|
|
|
COMEZAN AS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA |
|
Por fin!! Esta semana comezaron as actividades da biblioteca, despois da reapertura e a estupenda celebración do Día das Bibliotecas Escolares. Todo o alumnado puido baixar na hora semanal de biblioteca que cada grupo ten asignada. Tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS emprenderon a súa andaina polos fogares dos nenos e nenas, cargadiñas de fantásticos materiais para gozar en familia. Os recreos son, tamén, unha oportunidade para achegarse á biblioteca e aproveitar os momentos de lecer para mergullarse nos libros. A tod@s, FELICES LECTURAS!!!
|
|
|
|
NOVOS RECURSOS PARA O SAMAÍN |
|
PARA FACER CAVEIRAS CON CABAZAS: PARA FACER AS CABAZAS MÁIS TERRORÍFICAS: FACENDO MANDALAS CON ELEMENTOS NATURAIS: PARA DECORAR A AULA: E, POR SUPOSTO, A NOSA HABITUAL PÁXINA DE RECURSOS:
|
|
|
|
UN DÍA MOI LUMINOSO: O NOSO DÍA DA BIBLIOTECA |
|
XENIAL, FANTÁSTICO!!! Hoxe tivemos un día moi especial pois celebramos o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Levamos toda a semana agardando este día porque a partir de agora xa poderemos gozar da nosa biblio durante todo o curso. O cole estaba precioso, decorado cos fermosos traballos que fixemos coas nosas familias e que adornaban os corredores e a entrada. A xornada transcorreo tal e como estaba no PROGRAMA:
Primeiro, cada grupo/clase visitou a biblioteca onde nos agardaba MIK vestido cunha bata de científico moi chula. Alí lembramos as normas de uso, para que todo funcione estupendamente, examinamos as dúas exposicións (temática e de novidades) cheas de libros noviños que nos encantaron a tod@s e que estamos desexando ler e, por suposto, non esquecemos recoller as mochilas viaxeiras repletas de estupendas lecturas.

Tamén estaban alí as carpetas da biblioteca e os carnés de usuari@s para os nenos e nenas de primeiro e os compañeiros e compañeiras doutros cursos que chegaron nov@s este ano. E, para finalizar a visita á nosa biblio, MIK agasallounos cunha saborosa lambetada para tod@s.
Xa fóra da biblioteca, paseamos polos corredores para disfrutar dos magníficos traballos elaborados en familia para este día.
Despois das primeiras emocións aínda quedaba asistir a unha divertida representación teatral titulada "QUE TRABALLO TAN CURIOSO", promovida polo CSIC, na que participaron Luisa Martínez (científica do CSIC), acompañada dos actores Sonsoles Cordón e Carlos Godoy. O salón de actos estaba a escuras pero na entrada había unhas luciñas de cores que escintilaban e quedaban moi ben. A representación foi moi "científica" e tivemos a ocasión de ver "en persoa" uns virus e unhas bacterias moi churrusqueiras pero un pouco trastes (menos mal que contamos cos científic@s para que nos libren delas!!!).
Cando rematou a función apareceu... LUCIÑA!! Ela contounos que hoxe é o Día das Bibliotecas, en especial da nosa, e que por iso fixemos esta festa tan guai.
Un ano máis, sentimos a satisfacción de ter vivido uns momentos moi emocionantes e marchamos para as nosas casas moi satisfeitos polo día tan "luminoso" que gozamos compartindo.
O noso agradecemento a Luisa, Carlos e Sonsoles por ofrecernos "en primicia" o seu fantástico espectáculo. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!QUE DÍA TAN ESTUPENDO!! PASÁMOLO XENIAL!! GRAZAS, TAMÉN, AO NOSO BENQUERIDO MIK!! Se queres ver todas as nosas fotos PREME AQUÍ XA VERÁS QUE CHULAS!!
Por certo, axiña teremos en vídeo os "momentos estelares" da obra de teatro. Estade atent@s!!Ai, que case me esquezo de algo moi importante!! MIK tamén recibiu dous magníficos agasallos cos que decorar a biblioteca e cos que ,seguro, brillará moito: un deles tróuxollo Estela, de cuarto de EP; o outro fixérono os nenos e nenas de terceiro de EP. Mirade que luciñas tan feitucas!! MIK está contentísimo!!
|
|
|
|
BIBLIOUTUBRO |
|
Un precioso texto que, seguro, nos levará á reflexión: escola, lectura, biblioteca...
BIBLIOUTUBRO
David Otero
Velaí un bibliomés deste biblioano.
Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).
Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.
Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.
Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois) e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.
A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.
|
|
|
|
|
|