O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

MARCAPÁXINAS MONSTROSO
Non sabedes que facer nun día chuvioso e sen cole como o de hoxe? Aquí tendes unha idea: facede un marcapáxinas monstroso seguindo as instrucións que se explican AQUÍ e despois... a LER!!


Comentarios (3) - Sección: Samaín - Publicado o 31-10-2011 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
AS QUE FALTABAN
Por fin aquí tendes a terceira e última entrega de cartaces que o noso alumnado elaborou en colaboración coas súas familias co motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares.
Novamente, MOITAS GRAZAS A TOD@S!!

LER, un deporte para tod@s III on PhotoPeach

Se queres ver a totalidade dos traballos preme na imaxe seguinte:
carteles_familias_DÍA_BIBLIOTECAS


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 30-10-2011 02:13
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO DÍA DAS BIBLIOTECAS
"LER, un deporte para tod@s"
Con este lema, o martes vivimos no noso cole unha xornada especial na que celebramos o Día das Bibliotecas Escolares e reabrimos a nosa biblioteca a toda a comunidade educativa.
Nos días previos todas as titorías e as familias do noso alumnado recibiron unha carta de MIK para encomendarlles unha tarefa "moi deportiva" (VER).
Como xa ven sendo habitual, a resposta foi masiva e os traballos presentados resultaron ESPECTACULARES. Con todos eles fixemos unha exposición que decora o vestíbulo e os corredores da zona de entrada á biblioteca. O mural da parede, cartaces nos paneis e moitos globos contribuíron a crear un ambiente de festa que convidaba a practicar un dos nosos deportes favoritos, A LECTURA.

Ao longo da mañá desenvolveuse un programa de actividades no que houbo de todo: visita á biblioteca para recordar normas, distribución de espazos..., exposición de novidades, sesión de contacontos a cargo de Mario Tomás, preciosos agasallos para MIK, agasallos moi doces para os nenos e nenas, carpetas, marcapáxinas e... ata houbo quen se atreveu a bailar un rap ( "Co deporte de ler, maniotas non vas ter" ).
Aquí vos deixo unha pequena mostra en imaxes de como se desenvolveu o día. Se premes nas ligazóns anteriores poderás acceder a máis fotos.
O NOSO DÍA DAS BIBLIOTECAS 2011 on PhotoPeach


E xa sabes:
"CO DEPORTE DE LER, MANIOTAS NON VAS TER"

Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 27-10-2011 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
DEBERÍAMOS APRENDER
En cantos momentos son os nen@s os que nos dan unha lección!!

Comentarios (1) - Sección: Vídeos - Publicado o 26-10-2011 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
LER, un deporte para tod@s II
Como o prometido é deuda, aquí vos deixo a segunda entrega desa colección de magníficos traballos que elaborastes xunto coas vosas familias. Pronto teredes tamén a crónica do día da reapertura da biblioteca. ESTADE ATENT@S!!

LER, un deporte para tod@s II on PhotoPeach



Comentarios (2) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 26-10-2011 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
LER, un deporte para tod@s

Mañá será un día moi especial no noso cole xa que reabriremos a biblioteca a toda a comunidade educativa e celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares (clic aquí para ver o programa). Ao longo deste mes, o noso alumnado, en colaboración coas familias, contribuiu á festa coa elaboración duns magníficos cartaces que ilustran o lema da nosa campaña de fomento da lectura "LER, un deporte para tod@s", alusiva ao tema do proxecto documental integrado do centro: Os xogos olímpicos.
Novamente, a creatividade e a orixinalidade espalláronse polos corredores do vestíbulo nunha exposición de traballos que causan admiración e que recomendamos enormemente que non deixedes de visitar. Iremos traendo a este recanto algunhas fotos, para todas aquelas persoas que non poidan pasar polo cole.
Queremos aproveitar para agradecer ás familias a súa constante colaboración e a súa numerosísima participación nesta proposta. MOITAS GRAZAS!!!
E como seguro que moitos de vós xa o estades desexando aquí vos deixo a primeira entrega dunha fermosa colección de esforzos e de moito entusiasmo:
LER, un deporte para tod@s on PhotoPeach

Comentarios (5) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 24-10-2011 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECA ESCOLAR, ÚLTIMA XERACIÓN
Para celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar (segundo convocatoria da IASL), un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, ilustradora do mundo do cómic, interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración, e ofrécenos unha visión alegre e cómplice do que son e poden ser as bibliotecas escolares: lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía.
As bibliotecas escolares están xa inmersas en proxectos e actividades porque, por moi escuro que sexa o futuro, nas nosas bibliotecas non se deixa de soñar. (De Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas)



Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 24-10-2011 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS CRÍTICA GALICIA 2011
Onte, 22 de outubro, nun acto celebrado en Vigo, baixo o lema Eis o canto eterno dunha terra, recollido dun verso de Lois Pereiro, foron entregados os Premios da Crítica Galicia 2011, cos que se pretende poñer de manifesto a excelencia e relevancia dos traballos individuais e colectivos máis destacados ao longo do ano 2010 en todos os campos da creación cultural e da investigación de Galicia.
Foron galardoados nesta XXXIV edición a escritora Ana Romaní no apartado Creación Literaria, o físico e divulgador científico Jorge Mira en Investigación, a orquestra Son de Seu en Música, Proxecto Terra, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en Iniciativas Culturais, Ángela de la Cruz en Artes Plásticas e Visuais, e a compañía Teatro Chévere en Artes Escénicas e Audiovisuais.
Á cerimonia de entrega asistiron preto de catrocentas persoas do ámbito da cultura, da política e da sociedade galega.
Moitos parabéns aos organizadores do evento e, por suposto, a tod@s os galardoados!!
Serigrafía de Antón Pulido coa que foron agasallados todos os asistentes ao acto:


Os XXXIV Premios Crítica Galicia nos medios:
- En Brétemas
- En La Voz de Galicia.es
- No Blog da Fundación Premios da Crítica Galicia
- En
La opinion.es
- En El pais.com

Comentarios (1) - Sección: Varios - Publicado o 23-10-2011 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
O EMBIGO DO MUNDO
O aforo da sala do Museo do Mar de Vigo quedou pequeno ante a grande afluencia de público á presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2011. Ao longo dunha hora asistimos a un espectáculo que, baixo o título “O embigo do mundo”, unha metáfora que pretende transmitir a idea dun mundo creado a partir da nosa propia identidade, mesturaba o teatro, a danza, a fotografía e a música con anacos da obra literaria de Xavier Queipo.
Poucas veces teño presenciado un acto destas características que, ao tempo que se ía desenvolvendo, facía medrar no meu estómago o verme da fame de ler, unha ansia voraz de meterme en Extramunde, provocando en min a necesidade de comezar canto antes a lectura desta obra que de seguro marcará u fito na novela contemporánea galega. E niso estou, cos primeiros bocados que saboreo intensamente e que me levan a engulir sen parar, gozando da travesía que me conducirá ata a illa de Borneo...


Se queres saber máis cousas sobre Xavier Queipo, visita a súa páxina web.

Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 22-10-2011 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
XOGO DO SAMAÍN
E despois de bailar podemos descansar un pouco con este xogo de preguntas sobre o SAMAÍN. Poderás facer o puzzle para gañar o xogo? Preme na imaxe para comezar:


Comentarios (0) - Sección: Samaín - Publicado o 18-10-2011 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats