O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CINE, CINE, CINE...
Como sabedes, todo o alumnado do centro está traballando nunha reportaxe arredor de dúas figuras moi significativas dentro do mundo do cine. Trátase do realizador DANI DE LA TORRE e do músico e compositor MANUEL RIVEIRO. Para que teñades unha primeira aproximación a estes artistas, o profe Antonio preparou as seguintes presentacións. GRAZAS, PROFE ANTONIO!!!!
Comentarios (1) - Sección: CINE: PDI 17/18 - Publicado o 31-01-2018 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
CONTA ATRÁS E EXPOSICIÓN
Xa están completos os paneis de xaneiro e febreiro coas sorpresas que iremos descubrindo ata que cheguemos ao 1º DÍA GRANDE, o domingo de entroido. Cada día sinalado imos con moita curiosidade para saber que atoparemos dentro do sobre. O próximo luns abriremos o que ten o número 27 e o número 28!!!
AH!!! Non esquezades que o día 29 comeza a exposición sobre o ENTROIDO DE MACEDA onde descubriredes cousas moi interesantes e curiosas. Animamos a todas as familias para que visitedes esta fantástica exposición!
Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 26-01-2018 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
QUE PASA CON MIK??!!

Bueno, amiguiños, atopei por aquí unhas imaxes moi bonitas e interesantes e, por máis voltas que lle dou ao miolo, non sei o que queren dicir. Como vós sodes tan listos e espelidos, seguro que podedes axudarme. Aí van as preguntas:
Que representan?
Con que persoas teñen relación?
Explicádeme todo o que averigüedes e escribídeo nun comentario. Estou que xa non como nin durmo de tanta curiosidade!!!Terá algo que ver co noso PDI??? Ai, ai ai..., que poden ser estas imaxes??!!

Comentarios (0) - Sección: CINE: PDI 17/18 - Publicado o 21-01-2018 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
ANDRÓMENAS CINEMATOGRÁFICAS DE MIK
A que non sabedes quen é o director de cine máis famoso e argalleiro do Mestres Goldar??? Pois claro, non podía ser outro!! O noso MIK!!!
E como o entroido xa está próximo, MIK preparou un disfraz moi acaído!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 20-01-2018 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS CINEMATOGRÁFICAS!!!
O noso amiguiño MIK non para!!!! O venres, os axudantes da biblioteca tiveron traballo extra: repartir polas aulas unha nova mensaxe de MIK. Desta vez, a tarefa cinematográfica consistirá en pescudar sobre as propostas que aparecen nun ficheiro moi chulo que acompañaba a carta. Pois xa sabedes, A TRABALLAR!!!!
Por suposto, MOITAS GRAZAS aos estupendos AXUDANTES!!

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 20-01-2018 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS DO ENTROIDO!!!
Xa está chegando o entroido ao Mestres Goldar!!! O alumnado estase preparando para celebrar un ENTROIDO DE CINE!!! A porta da biblioteca está fermosamente decorada con carteis de festas e celebracións en moitos lugares de Galicia.
O ENDL do centro, xunto co equipo da biblioteca, está a preparar unha morea de actividades moi interesantes e divertidas. Para facer boca, un calendario "conta atrás" que contén moitas sorpresas que os nenos e nenas irán descubrindo cada día.

O alumnado de 4ºA foi o que inaugurou o calendario!!!
Pero aínda haberá máis sorpresas!!! Seguide atent@s!!!
Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 20-01-2018 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
QUE ESTÁ PASANDO NO MESTRES GOLDAR?
Ola, nenos e nenas!!!! Aquí estou outra vez, despois das vacacións de Nadal, moi contento porque estamos nun cole DE PELÍCULA e estades facendo uns traballos fantásticos!!!
Agora ando un pouco despistado porque atopei unhas cartas grandes e misteriosas que teño que investigar. Seguro que tendes a tanta curiosidade coma min, pero non vos preocupedes porque xa estou pescudando. Atent@s porque axiña teredes noticias miñas!!!



XA ESTÁ!!!!! Xa teño moitas pistas!!! Atopei as cartas e descubrín o que conteñen: mooooita información sobre o ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO!!! Podemos facer un percorrido polos pobos e vilas de Galicia e atoparemos en todas elas celebracións e máscaras moi pintorescas. O noso entroido é un dos máis antigos e interesantes de toda a península!!! QUE MARABILLA!!!

CANTAS COUSAS IMOS APRENDER!!!! Moitas GRAZAS aos Concellos de Touro (A Coruña) e da Estrada (Pontevedra) pola súa amabilidade e atención.
Comentarios (0) - Sección: ENTROIDO - Publicado o 20-01-2018 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats