizados en familia polo noso alumnado. Dá gusto ver as paredes e os corredores cheos de creatividade e imaxinación. MOITOS PARABÉNS A TOD@S!!!


Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 19-10-2018 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
NESTE COLE HAI MOITA ARTE!!!!
Aínda seguimos recibindo fantásticos traballos das familias e do noso alumnado!!! Neste cole hai moita arte!!!
Que vos parece??!! SON ESTUPENDOS!!! Aínda podes ver máis fotos destes magníficos traballos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 17-10-2018 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
PRECIOSOS TRABALLOS EN FAMILIA!!!
Co remate do prazo para a entrega de traballos para a biblioteca, chega unha morea de auténticas obras de arte para a exposición que axiña estará nos corredores para o goce de toda a comunidade educativa. MOITAS grazas a todas as familias que colaboraron coa súa creatividade, coa súa ilusión, co seu tempo, co seu entusiasmo, coa súa complicidade e compromiso, demostrando, unha vez máis, que a educación dos nosos nenos e nenas é cousa de TOD@S.
Convidamos a toda a comunidade educativa a visitar e gozar da exposición. Para aqueles que non poidan achegarse ao centro teñen AQUÍ unha ligazón ao álbum de fotos onde iremos subindo todos os traballos. No panel lateral tamén atoparedes unha ligazón permanente ao álbum clicando nunha imaxe como a de abaixo
Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 15-10-2018 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS ARTISTAS!!!
Hoxe chegaron novos magníficos traballos para a exposición da biblioteca!!! Todos explicaron moi ben como xurdiron as ideas e como as puxeron en práctica, así como os materiais que empregaron e a contribución de cada membro da familia. MOITOS PARABÉNS A TODOS!!! Sodes uns artistas xeniais!!!!
PODEDES VER TODOS OS TRABALLOS AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: PDI 18/19: A PINTURA - Publicado o 15-10-2018 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats