O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

TEMPO DE SAMAÍN
Xa temos aquí o Samaín! E para escorrentar o medo non hai cousa mellor que cantar, e cantar ben alto. Aquí tes dúas cancións moi chulas do grupo Mamá Cabra, para que nin meigas, nin bruxas, nin curuxas, se acheguen a ti.

Lembrámosvos que no panel lateral temos o acceso a diferentes recursos para as distintas efemérides que adoitamos celebrar ao longo do curso.
Ademáis da nosa recompilación sobre o Samaín (panel lateral), tamén sacaredes algunhas ideas revisando as 
entradas doutros anos.
Se che interesa coñecer o programa de actividades que ofrece o Concello de Vigo para este samaín, preme na imaxe de abaixo
.

http://snl.vigo.org/archivos/noticias/20161021144402c88c251fec7f413c808d8fcd45e6677a.pdf
Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 27-10-2016 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
RESOLUCIÓN PLAMBE 16/17
O DOG de hoxe, 26 de outubro, publica a Orde de 13 de outubro pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017. A resolución detalla as contías asignadas a cada centro para este curso que para os centros con máis de dous anos de permanencia no programa será só para fondos, e para os incluídos nesta convocatoria e na correspondente ao curso anterior, será para fondos, mobiliario e outros equipamentos imprescindibles, así como para gastos de funcionamento. 
As bibliotecas escolares, deben ter, ademais, no orzamento "ordinario", derivado dos gastos de funcionamento do centro, de entre un 5% e un 10%, segundo as instrucións de comezos de curso da D.X. de Centros e Recursos Humanos. 
Intégranse 38 centros públicos e 10 centros concertados, polo que o total de centros integrados neste "rede de bibliotecas escolares" que constitúe o PLAMBE chega este ano a 615 centros, coa seguinte distribución:  
O Plan de mellora de bibliotecas escolares beneficia directamente a uns 181.600 alumnos e alumnas e ás súas familias e nel están integrados, tomados no seu conxunto, o 54% dos centros públicos galegos. 
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 26-10-2016 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
CUARTO DE EP: PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA
Seguindo co programa de actividades para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, hoxe foi a quenda do alumnado de cuarto de EP para facer a súa ansiada primeira visita á biblioteca do centro. Primeiro repasaron as normas e ensaiaron a utilización dos "marcadores de sitio" para que os libros estean sempre ben colocados nas estanterías:

Os encargados recolleron as "mochilas viaxeiras" que andarán polos seus fogares este curso:
Miraron con entusiasmo a exposición de novidades:
E, para finalizar, recolleron o agasallo de benvida que MIK lles tiña preparado:
FOI XENIAL!!!
FOTOS
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2016 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro é, desde hai 20 anos, o Día da Biblioteca, pois van xa dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres da "periferia", a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas.
Fermosísimo é o texto de Ledicia Costas, Premio dos Clubs de Lectura 2016, que nos facilita GALIX na súa orixinal versión en galego e do que entresacamos un parágrafo:
"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?"

En Galicia, a campaña de visibilidade da biblioteca escolar deste curso 2016/2017 lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas; e vivir é experimentar e compartir, pero tamén expresarse e comunicar a través das distintas opcións artísticas.
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2016 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA DA NOSA BIBLIO: UNHA VIAXE DE CONTO
A festa de reapertura da nosa biblio, o venres 21, resultou FANTÁSTICA grazas ao bo facer, o entusiasmo e a xenerosidade de Jõao Paulo Espanhol, un xoven artista brasileiro que nos engaiolou coa súa guitarra e a súa música. No marco do PDI deste curso sobre viaxes, países e culturas, "Unha viaxe de conto" foi o lema que presidiu o escenario onde se desenvolveu o espectáculo, ao abeiro do tema que centrará o traballo deste curso da biblioteca: A VOLTA AO MUNDO EN OITENTA HISTORIAS. Alumnado e profesorado aplaudiron, cantaron e bailaron ao ritmo da samba que Jõao Paulo nos brindou.
A próxima semana continuaremos con sorpresas e actividades coas que iniciaremos unha nova aventura rodeados da maxia da biblioteca. Como todos os anos, o noso ratiño MIK preparounos unha chea de propostas interesantes y moi divertidas que se irán desenvolvendo ao longo do curso.Estade atent@s!!!
FOTOS
Comentarios (7) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 22-10-2016 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTA OA MUNDO EN OITENTA HISTORIAS
Benvidos a este novo curso de parte da Biblioteca e, sobre todo, de parte de Mik, que xa está desexando embarcarse en novas aventuras. Este ano quere converternos a tod@s en exploradores e guías turísticos!!! Co noso proxecto: A volta ao mundo en 80 historias, percorreremos unha chea de países e descubriremos e aprenderemos moreas de cousas sobre monumentos, comidas, vestimentas, costumes e tradicións, música, problemas aos que se enfrontan noutros lugares…, e quen sabe cantas cousas máis.
Como punto de inicio e para cargarnos de enerxía, imos a ter como convidado na nosa festa de reapertura da biblioteca a Jõao Paulo Espanhol, músico brasileiro que leva metido neste mundo desde os oito anos. Aínda que agora vive aquí ao lado, en Sárdoma, é natural de Espirito Santo. Poida que Brasil sexa un dos países a investigar, quen sabe. Estes e outros misterios quedan para máis adiante, de momento a gozar do espectáculo!!Polo de agora teredes que completar as vosas pasaxes ata a aventura e deixalos na biblioteca a próxima semana. Será o voso "despegue" cara outros países e moitos descubrimentos.
Se queredes saber a sorpresa que recibiu o alumnado de cuarto de EP, pasade polo seu blog MI AULA e atoparedes fotos ben simpáticas de todo o que pasou esta mañá. Cotilleade un pouquiño polo seu curruncho. Sshhhhhh, unha pista:


Aproveitamos a ocasión para darvos a benvida ao novo curso escolar e desexarvos un estupendo 2016/2017. E xa sabedes que eu agardo impaciente as vosas visitas na biblioteca. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!!
Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2016/2017 e MOI FELICES LECTURAS!!
Comentarios (0) - Sección: PAÍSES E CULTURAS. PDI 16/17 - Publicado o 19-10-2016 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats