O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ
Como xa está cerca o Día Internacional da Paz e da Non Violencia, nos coles empezamos a preparar actividades, lecturas, xogos..., que conduzan ao noso alumnado á reflexión sobre a necesidade de erradicar as guerras do mundo.

No panel lateral atoparedes unha recompilación de páxinas con variedade de recursos para empregar nas aulas co epígrafe Recursos día da Paz. Ao longo destes días tentaremos ir ampliándoa.

AQUÍ podedes ver os artigos que se foron publicando neste blog co motivo da celebración desta data.



Comentarios (3) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 11-01-2010 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
2010, UN ANO DE CONTOS
Para o 2010 o alumnado do noso centro preparou este precioso traballo colectivo onde novamente apreciamos a creatividade dos nosos pequenos artistas. O tema central é "Os nosos contos favoritos" e cada aula ilustrou un mes do ano inspirándose nun dos seus títulos preferidos. Así xurdiu "UN ANO DE CONTOS", o calendario do Ceip Mestres Goldar, que queremos compartir con vós e que vos convidamos a empregar. Como podedes comprobar, menciónanse as datas máis sinaladas do ano ou que teñen algún interés para a rapazada. Aquí volo deixo. Esperamos que vos guste.




Autores/as:
XANEIRO: E. I. 3 anos
FEBREIRO: E. I. 4 anos
MARZO: E. I. 5 anos
ABRIL: Primaria
MAIO: Primaria
XUÑO: Primaria
XULLO: Primaria
AGOSTO: Primaria
SETEMBRO: Primaria
OUTUBRO: Alumnado de Relixión
NOVEMBRO: Alumnado de Inglés
DECEMBRO: Alumnado PT


PARABÉNS!!


Comentarios (5) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 10-01-2010 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
¡ ADEUS 2009 ! ¡¡¡BENVIDO, ANO DO LIBRO E DA LECTURA!!!

O ano 2010 foi declarado pola Xunta de Galicia Ano do Libro e da Lectura. A Consellería de Cultura e Turismo vinculará os plans de actuación e as medidas de promoción do libro coa celebración do Ano Xacobeo. A finalidade deste proxecto é impulsar o Ano do Libro e da Lectura de Galicia a través da celebración do Xacobeo 2010. Para iso, as institucións públicas galegas, os centros de ensino, as bibliotecas, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia adicarán unha parte da súa actividade a pór de relevo esta manifestación contribuíndo ao recoñecemento do libro como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura e da lingua de Galicia. Así mesmo, invítase a todos os galegos a participar nos distintos actos que se celebren na promoción do libro e da lectura.

A programación inclúe exposicións, proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, centenarios e outras homenaxes, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas. Entre as conmemoracións literarias anunciadas para este ano salientan as seguintes:

- Centenario do nacemento de persoeiros da cultura galega: Gonzalo Torrente Ballester e Luis Seoane.
- 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro.
- O Día das Letras Galegas será dedicado ao poeta Uxío Novoneyra.

Outro dos obxectivos para o ano 2010 é abrir ao público a Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

DOCUMENTOS (recollidos da páxina web
Culturaeturismo da Xunta de Galicia):
-
Folleto do ano do libro e da lectura
-
Liñas estratéxicas
-
Presentación (ppt)


Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 07-01-2010 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
MELCHOR, GASPAR E BALTASAR
Hoxe é un dos días máis agardados por nenos, nenas e polos que xa non o son tanto. Por fin, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán as nosas casas. Esperemos que nas súas carrozas traian moreas de marabillosos libros para todos.
Para despedirnos destes personaxes tan queridos pola rapazada déixovos unhas preciosas e orixinais ilustracións de diferentes autores, recollidas en Pinzellades al món. PARA DISFRUTAR:







Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 06-01-2010 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
¡XA VEÑEN OS REIS!

Xa se acerca o día da ilusión. Nenos e grandes agardan impacientes as sorpresas que nos teñen preparadas as SSMM de Oriente. Pero, ¿coñeces a historia dos Reis Magos? Nesta páxina atoparás todo o que queres saber e, ademáis, tamén podes escribir a túa carta online. AQUÍ tes a páxina dos Reis Magos con xogos, concursos, panxoliñas, contos, manualidades...
¿Queres ver a cabalgata? Pincha na imaxe de abaixo:


(Recollido en Bibliotics)
Comentarios (1) - Sección: Nadal - Publicado o 02-01-2010 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats