O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

LECTURAS PARA O DÍA DA PAZ

Para traballar o Día da PAZ, o Servicio de Orientación a la Lectura, SOL, facilítanos unha listaxe de títulos para todas as idades, que tratan o tema do pacifismo e das guerras. Se premes na cuberta do libro poderás acceder á súa ficha bibliográfica, a un resume, a algunha das súas páxinas... Aínda que se recollen só en castelán, moitos deles tamén están editados en galego.



A editorial KALANDRAKA tamén nos proporciona algunhas suxestións de lecturas para o Día da PAZ (preme na imaxe):


Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 15-01-2011 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
FESTIVAL DE NADAL 2010
Para rematar o trimestre e como broche de ouro a todas as actividades que fixemos sobre a figura do Apalpador, o profe Toniño organizou un festival fantástico no que participou todo o alumnado do centro. A representación colectiva dunha adaptación de "Antón e o Apalpador" serviu para poñer de manifesto, unha vez máis, as dotes artísticas dos nenos e nenas do noso cole. Ao rematar a actuación recibimos a visita do auténtico Apalpador que, "en vivo e en directo", trouxo agasallos para todos. Moitas gracias ao profe Toniño pola súa excelente dirección, ao alumnado e a todas as familias que quixeron acompañarnos nun día tan especial.







FOTOS


Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 15-01-2011 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA PAZ - RECURSOS
Cada ano desde 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI, polo que os centros escolares organizan multitude de actividades que poñen de manifesto a necesidade de construir un mundo máis xusto, onde non teñan cabida os conflitos bélicos ou calquera tipo de discriminación entre persoas. Con tal motivo temos elaborada unha recompilación de páxinas con información, actividades e recursos para traballar nas aulas. Para facilitar o acceso, atoparedes unha ligazón permanente no panel de navegación.

E para aprender moitas cousas sobre esta data e sobre algúns personaxes moi relacionados con ela, podes axudar a Mik nas súas pescudas completando este caderno de investigación. ¡Ah! e xa sabes que o traballo ben feito sempre ten a súa recompensa. (Preme en Open publication para velo máis grande).




Comentarios (4) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 12-01-2011 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
¡DE VOLTA!

O próximo luns, día 10, comezamos un novo trimestre con forzas renovadas despois do descanso de Nadal. Xa estamos preparados para aprender moitas cousas interesantes, para vivir emocionantes aventuras, para disfrutar descubrindo, para compartir intereses e inquedanzas...
E non vos preocupedes cando atopedes algún atranco, todo irá moi ben coa axuda dos profes e das vosas familias.
Na web
deGUATE.com, papá e mamá atoparán 12 Consejos para Hacer de tus Tareas Escolares Algo Fácil e Interesante, que lles serán moi útiles para axudarche cos teus deberes.
Agora aproveita o tempo que queda para xogar moito e gozar dos agasallos dos Reis e de Papá Noel. Por certo, ¿que che trouxeron? Cóntanolo nun comentario.
Biquiños ratunos e ¡ATA O LUNS!

Comentarios (0) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 09-01-2011 03:04
# Ligazón permanente a este artigo
O RECANTO DE MIK COMO RECURSO
Un lector habitual deste espazo comunícanos vía mail que O recanto de Mik aparece recomendado en diferentes webs como recurso para o ensino e aprendizaxe da Lingua Galega, o que nos enche de orgullo e satisfacción, no só polo prestixio das entidades que nos recomendan senón polo servizo que podemos facer á nosa lingua como axentes difusores e normalizadores nuns tempos que parecen pouco propicios para o noso idioma. O noso agradecemento ao Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega por valorar o noso traballo e integrarnos nos recursos recomendados (De bolina. Recurso recomendado desta semana e Programa LOIA.ORG, Recursos sobre a Lingua Galega) e ao equipo Anaya (Libro guía de recursos. Lingua 5º) ¡Moitas gracias!





Comentarios (4) - Sección: Varios - Publicado o 06-01-2011 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
¡XA QUEDA POUCO!
Xa queda pouco para que todos os fogares reciban a ilustre visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, cargados de agasallos para todos os nenos e nenas. Espero que a todos eles se lles cumplan os seus desexos, que todos teñan nos seus zapatos algún xoguete, algún libro e moitos, moitos, sorrisos.
Pero, ¿como imaxinas ti aos Reis Magos? No blog de ilustración Pinzellades al mon recollen diferentes visións destes entrañables personaxes. A min parécenme preciosas todas estas ilustracións e seguro que ti tamén podes facer algún dibuxo igual de bonito para deixar no teu zapato como agasallo para os Reis. Anímate, xa verás que contentos se poñen. E se queres podes mandarmo a min a este correo:
bibliocole@gmail.com e eu publicareino co teu nome para que todo o mundo vexa o artista que eres.

Os Reis Magos de Oriente, ilustración de Nicholas Andrikopoulos


Melchor vai buscando o seu camelo, ilustración de Rosario Elizalde

O rei Gaspar lendo as cartas dos nenos e nenas, ilustración de Nedyalko Ivanov


Os Reis levan agasallos ao Neno, ilustración de Brenda York


Os pobres camelos tamén están cansos, ilustración de Claudia Degliuomini


Adorando ao Neno, ilustración de Cristina Quiles


Melchor, Gaspar e Baltasar, ilustración de Jerome Snyder

Tamén os Reis Magos len contos... e lévanllos á rapazada, ilustración de Mauro Evangelista

Melchor, Gaspar e Baltasar, ilustración de Niamh Sharkey


Pero, ¿onde aparcamos os camelos?, ilustración de Valentí Gubianas


Melchor, Gaspar e Baltasar, ilustración de Anna Silivonchik


Uns Reis Magos moi modernos, ilustración de ContraForma


De perfil... Melchor, Gaspar e Baltasar, ilustración de Matilda Harrison


Os Reis Magos, ilustración de Oxana Zaika


Os tres Reis Magos dacabalo dun camelo, ilustración de Mónica Carretero


¿Gustáronche? Pois se queres, AQUÍ aínda podes ver máis.

Comentarios (2) - Sección: Nadal - Publicado o 02-01-2011 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats