O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

Cóntanos o que estás lendo na "Hora de ler"
Se queres podes contarnos algo do que estás lendo e o que opinas sobre dispoñer dun tempo na clase para ler o que máis che apetece
Comentarios (1) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 30-10-2007 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Empezamos
Pronto imos poñer en marcha unha actividade para mellorar as competencias lectoras no noso alumnado. Trátase de incorporar ás aulas uns minutos de lectura silenciosa, no que todos xuntos nos mergullamos no placer de ler. Esta actividade está sendo levada a cabo con éxito noutros Centros polo que nos sumamos con entusiasmo a tentar inculcar nos nosos alumnos o desexo de ler.
Comentarios (1) - Sección: Tempo de lecturas - Hora de ler - Publicado o 30-10-2007 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novos fondos

Co gallo da exposición de libros en torno ao mar, adquiriuse novo material para a biblioteca. Poderás velo moi pronto.
Para os lectores máis pequenos xa están na biblioteca novos exemplares de

"Unha eiruga moi larpeira",

"Queres xogar comigo?",

"A xoaniña rosmona",

"Nadarín"












Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 28-10-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
OS LECTORES RECOMENDAN
Se queres recomendar algún libro que liches ou queres facer comentarios sobre algunha lectura.
Comentarios (24) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 26-10-2007 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Unha sorpresa en 2º
Menuda sorpresa atoparon os nen@s de 2º cando chegaron a clase pola mañá. Mik escribiralles unha carta presentando a unha nova amiga:KIKA Superbruxa. Tamén lles deixou unha variña máxica(de Kika, supoñemos) e un libro para ler entre todos...
Hosted by RockYouPhotos.com
Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 21-10-2007 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Todos a bordo!!
Por fin empezamos co noso proxecto interdisciplinar "Descubre un mundo MAR...abilloso". O alumnado do noso Centro está vendo con asombro como se vai transformando a decoración da Biblioteca e como cada día aparecen detalles novos e sorprendentes nos espazos que a arrodean. Algúns xa escribiron unha carta a Mik preguntando a que se debe a aparición dun submarino na porta da Biblioteca, por que Mik está vestido de capitán ... case todos amosan unha grande curiosidade.

Comentarios (1) - Sección: Traballo interdisciplinar 07/08 - Publicado o 21-10-2007 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Os nosos fondos
Se buscas algún libro utiliza a seguinte ligazón e poderás ver os que hai na Biblioteca:

MEIGA
Comentarios (0) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 11-10-2007 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats