O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DÍA DA PAZ: NELSON MANDELA EN INFANTIL
Este é o precioso mural que preparou o alumnado de E. Infantil para o Día da Paz, en homenaxe a Nelson Mandela. Traballaron moitísimo e quedoulles fantástico. Encantounos a tod@s!!! Queredes ver aos artistas en acción? Pois aquí os tendes:


VER ÁLBUM
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 30-01-2014 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ: NELSON MANDELA

No Día escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA, o alumnado do noso centro homenaxea a
NELSON MANDELA, investigando e escribindo a súa biografía e creando fantásticas caricaturas deste persoaxe. Aquí tendes unha mostra:


VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 30-01-2014 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
PDI: A ALIMENTACIÓN
Xa están listos os caderniños de investigación sobre a ALIMENTACIÓN para o segundo ciclo de EP. Son tres bloques temáticos, CONCEPTOS BÁSICOS, PARA SABER MÁIS e OS ALIMENTOS E A ARTE, que se poden traballar de xeito independente, secuenciados e temporalizados segundo se acomode ao currículo e á nosa programación de aula. Nos ANEXOS podemos descargar fichas para complementar os traballos.





VER CADERNO COMPLETO EN PDF

ANEXOS
Comentarios (0) - Sección: A ALIMENTACIÓN. PDI 13/14 - Publicado o 29-01-2014 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA NÚMERO 5
QUE COUSA COUSIÑA É?
Xa estou aquí outra vez cunha nova adiviña!! A VER CANTO TARDADES EN ACERTALA!! VELAÍ VAI:

Branca fun cando nacín
vermella despois vivín
e mouriña moura me puxen
cando de vella morrín.


Escribe nun comentario a resposta e non esquezas poñer o teu nome, apelido e o curso.


SORTE, AMIG@S!!!
Comentarios (18) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 28-01-2014 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
HORA DE LER
Despois do recreo... TOD@S A LER!!!!


VER ÁLBUM
Comentarios (1) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 23-01-2014 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
HORA DE BIBLIOTECA: TERCEIRO DE EP
Hoxe, como todos os mércores, os nenos e nenas de terceiro de EP tivemos "hora de biblioteca". Baixamos coas nosas carpetas e, como vedes nas imaxes, fixemos distintas actividades:
FORMACIÓN DE USUARI@S:

LEMOS:
ESCOLLEMOS LECTURAS PARA CASA:
FIXEMOS PRÉSTAMO:
AQUÍ MÁIS FOTOS (ÁLBUM):
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 22-01-2014 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ: HOMENAXE A NELSON MANDELA
Xa temos a primeira obra de arte sobre Nelson Mandela. A autora é Sara Teijeira Olivier, de terceiro de EP:


PARABÉNS, SARA!!
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 21-01-2014 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
PRIMEIRO DE EP NA BIBLIOTECA
Ola, amiguiñ@s!!! Hoxe estou moi contento porque o alumnado de 1º de EP veu visitarme no recreo, pois, ao igual que todos os martes, tivo a ocasión de estar na biblioteca despois da merenda. Alí poden ler contos, ver revistas ou usar os ordenadores. O equipo de axudantes da biblioteca permanece atento por se estes nenos e nenas necesitan axuda e moi amablemente resolven todas as dúbidas que lles van plantexando. Aquí os tendes gozando duns agradables momentos de lecer:
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-01-2014 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑA NÚMERO 4
QUE COUSA COUSIÑA É?
Xa estou aquí outra vez cunha nova adiviña!! A VER CANTO TARDADES EN ACERTALA!! VELAÍ VAI:


Son redonda coma o mundo,
para morrer toda me esgazan,
déixanme só o pelexo
e todo o sangue me sacan.


Escribe nun comentario a resposta e non esquezas poñer o teu nome, apelido e o curso.

SORTE, AMIG@S!!!
Comentarios (23) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 20-01-2014 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREGA DE MIKOPUNTOS
O venres recibimos unha visita moi desexada polo alumnado do cole: MIK veu ás aulas cargadiño cos MIKOPUNTOS que gañaron os nenos e nenas nas diferentes actividades que propuxo a biblioteca ata o de agora. O noso "arguiñano", que viaxa nun vehículo moi particular, foi acollido con entusiasmo por todos os cursos, pois debecían por recoller o premio aos fantásticos traballos que levan feito. PARABÉNS, RAPACES!!! E xa sabedes, A SEGUIR PARTICIPANDO!!!

VER ÁLBUM COMPLETO
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 18-01-2014 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats