O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

TODO A PUNTO...
...PARA O GRAN DÍA!!Mañá celebraremos o Día da Biblioteca Escolar e reabriremos o servizo para toda a comunidade educativa. Contamos cun programa de actividades que seguro que vos gustarán a tod@s, no que non faltarán os agasallos e as sorpresas. Claro que os preparativos levaron o seu tempo pero... pagou a pena! Despois de que apareceran as cartas de Mik e Pinguiña, todo o mundo se puxo mans á obra e pouco a pouco o centro foise transformando: apareceron paraugas, choveron libros, os corredores están ateigados de cartaces co lema da biblioteca... Só queda agardar a que chegue mañá e, a verdade, xa estou impaciente. Agárdovos a tod@s na biblio! ATA MAÑÁ!!
Déixovos varias imaxes que vos darán algunha pista do que ocorrerá nun día moi especial:



Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 18-10-2012 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
FAMILIAS EN ACCIÓN ( III )
E aquí temos máis!! Moitas grazas a todas as familias que con tanto entusiasmo contribuíron cos seus fantásticos traballos á campaña de promoción da lectura organizada pola biblioteca do centro.
PARABÉNS, ARTISTAS!!



ATOPACHES O TEU??

Podes ver todos os cartaces xuntos nas fotos de abaixo:


Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 15-10-2012 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
FAMILIAS EN ACCIÓN ( II )
DEMOSTRADO!! Aquí tedes a proba de que no noso cole hai moitos artistas. Fixádevos ben porque todos os traballos están cheos de detalles orixinais:



PARA VER TODOS OS TRABALLOS XUNTOS, CLIC AQUÍ

Comentarios (1) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 15-10-2012 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO E MIRANDO, MIRANDO E LENDO...
No blog de Tolinha, onde sempre hai algún "tesouro", atopei estas preciosas ilustracións de Iván Alfaro.
Ademáis de gozar da súa beleza, podedes xogar a identificar os contos que aparecen no cartafol e seguro que che entrarán ganas de lelos todos(xa sabes, pasa pola biblio...):


Tamén vos recomendo que vos pasedes polo blog do ilustrador, onde atoparedes recollidos os seus traballos que, ao meu parecer, son moi fermosos. Preme na imaxe da Fada Morgana para acceder:

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-10-2012 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
FAMILIAS EN ACCIÓN. ( I )
Xa empezaron a chegar os primeiros traballos realizados en familia para a campaña de fomento da lectura promovida pola biblioteca arredor do proxecto documental de centro. Como ocorre habitualmente, a resposta das familias é masiva, implicándose e colaborando coas nosas propostas, facéndose cómplices no noso empeño por formar lectores e lectoras competentes. Novamente, a imaxinación, a creatividade e a orixinalidade son protagonistas nestes fantásticos cartaces, conseguindo, unha vez máis, sorprendernos a tod@s. Convidámosvos a ver a exposición na entrada e nos corredores do cole. PAGA A PENA!!
Para os que non poidades pasarvos polo centro déixovos un "aperitivo" para que vaiades gozando desta magnífica "choiva" de ideas e talento artístico:


Para acceder ao álbum de fotos preme AQUÍ. Iremos engadindo novos traballos segundo nos vaian chegando. Estade atent@s!!
Comentarios (2) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 12-10-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA A CONTA ATRÁS
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 10-10-2012 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
CHOVEN LIBROS!!
É ben raro o que está pasando no noso cole!! Desde que hai uns días nos visitou Pinguiña, chove sen parar!!, e non te creas que é unha choiva calquera, que va...!! Dicía Juan Luis Guerra que "ojalá que llueva café...", pois a nós chóvennos LIBROS!! (que non é mala choiva para a colleita que procuramos: bos lectores e lectoras!) E, claro, non é de estrañar que andemos tod@s enchoupad@s na lectura, mesmo as familias do noso alumnado resultaron salferidas (estamos desexando ver o resultado desa "molladura").
Que non o credes? Pois aquí vos deixo a proba de que algo asombroso está pasando no Mestres Goldar (será cousa de meigas ou terá que ver co noso ratiño MIK??):


Comentarios (0) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 07-10-2012 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
ENCHÓUPATE NA LECTURA
Despois da fantástica visita de Pinguiña, seguro que xa averiguastes cal será o tema que teremos que investigar este ano, a que si?! Pero, por se hai algún despistad@, hoxe deixeivos un cartel á entrada da biblioteca que acabará con todas as dúbidas... Seguide moi atent@s porque irán aparecendo cousas que vos van sorprender e gustar moito.
Bicos ratunos


Comentarios (2) - Sección: A AUGA. PDI 12/13 - Publicado o 04-10-2012 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
GOZANDO DA HORA DE LER
Co comezo do curso empezou tamén a actividade “Hora de ler”, tal e como se ven facendo no noso centro desde hai varios anos. Ademáis do pracer que nos proporciona o feito de ler aquilo que nos apetece, o que nos interesa, o que nos divirte, o PLSS (Programa de Lectura Silenciosa Sostida) ten outras virtudes, como xa vos comentaba noutra entrada.
Como é habitual, en cada aula fixéronse os preparativos precisos: o alumnado achega os seus libros preferidos,
colorean marcapáxinas e carteis para as portas da aula, decórase o recuncho dos materiais, establécense as normas..., para que nada falle e tod@s poidamos gozar cada día, despois do recreo, duns estupendos 25 minutos de lectura silenciosa.


Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 03-10-2012 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats