O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

BAILAMOS UN ROCK?
Mentras Mik anda nas súas cousas, podemos ir ensaiando este baile tan divertido que atopei aquí para escorrentar o medo na noite do Samaín.

Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 16-10-2011 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
ISTO É LONDRES
MIK anda moi misterioso e atarefado nestes días. Agora deixounos este precioso libro na biblioteca e supoñemos que pode ser unha pista do que o ten tan ocupado. Ti que opinas?

Isto é Londres é o segundo dos álbums creados polo ilustrador checo Miroslav Sasek (1916-1980) dedicados ás cidades do mundo, que recupera El Patito Editorial a partir da súa edición orixinal de 1959. A obra presenta, cunha ollada brillante e ateigada de encanto, un percorrido pola cidade de Londres co que gozarán tanto os pequenos lectores coma os adultos pola exposición directa e sinxela dos textos e as súas sempre sorprendentes ilustracións. Sasek evoca o espírito da cidade, que nos recibe coa súa característica brétema e nos despide coa chuvia, amosando unha completa información sobre as súas xentes, a indumentaria, o transporte local, os parques, as prazas, o río, a hora do té, o caos de Piccadilly... Outra viaxe da man dun clásico. (Recensión da editorial)

Comentarios (2) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 15-10-2011 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
ENTRENANDO
Ultimamente MIK tennos moi preocupados porque nestes días non para na biblioteca. Algo debe de estar argallando porque pasa todo o tempo entrenando e facendo deporte. Será que quere botar músculo? Vós que pensades?


Comentarios (1) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 14-10-2011 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
UN NOVO BLOG NO NOSO COLE!!
Temos un novo blog no noso cole, O CURRUNCHO DO SEGUNDO CICLO, onde o alumnado de 3º e 4º de Primaria irán colgando os seus traballos e contándonos as súas cousas, que seguriño serán ben interesantes. Recoméndovos que visitedes este "curruncho" e que vexades que guap@s e que traballadores son os seus protagonistas. Desde este recanto tamén podedes viaxar ata alí a través da ligazón que vos deixo no panel lateral.
Benvid@s e boa andadura polo ciberespazo, amig@s!!!


Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 13-10-2011 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZARON A SÚA ANDAINA
O pasado venres, día 7, as mochilas viaxeiras emprenderon viaxe para percorrer os fogares do alumnado do noso centro, desde Infantil ata sexto de Primaria. Unha morea de contos, poesías, música, películas... saíron da biblioteca e non regresarán ata maio, seguramente con moito que contar nos seus cadernos viaxeiros despois de moitas horas de estadía coas familias de todos os nenos e nenas do noso cole.
¡BOA VIAXE E BOAS LECTURAS!

(Preme na imaxe para ver a presentación, agarda un pouco a que cargue. Se queres, podes baixar as fotos, velas con ou sen música...)
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Make a free digital collage

Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 08-10-2011 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
MAZÁS QUE CAMBIARON O MUNDO
Houbo unha vez, no pasado, tres mazás que cambiaron o mundo (preme nas ligazóns para saber máis):



(Anotación recollida nun blog amigo. Grazas, Isabel.)

A continuación déixovos unha biografía en viñetas sobre o desaparecido Steve Jobs, obra de Neo Labels:



Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 07-10-2011 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDANDO AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están preparadas as MOCHILAS VIAXEIRAS, que mañá comezarán a súa andaina polos fogares de todo o alumnado de Infantil e Primaria e que non regresarán ata o mes de maio. Esperamos que os materiais seleccionados sexan do voso agrado e que gocedes en familia destas lecturas compartidas.



NON ESQUEZADES FACER AS VOSAS ANOTACIÓNS NOS CADERNOS VIAXEIROS!!

Comentarios (2) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 06-10-2011 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGOU O CARTEIRO!!
Menuda sorpresa!! Esta mañá o carteiro trouxo cartas de MIK, unha para todos os nenos e nenas do cole e outra para as familias. Puxémonos contentísimos e estamos desexando empezar a traballar.
Se queres, podes ler as cartas que recibimos premendo nos sobres:




Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 03-10-2011 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
LER POR DEPORTE
Estamos na fase de "quentamento" do noso proxecto documental que, en colaboración co EDNL, levaremos a cabo no noso centro: OS XOGOS OLÍMPICOS. O día 25 de outubro soará o "disparo de saída", xornada na que celebraremos, ademáis, o Día das Bibliotecas Escolares e a reapertura da nosa biblioteca para toda a comunidade educativa.
Como era de esperar, MIK xa anda argallando algunhas sorpresas polo que teredes que estar atentos para non perder detalle.
Ídevos preparando porque este curso imos... (Preme na imaxe para ampliar)

 Fonte
Comentarios (10) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 01-10-2011 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats