O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!


















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633


outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MOCHILAS VIAXEIRAS
Un ano máis, as MOCHILAS VIAXEIRAS comezan a súa andaina polos fogares do noso alumnado, unhas mochilas renovadas con novos materiais, e que xa reclamaban os nenos e nenas de todas as aulas. Visitarán as casas de tod@s vós e regresarán en xuño, agardando que cheguen cheas de bonitas experiencias lectoras. Aquí tendes os primeiros afortunad@s do segundo ciclo:
Esperamos que os materiais incluídos sexan do voso agrado e que poidades gozar duns estupendos momentos de lecturas compartidas en familia.
Podedes consultar a continuación o contido das mochilas.


BOA VIAXE E FELICES LECTURAS!!!

Comentarios (0) - Sección: MOCHILAS VIXEIRAS - Publicado o 26-10-2013 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
REVIVINDO EMOCIÓNS
Como o prometido é débeda, aquí vos deixo a primeira parte da actuación de Beatriz e Begoña Riobó durante a nosa festa da biblioteca. Axiña teremos o espectáculo completo co que actualizaremos esta mesma entrada.

ACTUALIZACIÓN: xa está aquí o resto do espectáculo do 23 de outubro. DISFRUTÁDEO!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 24-10-2013 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
CRÓNICA DUN DÍA MOI ESPECIAL: O NOSO DÍA DA BIBLIOTECA
IM-PRE-SIO-NAN-TE!!! Hoxe, por fin, a biblioteca do centro reabriu as súas portas para toda a comunidade educativa, cun "menú" de propostas que nos gustaron moitísimo. Todos agardabamos con impaciencia este día e abofé que non decepcionou a ninguén. De primeiro plato, cada grupo/clase visitou a biblioteca onde atoparon un "kiosko" moi especial e onde "saborearon" diferentes actividades: lembraron as normas de uso, leron un conto, viron un vídeo, examinaron as dúas exposicións (temática e de novidades) e, por suposto!, recolleron os estupendos agasallos de MIK.

Alí estaban as carpetas da biblioteca para os nenos e nenas de primeiro, xunto cos seus carnés de usuari@s, as mochilas viaxeiras, repletas de fantásticas lecturas, e unha "amorosa" lambetada preparada polo noso "Arguiñano" particular.





De plato forte tivemos unha espléndida actuación musical a cargo de dúas profesionais con moitísimo talento: Bea e Begoña Riobó, nai e tías de alumnos do centro, que nos entusiasmaron co seu bo facer, achegándonos ao mundo do "bel canto", mostrándonos o seu virtuosismo e encantándonos coas súas explicacións sobre os distintos instrumentos que utilizaron: violín, zanfona, flauta, arpa e gaita. Foi durante a súa interpretación de música galega cando subiu ao escenario unha "espontánea" de cinco anos que nos encandilou co seu baile. O público, sorprendido ao principio por un tipo de canción pouco afeito a escoitar, non paraba de aplaudir.




E xa de sobremesa, paseamos polos corredores para disfrutar dos magníficos traballos elaborados en familia para este día.
Rematou a mañá coa ledicia de ter vivido uns momentos moi emocionantes e marchamos para as nosas casas cun saboroso regusto e moi satisfeitos polo exquisito "banquete" que compartimos un ano máis.
Queremos agradecer moi especialmente a xenerosidade de Bea e Begoña por ternos ofrecido unha velada tan fantástica. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

Podedes ver o álbum con todas as fotos deste día AQUÍ

Permanecede atent@s porque proximamente traeremos os vídeos da actuación musical para que toda a comunidade poida gozar duns momentos tan especiais.
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 23-10-2013 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA CITA MOI IMPORTANTE
Mañá é o gran día da nosa biblioteca xa que se reanudan os servizos para toda a comunidade educativa. Xa estamos impacientes por ver as sorpresas que Mik nos ten preparadas!! Seguriño que o pasaremos requetebén vendo as actuacións e visitando a biblioteca por primeira vez este curso. A partir de agora xa poderemos levar en préstamo libros, películas, revistas..., e tamén as MOCHILAS VIAXEIRAS!!
Por certo, MIK deixounos ver por un buraquiño un KIOSKO moi xeitosiño cheo de LECTURAS CON SABOR. Que non o credes??! Pois aquí vos deixo un petisco:
EXPOSICIÓN TEMÁTICA "LECTURAS CON SABOR":


A que vos gustou? Pois mañá haberá máis sorpresas! Aquí está o PROGRAMA.

Queremos agradecer a colaboración dos Supermercados FAMILIA que nos cedeu os carriños da compra para complementar a decoración dos espazos. MOITAS GRAZAS!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 22-10-2013 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTÁN TODOS!!
Xa podemos disfrutar a pracer do talento do noso alumnado e das súas familias!! Aquí tendes o resultado da convocatoria para ilustrar o lema da biblioteca: "PON A LECTURA NA TÚA DIETA"
(os rezagados poden entregar o seu traballo mañá durante o recreo)

Se queres ver o álbum completo preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 21-10-2013 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
CINE PARA O SAMAÍN: A BRUXA REGAÑADENTES

Podes velo en pantalla completa se premes no cadradiño de abaixo, á dereita.
Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 19-10-2013 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
FANTÁSTICO!!
Un curso máis, a creatividade enche os corredores do centro!! O noso alumnado, en colaboración coas súas familias, volveron sorprendernos cuns extraordinarios traballos que ilustran o lema deste ano da biblioteca: "PON A LECTURA NA TÚA DIETA". Mañá remata o prazo de entrega polo que aínda agardamos máis fantásticos cartaces. Moitas grazas a tod@s pola vosa complicidade e dedicación!! (Preme na imaxe de abaixo para acceder ao álbum que iremos completando coas novas achegas): 

Comentarios (1) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 16-10-2013 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Hoxe, 16 de outubro, celébrase o DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN (proclamado en 1979 polos Estados membros da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). Este ano o lema é "Sistemas alimentarios sostibles para a seguridade alimentaria e a nutrición".
Imaxe do artista austriaco Friedensreich Hundertwasser (1928-2000)

A finalidade desta celebración é concienciar á población sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. (Recollido en Biblioteca escolar Víctor Sáenz).
Desde o CEIP DE PONZOS en Ferrol achégannos esta presentación moi relacionada co tema do día e co proxecto documental que nos ocupa este ano:
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 16-10-2013 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
OUTONO 2013: RECURSOS

Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística achégannos esta completa recompilación de materiais e recursos para traballar o outono e o magosto.
Podes atopar moitos máis no panel lateral:




E tamén podes ver o MAGOSTO NO CEIP MESTRES GOLDAR
http://www.xunta.es/linguagalega/outono_materiais_e_recursos
Comentarios (0) - Sección: Outono - Publicado o 12-10-2013 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
PON A LECTURA NA TÚA DIETA

Xa empezaron a chegar os estupendos traballos realizados polo noso alumnado en colaboración coas súas familias. Novamente, a orixinalidade e a creatividade invaden os corredores do centro. Velaí vai un "petisco". Axiña poderemos disfrutar tod@s coa exposición "PON A LECTURA NA TÚA DIETA". Estade atent@s!!! (Preme na imaxe para ver o álbum)
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 11-10-2013 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats