O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CERIMONIA DRUIDA NO SAMAÍN

Carmen Lodeiro fainos unha crónica da celebración no seu cole da festa do Samaín, no seu estupendo blog A contadora de soños. Aquí vos deixo a presentación da cerimonia druida que levaron a cabo:

En Samaín os druidas, sacerdotes celtas, facían un ritual: prendían lumes sagrados frotando pólas de serbal e de teixo. Logo, deste lume, alimentábanse todas as lareiras das casas. Servía para axudalos a pasar o tempo de sombras e protexer e guiar as ánimas.

PARABÉNS!!


Comentarios (1) - Sección: Varios - Publicado o 31-10-2009 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
CANTANDO E XOGANDO NO SAMAÍN

Aí chega O SAMAÍN e temos que ir preperándonos para pasar moito MEDOOOOO. As caveiras de cabaza xa están polos corredores do cole agardando a noite de difuntos. Aquí che deixo dúas cancións do grupo Mamá Cabra, moi boas para escorrentar as pantasmas, esqueletes, bruxas e curuxas todas. Apréndea de memoria para cantar e bailar o próximo venres.


LETRA


E despois de cantar podes XOGAR:


Comentarios (3) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 27-10-2009 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
O DIARIO DE BERTO
Para rematar ben este domingo chuvioso podes ver esta curta de dibuxos animados que seguro que che vai encantar:

“O Diario de Berto” xira en torno á historia dun neno que decide apuntar no seu diario todo o que lle vai contecendo: as relacións cos seus amigos e familia; e todo o vinculado ao seu entorno físico e social. Tamén os seus desexos e inquietudes, os pequenos problemas que resultan inmensos para el… É un neno dunha grande sensibilidade e imaxinación que quere ser astronauta, pero considérase a si mesmo demasiado feo, baixiño e pequeno para alcanzar o seu soño. A través dos seus ollos saberemos qué é a gravidade, por qué vai friaxe no inverno ou cómo funciona un avión, entre outras cousas. (Extraído da Ficha da web da Axencia Audiovisual Galega)




Comentarios (1) - Sección: Varios - Publicado o 25-10-2009 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES

Durante esta fin se semana, 23 e 24 de outubro, celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. E alí atopámonos 1200 mestres e mestras comprometidos coas nosas bibliotecas, dispostos a absorber todo o que o inmellorable plantel de expert@s que estaban convocados nos ía ofrecer. O tema central das xornadas foi "NOVAS LECTURAS, NOVOS LECTORES", o que prometía interesantes aportacións sobre necesarios cambios metodolóxicos provocados polo contexto social e tecnolóxico no que nos atopamos. Nomes da categoría de Daniel Cassany, Luis Iza, Guadalupe Jover, Tíscar Lara e Glória Durban conformaron un programa de luxo. Coas súas exposicións abriron novos camiños, plantexaron novos retos e propuxeron aspectos para a reflexión. Ao mesmo tempo brindáronnos novos enfoques e pautas para lograr bibliotecas escolares integradas de xeito natural nas prácticas educativas dos centros.
Por outra banda, compañeiras de varios centros expuxeron as súas experiencias en canto a Proxectos lectores, clubes de lectura e "Hora de ler".
Pero non todo foi traballo. Como peche das xornadas puidemos disfrutar do humor de Carlos Blanco, que foi quen de provocar gargalladas e de facer que o sorriso nos acompañara no regreso ás nosas casas.
Dende aquí os meus parabéns a Cristina Novoa e Pilar Sampedro, artífices dunha impecable organización.
MOITAS GRAZAS E ATA O ANO QUE VEN!!

ACTUALIZACIÓN: podedes atopar unha completa reportaxe en O Segrel do Penedo

Comentarios (5) - Sección: Biblioteca - Publicado o 24-10-2009 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO NAS AULAS

Como ven ocorrendo nos últimos cursos, estase levando a cabo a actividade que denominamos "Hora de ler" e que consiste en manter 25 minutos de lectura silenciosa simultaneamente en todo o centro. Algúns materiais foron aportados polos propios nenos e nenas e outros proceden da biblioteca. Ao voltar ás aulas, despois do recreo, comeza a sesión de lectura silenciosa na que cadaquén le aquilo que máis lle apetece, xa que se trata de convertir a lectura nunha actividade pracenteira, que nos proporciona goce e satisfacción. Esta é unha proposta incluida no proxecto lector de centro e conta cunha valoración moi positiva de todo o profesorado e do alumnado.

(Preme no altavoz que está na parte superior das fotos. Se pasas o cursor enriba das fotos poderás detelas e ver de que grupo se trata)




Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 22-10-2009 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
BOA VIAXE!!
As mochilas viaxeiras emprenden viaxe!!


O venres, día 16, partiu a segunda quenda de mochilas para percorrer os fogares dos nenos e nenas de 1º, 2º e 6º de Primaria. A semana pasada xa saíran as de 3º, 4º e 5º cursos. Este xa é o terceiro ano que levamos a cabo esta actividade coa que se pretende achegar a lectura ao ámbito familiar dunha maneira lúdica e atractiva. As mochilas portan materiais en diferentes soportes coa idea de experimentar e disfrutar doutros "xeitos de ler". Tamén inclúen un "caderno viaxeiro" onde as familias anotan as súas impresións sobre a actividade e os materiais. Polo de agora, a resposta é moi boa e esta proposta ten unha espléndida acollida.

¡¡BOA VIAXE!!




MÁIS FOTOS


Comentarios (5) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 17-10-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
MIRADE QUE BONITA!!

A nosa amiga Raioteca enviounos esta preciosa tarxeta. Aquí vola deixo para que a disfrutemos tod@s. MOITAS GRACIAS, RAIOTECA!!!

Comentarios (8) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 17-10-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
GRACIAS

¡HOXE FOI UN DÍA EMOCIONANTE!
Quero dar as gracias aos nenos e nenas, familias e blogs amigos (Puca, Raioteca, Isabel, Carmen Lodeiro) que durante estes días me fixestes chegar o voso agarimo. ¡¡GRACIAS!!

A entrada do cole está chea de tarxetas de felicitación que fixeron os nenos e nenas para agasallar a MIK. Escribiron cousas ben fermosas e fixeron uns traballos estupendos. Déixovos unha mostra. Poderedes ver máis en Ti tamén contas.





Durante o recreo Mik convidou a chuches:


PASEINO MOI BEN!!


Comentarios (5) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 16-10-2009 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
MAIS CELEBRACIONS!! ESTAMOS DE CUMPLEANOS
Queridos amigos e amigas, o venres, día 16, estaremos de aniversario. Como pasa o tempo!! Xa levamos dous anos compartindo as nosas experiencias, descubrindo novos camiños, recollendo ideas, facendo amig@s e aprendendo moito con todos vós. Queremos darvos as GRACIAS polas vosas visitas, polos vosos comentarios ou simplemente por estar aí, acompañándonos nesta aventura. Mik atopou neste "recanto" unha fiestra pola que asomarse ao mundo e pola que deixar entrar os ventos fresquiños doutras escolas, coas que compartimos inquedanzas e ilusións.
GRACIAS tamén ás familias que nos visitan, ás que participan, ás que nos dan pulo..., e a todo o alumnado, que se involucra dun xeito entusiasta nas nosas propostas. E, por último, GRACIAS ao profesorado, que se implica, media, motiva, anima... MOITÍSIMAS GRACIAS A TOD@S!!!
Pero temos dúas celebracións!! Por unha banda, o segundo aniversario de "O recanto de Mik", e por outra, MIK tamén celebra o seu cumpleanos. E vouvos dicir un segredo (non llo contedes a MIK): os nenos e nenas do cole están preparando unhas tarxetas de felicitación chulísimas.


Comentarios (25) - Sección: Varios - Publicado o 13-10-2009 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
CRÓNICA DUN DÍA: ABRE A BIBLIOTECA
Dende o venres, día nove, xa podemos disfrutar de novo dos servizos que nos ofrece a biblioteca do centro. Como acto simbólico, alumn@s e titores acudiron á biblioteca onde os agardaba unha estupenda sorpresa: o alumnado do 3º ciclo representou un inspirado cantar de cego co que sorprenderon a cantos por alí pasaron. Despois de aplaudir a actuación deste cego particular, visitaron a exposición das novidades onde moit@s non se conformaban con mirar e xa se dispoñían a ler "in situ". Para rematar, tod@s recibiron un bonito agasallo de benvida de mans dunha bruxa mensaxeira de MIK.
Dende aquí o noso agradecemento ao profe Toniño, excelente mestre de cerimonia, que nos fixo pasar uns momentos moi agradables. Gracias tamén á bruxa Pituxa, que tivo que empregar moitas pócimas e conxuros para poder acompañarnos a pesares de ter a vasoira estragada.

E agora a reportaxe gráfica:

O ESTUPENDO "CANTAR DE CEGO" (preme enriba para agrandar):



E AS FOTOS: ABRE A BIBLIOTECA



Se queres, podes ver AQUÍ máis fotos
E XA SABES, VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


Comentarios (22) - Sección: Biblioteca - Publicado o 11-10-2009 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats