|
|
DÍA DA PAZ E TEATRO:"BARULLO DE CANS, GATOS E RATOS" |
|
Para celebrar o DÍA DA PAZ o alumnado de 2º de EP representou para os resto de compañeir@s unha simpática obra de teatro titulada "BARULLO DE CANS, GATOS E RATOS" O noso agradecemento polo estupendo agasallo e as nosas felicitacións polo seu magnífico traballo enriba do escenario. Fixérono xenial!!! PARABÉNS, ARTISTAS!!!
|
|
|
|
XOGO DO DÍA DA PAZ: A SOLUCIÓN |
|
MOITOS PARABÉNS A TOD@S!!! Aquí está a solución ao xogo do panel do DÍA DA PAZ e estou moi contento porque sodes uns estupendos investigadores e investigadoras. Traballastes moi ben e atopastes a solución correcta. Pois como sodes tan espilid@s xa estou argallando outro desafío. Estade atent@s!!!!!! Para ler os datos biográficos teredes que ampliar a foto facendo clic enriba dela.
|
|
|
|
REMATA O XOGO DA PAZ!!! |
|
Remata o reto que nos propuxo MIK coas respostas dos nenos e nenas de 4º de EI e de 6ºB de EP. Agora só queda agardar que o noso ratiño nos diga se o fixemos ben. Estamos impacientes!!!
|
|
|
|
SEXTO DE EI INVESTIGA |
|
Que ben investigaron os nenos e nenas de sexto de EI!!! Aquí tendes a súa solución ao panel da paz:
|
|
|
|
PAZiencia: RESPOSTA DE 2º de EP |
|
O alumnado de 2º de EP tamén se apuntou á investigación! Aquí temos a súa resposta ao xogo do panel: MOI BEN!!!! Agardamos que MIK estea supercontento co voso traballo!! |
|
|
|
PAZiencia: SOLUCIÓN DE 6ºA |
|
Aquí temos a solución ao panel da paz que nos propoñen os nenos e nenas de 6ºA de EP:
|
|
|
|
MÁIS PESCUDAS: 1º de EP |
|
Os nenos e nenas de primeiro de Primaria tamén fixeron as súas pescudas e entre todos completaron o panel da paz. Aquí está a súa resposta:
|
|
|
|
"PAZiencia": SOLUCIÓN DE TERCEIRO DE PRIMARIA |
|
O equipo de terceiro de Primaria tamén elaborou unha proposta de solución para a actividade "PAZiencia". Primeiro comprobaron os datos nas súas fichas de investigación e despois asociaron coas fotos dos personaxes. A ver se atinaron!!!
|
|
|
|
PRIMEIRA RESPOSTA AO XOGO DO DÍA DA PAZ |
|
Todos os nenos e nenas do cole están mobilizándose para conseguir resolver a actividade sobre o Día da Paz que nos propuxo MIK. Despois de dedicar algúns días ás pescudas xa temos a resposta do alumnado de quinto de Primaria: MOI BEN!!! Agora hai que agardar para comprobar se a resposta é correcta! |
|
|
|
TEMOS NOVAS DE MIK!!! |
|
Este ratiño non para!!!! Hoxe recibimos unha mensaxe de MIK coas propostas para o Día da Paz: Pois xa sabedes, hai que poñerse mans á obra!!! Se sodes moi curios@s aquí vos deixo os nomes das persoas que debedes investigar: FRIDTJOF NANSEN ANDRÉI SÁJAROV JÓZEF ROTBLAT JOHN BOYD ORR NORMAN BORLAUG LINUS PAULING |
|
|
|