O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

BIBLIOTECAS ESCOLARES E DÍA DA PAZ
Durante todos estes días, as bibliotecas escolares traballaron arreo para que os nosos centros, e calquera persoa interesada, tiveran á súa disposición unha boa selección de recursos e materiais sobre o Día escolar da Paz e da Non Violencia. No blog Mesturas atoparedes unha ligazón á recompilación destes recursos que Gracia Santorum reuniu exhaustivamente en Trafegando Ronseis.

¡¡MOITAS GRAZAS, COMPAÑEIRAS, POLO VOSO ESFORZO E A VOSA XENEROSIDADE!!

(Imaxe recollida en Mesturas)
Comentarios (3) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 31-01-2010 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ 2010
Onte celebramos no cole o Día escolar pola Paz e a Non Violencia. Cun sinxelo acto quixemos transmitir a nosa esperanza nun futuro onde a PAZ estea presente en todos os recunchos do planeta. Nas paredes das aulas e corredores lucían os traballos que estes días realizou colectivamente o alumnado. Solidariedade, respecto, tolerancia e diálogo foron as palabras máis empregadas, segur@s de que nelas está a chave que abre a PAZ ao mundo.
Como remate asistimos todos xuntos, alumnado, profesorado e familias, á lectura dramatizada do conto "A pedra de sopa" que nos fixo ver que "todos somos necesarios". E con esta bonita mensaxe no corazón, acudimos ao patio onde soltamos dúas pombas para que espallaran no ceo os nosos desexos de PAZ.



Comentarios (4) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 29-01-2010 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
MÚSICA PARA A PAZ
Unha espléndida recompilación de cancións para a Paz, elaborada coas achegas das Bibliotecas escolares. ¡Grazas a tod@s!


Comentarios (1) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 25-01-2010 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
O MUNDO É GRANDE
Paz e interculturalidade neste vídeo que nos chega dende Casa de tol@s


Grazas, Tolinha

Comentarios (3) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 23-01-2010 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
CADERNO DE PESCUDAS
Ola, nen@s!!
Estou moi contento porque xa hai moitos equipos dispostos a investigar e a recoller moita información para deixarme na biblioteca. Estes arroutados investigador@s xa teñen o seu "caderno de pescudas" para empezar canto antes. ¿E ti? ¿Aínda non fuches pola biblio? Se queres podes descargar o caderno
AQUÍ.
Déixovos a carta que vos mandei para que poidades ler de novo as instrucións (preme no sobre):



Estas son as páxinas nas que podedes atopar a solución ás cuestións do caderno:

RECURSOS:
Sobre a paz:
- Conceptos básicos sobre paz e conflito
- Conceptos sobre paz e conflito
- Frases sobre a paz
Sobre os símbolos
- La paloma de la paz
- El CDN ’hippie’ y la paloma
Sobre personaxes
Pacifistas
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/k/king.htm
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/gandhi.htm
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/menchu.htm
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/t/teresa_decalcuta.htm
KENIA: GOOGLE MAPS: http://maps.google.es/
Kenia
Ana Frank
El diario de Ana Frank

Guernica
Fusilamientos del 3 de mayo
Exemplo Decálogo para a PAZ
POESÍAS

E AGORA ¡¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!!



Comentarios (7) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 22-01-2010 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
DE NOVO MIK HOLMES
¡¡Xa estou aquí outra vez!!
Estou abraiado coa cantidade de cousas que estades facendo no cole para o día 30 de xaneiro! ¡Que bonitas! Eu ando un pouco despistado, por iso preciso da vosa axuda. Eu quero saber moitas cousas e necesito investigadores e investigadoras aventureiras que me solucionen as miñas dúbidas. ¿Queres axudarme? ¡Corre á Biblioteca e alí infórmate de todo. Non tardes, estou impaciente por resolver as miñas preguntas. ¡Ven axiña!
¡¡ESPÉROTE NA BIBLIOTECA!!




Comentarios (2) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 21-01-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
AMIGOS
Pilar, dende o fantástico blog Los enanitos de mi cole, agasállanos con este precioso selo. Sempre resulta agradable recibir estes recoñecementos que nos aportan unha dose de enerxía para continuar nisto con ilusión. Moitas grazas, Pilar!!!
Aínda que as normas esixen enviarllo a 5 blogs, tomareime a liberdade de compartilo cun colectivo ao que me sinto moi orgullosa de pertencer: Blogs das Bibliotecas escolares


Comentarios (2) - Sección: Varios - Publicado o 18-01-2010 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E PAZ
En Edualter.org atopamos uns completísimos materiais para traballar a Paz a través do cine. Os documentos de traballo inclúen a ficha técnica, sinopse da película, presentación dos obxectivos xerais, dos procedementos e das actitudes que se queren potenciar. Tamén se achega unha proposta de actividades xerais dirixida ao profesorado, e un cuestionario como ficha de traballo para o alumnado.
Esta proposta responde á necesidade de analizar adecuadamente a película para valorar o tipo de información que da e poder determinar o punto de vista que adopta ante os problemas que trata. Para a ESO e Bacharelato.











Comentarios (5) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 17-01-2010 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
CONVERSA SOBRE A RAZA
PARA REFLEXIONAR...


¿Que che parecen as respostas destes nen@s?

Comentarios (6) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 14-01-2010 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
MÁIS RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ
----------------Novos recursos para o Día da Paz que nos achegan dende diferentes centros escolares:

Dende a
biblioteca do Ceip de Andrade, un estupendo folleto de propostas de lecturas e cine para Educación Infantil e Primaria:


Dende a unitaria de Vide, unha adaptación do conto "Wangari y los árboles de la paz" da editorial Ekaré:

E unha unha colección de carteis para a Paz, que nos envían dende a biblioteca do CEIP de Esteiro. (Preme no enlace para velo no seu blog, xa que non me foi posible embebelo aquí)

Moitas grazas a Cuchi, Sabela e Encarna, que tan xenerosamente comparten o seu traballo

Comentarios (6) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 13-01-2010 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats