O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O NOSO DÍA DA PAZ
Como colofón a unha morea de actividades arredor do Día da Paz que se viñeron realizando no noso cole durante estes últimos días, hoxe, 30 de xaneiro, todo o alumnado do centro baixou ao patio para poñer a nota festiva cun sinxelo acto simbólico para reivindicar o dereito de TOD@S a vivir en PAZ, unha reivindicación que concorda cos ideais que comportan os Xogos Olímpicos: solidariedade, compañeirismo, colaboración, sacrificio, esforzo, traballo en equipo... É por iso que quixemos aproveitar esta data para “inaugurar” os nosos propios xogos olímpicos que, como sabedes, é o tema do proxecto documental de centro.
A continuación, unha pequena mostra en imaxes do que aconteceu:
O alumnado prepárase nas aulas cos seus medallóns "Aos xogos en Paz":
No patio agardaba o facho olímpico de 1992:
Procédese á lectura do Manifesto do Día da Paz:
Emulando aos atletas que percorren o traxecto desde Grecia ata a sede olímpica, os representantes de cada ciclo, portando o facho olímpico, fixeron unha carreira con relevos que rematou no podio onde se leron os compromisos de traballo de investigación en equipo que se levarán a cabo en cada ciclo.
Todo o alumnado do centro acepta o compromiso e o facho pasa de man en man. Ao finalizar o percorrido, o facho olímpico deposítase no podio para logo permanecer na biblioteca ata que se dea por finalizado o proxecto:
Para rematar, música e baile con moitas apertas e agarimos:
Que vos parece? Non está mal como aperitivo, pero podedes ver máis fotos premendo AQUÍ. Estade atent@s porque saídes moi guap@s!!

Comentarios (9) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 30-01-2012 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ OLÍMPICA
Tal e como nos contan os nenos e nenas do Curruncho do 2º ciclo, durante a celebración dos Xogos Olímpicos da antigüidade as guerras suspendíanse temporalmente para que os deportistas se desprazasen a Olimpia e participasen nas diferentes competicións en paz. Isto recibía o nome de Paz Olímpica ou Tregua Olímpica. A cidade de Olimpia tiña estatus de territorio neutral. Os representantes dos diversos pobos podían participar e incluso había reunións para negociar a Paz.
PAZ e XOGOS OLÍMPICOS van xunguidos, polo tanto, desde a antigüidade, e este espírito aínda se conserva na actualidade. No noso cole faremos a "inauguración" dos nosos xogos olímpicos ao abeiro da celebración do Día da Paz, para o que contamos cun obxecto moi especial, o facho olímpico que portaron os atletas nos xogos de 1992 (grazas a Patricia do Ceip A. D. R. Castelao de Vigo) e tamén luciremos o noso particular medallón "Aos XXOO pola PAZ", que podedes ver na imaxe. Por suposto, poderedes ler a crónica dun día tan especial nos vindeiros días.


ATA PRONTO!!

Premendo nas imaxes de abaixo podes imprimilas e decoralas. Se as traes ao cole pegarémolas nun mural colectivo.




Comentarios (2) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 29-01-2012 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA ESCOLAR POLA PAZ
O Seminario Galego de Educación para a Paz, por medio da súa web, ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse gratuítamente da rede. Destacamos a campaña "Paraugas pola Paz", coa que o alumnado pinta e decora paraugas con lemas pacifistas, varias Unidades Didácticas sobre distintos contidos da educación para a paz e os diferentes recursos e materiais sobre "Conflictividade e Convivencia Escolar".
Ademais dos recursos citados, na web do Seminario, pódese acceder, tamén, a varios audiovisuais como "En son de Paz", "Cultura de Paz" ou á curta de ficción "Por nada".(Información recollida en Mergúllate na lectura)



Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 20-01-2012 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ. RECURSOS
Como cada ano desde 1964, o día 30 de xaneiro celebrarase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI. Na seguinte ligazón atoparedes unha recompilación de páxinas con información, actividades e recursos para traballar nas aulas.


Atoparemos moitas máis ideas nos blogues das bibliotecas escolares galegas:


A continuación, unha interesante páxina con recursos imprimibles para traballar temas transversais, de Rosana Larraz.


En EscuelaTic tamén teñen unha selección de enlaces e recursos:


E outra morea de actividades en Actiludis:


E non deixedes de pasar polo blog de Ana, AulaTic, onde atoparedes estupendas actividades de elaboración propia: unha presentación sobre o Día da paz, un caderno de fichas, o LIM "Entre todos construimos a Paz" (en galego e en castelán).


Ao noso cole xa empezaron a chegar fermosas pombiñas da paz, como estas que fixeron os nenos e nenas de E. Infantil:





Comentarios (4) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 20-01-2012 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
AXUDANTES DA BIBLIOTECA
O día 9 de xaneiro comezaron a colaborar durante os recreos os equipos de AXUDANTES DA BIBLIOTECA, facendo un estupendo traballo na xestión e dinamización, favorecendo e facilitando o uso deste espazo ao resto do alumnado.
Foron moitas as solicitudes que se presentaron en resposta á convocatoria que se levou a cabo durante o primeiro trimestre, no que tamén se distribuíron os equipos e as quendas, confeccionáronse os identificadores e elaboráronse as Guías de axudantes, que se entregaron a cada un dos compoñentes dos equipos.
A continuación podedes ver algunhas fotos:

Se premes nas imaxes seguintes poderás acceder aos documentos:

Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 15-01-2012 02:03
# Ligazón permanente a este artigo
POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

Por cuatro esquinitas de nada, escrito e ilustrado por Jerome Ruillier, é un album cunha proposta gráfica moi orixinal que trata sobre a amizade, a diferenza, a exclusión e a importancia de ter en conta as barreiras arquitectónicas:
Cuadradito quere xogar en casa dos seus amigos Redonditos, pero non pasa pola porta porque... a porta é redonda como os seus amigos! «Teremos que recortarche as esquinas!», dinlle os redonditos. «Oh, non! -di Cuadradito- Doeríame moito!» Que podemos facer? Cuadradito é diferente. Nunca será redondo.
PÍDEO NA BIBLIOTECA!
Comentarios (0) - Sección: Novidades - Publicado o 15-01-2012 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats