O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

O CASO DOS NENÚFARES
Como vexo que sodes moi intelixentes e que non se vos resisten os enigmas, aquí vos deixo outro:

Un home deixa un nenúfar nun estanque o 1 de Xuño. Esta planta reprodúcese de tal xeito que cada día hai o dobre que o día anterior. Se o estanque queda totalmente cuberto de nenúfares o 30 de Xuño, que día estaría cuberta xustamente a metade do estanque?

E... A PENSAR!!!

Comentarios (6) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 16-01-2009 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
POBOS, XENTE...
Linguas, razas, culturas...

Pobos, xente, vida...

Un mundo cheo de cores, de caras, de almas...

UN MUNDO EN LIBERDADE, UN MUNDO EN PAZ...




Comentarios (10) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 14-01-2009 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
UN AUTOR PARA O 2009
Co gallo da celebración do Ano Internacional da Astronomía temos unha boa ocasión para adentrarnos no universo da man do escritor e divulgador científico ISAAC ASIMOV, autor americano aínda que nacido en Rusia no ano 1920. En 1939 gradúase como bioquímico na universidade de Columbia e neste mesmo ano comeza a publicar historias en revistas de ciencia ficción. A partir de 1958 deixa as súas actividades na investigación e na docencia para adicarse exclusivamente a escribir sendo o autor dunhas 500 obras con distintas temáticas: ciencia ficción, misterio, humor...

Aínda lembro con que fruición lin, na miña xa lonxana adolescencia, algúns dos seus libros (Yo, Robot, Fundación, Las bóvedas de acero, El sol desnudo), fascinada por un mundo cheo de robots, cidades suterráneas, seres humanos habitantes de planetas inhóspitos... que abrían horizontes novos á imaxinación.

A orixinalidade e atractivo das súas narracións cun estilo directo, sinxelo e con un toque de humor, serviron para alimentar a sétima arte, sendo numerosas as novelas de Asimov que foron levadas ao cine como "O home bicentenario" baseada na novela do mesmo título e protagonizada polo actor Robin Willians, ou a máis actual "Yo, Robot", protagonizada polo actor Will Smith.

Algúns títulos deste autor (ciencia ficción):

El robot completo

Anochecer

Némesis

Sueños de Robot

Robots e Imperio

Los robots del amanecer

El hombre bicentenario

El sol desnudo

El fin de la eternidad

Las bóvedas de acero

Yo, robot



(Artigo publicado en Bibliolecturas)

Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 14-01-2009 01:25
# Ligazón permanente a este artigo
ENIGMA
Hoxe MIK proponvos un reto: RESOLVER UN ENIGMA!!
Le con atención e razoa a túa resposta:

Un home subiu a unha cerdeira,
na cerdeira cereixas había.
El, cereixas non comeu;
el, cereixas non deixou.
Cantas cereixas había?

Nota: todo o que plantexa o enigma é certo, non hai enganos. Pon a traballar as neuronas, busca unha resposta lóxica e escríbea nun comentario.


SORTE!!


Comentarios (4) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 13-01-2009 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ CON TICS
O 30 de xaneiro celebraremos o Día escolar da Paz e da non violencia, coa esperanza de concienciar da necesidade de erradicar do mundo a sinrazón das guerras.
E xa podedes empezar a rodearvos de PAZ con estas páxinas que chegan a nós vía Ticblog:

CONSTRUCTORES DE PAZ


Unicef para niños y niñas



DÍA DE LA PAZ (educa.jcyl)



OUTROS RECURSOS



Comentarios (2) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 09-01-2009 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
CÓMO SABER LO QUE SE LLEVA DENTRO
Hoxe descubrín un marabilloso libro que me namorou dende a primeira páxina : ¡Qué emoción?, de Cécile Gabriel. O título suxire xa o contido, a novidade está no seu tratamento. Con moi pouco texto e unhas espléndidas fotografías en branco e negro a autora fai recoñecibles sentimentos que aos cativos lles resulta complicado identificar.

As historias e as imaxes dos libros axudan a nomear os nosos sentimentos, a coñecernos a través das vidas doutros, a recoñecernos nos seus xestos. Este libro de fotografías pretende facer evidente o mundo das emocións desde unha formulación moi intelixente deixando moito espazo para a interpretación do lector. Lonxe da psicoloxía infantil evidente é máis ben un longo poema. Indicado para lectores de 6 a 9 anos resulta moi apropiado para ler, ver e disfrutar en familia xa que propicia o diálogo sobre aspectos íntimos, persoais, dos que doutro xeito non resulta doado falar. Todo un pracer para a vista e un bálsamo para o corazón...
AQUÍ podes ver algunhas páxinas na súa edición francesa (pasa o rato enriba da esquina dereita da imaxe e despois fai clic)

PÍDEO XA NA BIBLIOTECA!!


Comentarios (1) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 08-01-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
MARUJA TORRES: PREMIO NADAL 2009
Hoxe a meirande parte dos xornais fan referencia á concesión do Premio Nadal que este ano recaeu na periodista Maruja Torres pola súa novela Esperadme en el cielo, onde relata a súa morte e o reencontro cos amigos da xuventude, Manolo e Terenci, que non son outros que os escritores Manuel Vázquez Montalbán e Terenci Moix. Os tres fan un longo percorrido por Barcelona, Madrid, Hollywood, Alejandría, o Mediterráneo...
Maruja Torres xa fora gañadora no 2000 do Premio Planeta coa novela Mientras vivimos.
(Vía El País.com)



REFERENCIAS NA PRENSA:
Ondacero.es (Vídeo)


Gañadora e finalistas do Premio Nadal 2009


Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 07-01-2009 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
GALILEO E DARWIN
No ano que acaba de comezar terán lugar as celebracións de dúas efemérides científicas de enorme importancia para a humanidade. O 2009 será o Ano Internacional da Astronomía, acordo ratificado polas Nacións Unidas en decembro do 2007, lembrando que hai 400 anos Galileo Galilei empregou por primeira vez un telescopio para observar o ceo. E, por outra banda, o 12 de febreiro cumpliránse 200 anos do nacemento do naturalista inglés Charles Darwin e 150 anos da publicación da súa obra capital "A orixe das especies", que aínda hoxe é obxecto de polémica e atacada dende algúns sectores a súa teoría da evolución. Tanto un coma o outro representaron dous fitos importantísimos na ciencia polo que o coñecemento humano ten unha débeda extraordinaria con estes dous persoeiros. É por isto que ao longo deste ano asistiremos a multitude de actos, conmemoracións, mostras, exposicións, eventos... en torno a estes personaxes e ás súas obras. Mesmo se está a producir unha película sobre DARWIN co título "Creation" e que se estrenará proximamente (ler reseña de "Creation" no blogue La muerte de un ácaro)


Aquí vos deixo algunhas ligazóns interesantes:


Blog Libros y bitios (sobre Darwin)


Unawe (explora el universo)


Blog Días estranhos (Galileo)


Recompilación recursos











PARA IR FACENDO BOCA AQUÍ TÉS UNHAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA:



E PARA REMATAR...



Comentarios (0) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 07-01-2009 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats