O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

OS CONTOS E OS AFECTOS
Recollo un artigo publicado no
blog do servicio de Orientación do noso centro e que ven moito "a conto" do que a nós nos ocupa, o traballo nas bibliotecas a prol da lectura.


¿Que é un conto?
A palabra conto provén do latín computar, e significa contar, enumerar feitos, é dicir, relatar, narrar unha historia. Fundamentalmente o conto é metáfora, vida, emoción, soño, oportunidade, liberdade, memoria... ¡é afecto!

¿Para que serve lelos?
Para desenvolver emocións, para desenvolver a creatividade, a intelixencia, a linguaxe, o crecemento; para estimular o humor; para discriminar fantasía de realidade; aprender a dar e a recibir; incursionar no mundo artístico; para sublimar, xogar, enfrontar conflitos... En fin, para poder desenvolver unha identidade harmónica.!


¿Que son os afectos?
A palabra afecto deriva do latín affectus, e significa "pór en certo estado".
E en Psicoloxía, o afecto enténdese como "calquera clase específica de sentimento ou emoción, que impregna todos os feitos psíquicos e que posúe unha riqueza cualitativa inesgotable".
O afecto é un ingrediente innato con que contamos os humanos. O seu exceso ou a súa falta provoca dificultades, trastornos que en ocasións poden volverse moi serios para a nosa saúde mental: os afectos afectan, aféctannos, e producen un efecto.


¿O conto e os afectos?
¿E por que a lectura de contos podería exercer un efecto tal? Entre outras razóns, porque:
1) Os contos e os afectos humanízannos.
2) Os contos e os afectos introdúcennos na cultura.
3) Os contos e os afectos simbolízannos.
4) Os contos e os afectos ábrennos ao mundo dos outros.
5) Os contos e os afectos exercen un efecto terapéutico.
6) Os contos e os afectos consolidan a "persoa".




Comentarios (0) - Sección: Dep. Orientación - Educación - Familias - Publicado o 08-10-2008 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
E SEGUIMOS
E seguimos co outono...
Cada vez refresca máis, os días son máis curtos... pero a natureza compénsanos cunha paisaxe chea de luces, de músicas, de cores, de cheiros...




E agora unhas adiviñas:


ALTO PIMPÍN,

RUIN CABALEIRO;

RÓMPELLE A BOLSA

E CÁELLE O DIÑEIRO.




ARQUIÑA PECHADA,

QUE TEN QUE COMER

E NO MUNDO ENTEIRO

NON HAI CARPINTEIRO

QUE A POIDA FACER


Comentarios (1) - Sección: Outono - Publicado o 05-10-2008 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
1.000.000 DE EXEMPLARES VENDIDOS!!

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
Werner Holzwarth
Ilustracións de Wolf Erlbruch
Ed. Kalandraka

Hai moito tempo que emprego este título en calquera ocasión que pretenda gañar a un auditorio de alumnos de calquera idade nunha sesión de lectura na biblioteca ou na aula. Sei que é garantía de éxito. Primeiro fun eu como lectora a que disfrutou desta historia na que unha toupiña está disposta a descubrir ao responsable dunha terrible afrenta: alguén fixera "algo" na súa cabeza. Con paciencia leva a cabo as súas pescudas e interroga a cada animal que atopa ata que por fin dá co culpable e...

Agora entérome de que "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" leva 1.000.000 de exemplares vendidos, segundo informan os seus editores orixinarios, Peter Hammer Verlag.
PARABÉNS, TOUPIÑA!!

E por se aínda non tiveches a sorte de topar con ela aquí tés unha presentación recollida en Avanteblog



Comentarios (2) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 04-10-2008 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
ALGO MÁIS QUE UN CARTEL...
Dende a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa está a chegar aos centros escolares un cartel realizado por Manuel Lariño, que pretende lembrarnos a todos o papel que debe adquirir nos centros a biblioteca escolar: un instrumento necesario e imprescindible ao servizo das aprendizaxes do centro, debe constituir un auténtico servidor central.(Ler máis)



Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 04-10-2008 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
REIVINDICANDO CON HUMOR...
Nova metodoloxía para aprender galego:
(do libro de Sechu Sende "Made in Galiza")



Comentarios (2) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 02-10-2008 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co lema "Alfabetización e Aprendizaxe na Biblioteca Escolar" celébrase durante o mes de outubro o I Mes Internacional da Biblioteca Escolar de xeito que en lugar de adicarlle un día concreto, como viña sendo habitual nos últimos anos, serán as persoas responsables das bibliotecas escolares de todo o mundo as que elixan o día de outubro que mellor se adapte ás súas necesidades co fin de resaltar a importancia da biblioteca na vida do centro e presentarse á comunidade educativa como lugar de encontro e saber, onde conflúen o pracer da lectura e a inquietude por aprender dun modo diferente. O presidente da IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar), Henri James, declarou: "o Día Internacional da Biblioteca Escolar chegou a ser tan importante que creceu ata converterse no Mes Internacional da Biblioteca Escolar (ISLM). Isto significa que os responsables das bibliotecas poderán elixir o día, a semana ou ata ata todo o mes, para fomentar a súa biblioteca escolar, co que isto significa para a comunidade educativa".
(Extraído de Planetalector)



Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 01-10-2008 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats