O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

DÍA DA PAZ
Hoxe foi o día. Despois de ter traballado moito arredor da PAZ, de ler, de cantar, de recitar poesías, de escribir e, sobre todo, de reflexionar, reunímonos no ximnasio do cole para manifestar o desexo de todo o alumnado, profesorado e familias de que sexamos capaces de facer un mundo xusto e solidario, UN MUNDO EN PAZ.
Foi un acto breve e sinxelo onde os nenos e nenas expresaron, mediante un xornal de elaboración propia, o mundo que queren: un mundo cheo de boas novas, no que os xornais non teñan que falar de guerras, armas, violencia...
Ao finalizar o acto soltamos unha pomba branca no patio do colexio.







Comentarios (4) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 31-01-2009 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
A MÁQUINA DOS CARAMELOS
A profe Cristina contábame o outro día o problema que ten a súa veciña na tenda de lambetadas para ver se vós sodes capaces de axudala. O caso é o seguinte:

Cando chegaron os distribuidores de chucherías para repoñer os produtos que necesitaba, a tenda estaba a piques de cerrar polo que encheron a máquina expendedora de caramelos a toda présa e, claro, como as présas nunca son boas, colocaron mal as tres etiquetas que indicaban os sabores dos caramelos. Cando a dona se deu conta da desfeita non podía abrir a máquina pois ela non tiña a chave.
Así deixaron a máquina:



Se sabemos que nun dos recipientes hai caramelos de fresa, noutro de menta e no outro hai dos dous tipos (misturados), cal é o menor número de caramelos que terá que quitar para poder colocar ben as etiquetas?

VEÑA, A PENSAR!!!

Claro que a señora non tería ningún problema se tivera máquinas con recipiente de cristal (recomendarémosllo cando saia deste apuro!)






Comentarios (4) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 28-01-2009 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
DISPARANDO CÁMARAS POLA PAZ
MÚSICA, CINE, POESÍA E TAMÉN FOTOGRAFÍA. TODAS AS LINGUAXES PARA EXPRESAR A MÁIS FIRME REPULSA ÁS GUERRAS, Á INXUSTIZA, Á VIOLENCIA...


Carlos Alberto Barreto (11 anos)

Trinta nenos colombianos, a maioría desprazados do seu lugar de orixe, despois de tres semanas de talleres de fotografía reflexionan, cámara en man, sobre a memoria, o futuro, a familia e o temor. Non había restrición de ningún tipo, só que os nenos pensarían ben no tema e o significado nas súas vidas. Posteriormente o pequeno fotógrafo comenta a súa foto.

En 'Disparando Cámaras para a Paz' estes novos fotógrafos demostran non soamente unha gran capacidade e paixón pola fotografía, senón tamén a habilidade de reflexionar profundamente sobre as súas vidas. O resultado é impresionante e conmovedor.
Alex Fattal (Fotógrafo promotor da iniciativa)


Fotografía de Jazmín González (11 anos)

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS


Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 28-01-2009 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
CINE PARA A PAZ

O pianista é unha película do ano 2002 dirixida por Roman Polanski e protagonizada por Adrien Brody e Thomas Kretschmann . Trátase dunha adaptación das memorias do músico polaco de orixe xudía Wladyslaw Szpilman que evita ser deportado, pero acaba vivindo no ghetto de Varsovia. Alí vive os sufrimentos, humillacións e a loita dos seus correlixionarios, ata que logra fuxir para refuxiarse nas ruínas da cidade. Un oficial alemán, amante da súa arte, acabará salvándolle a vida.
Este filme foi galardoado con tres
Premios Óscar: Mellor Director, Mellor Actor Protagonista e Mellor Guión Adaptado, dun total de 7 nomeamentos.
A película, baseada en feitos reais, volve sobre o holocausto e revela moitos sentimentos do propio director que viviu en primeira persoa o horror da guerra xa que perdeu a súa nai en Auschwitz.


Magnífica a interpretación de Adrien Brody que na segunda parte do filme, practicamente é o único personaxe da historia e sempre actúa en silencio, co que a súa interpretación é puramente física, conseguindo transmitir cada ápice de dor ou de alegría que o personaxe vai experimentando.
O pianista indigna, conmove, aterra e asombra xa que nos coloca diante dunha época vergoñenta que xamais deberá ser esquecida.

TRÁILER DO FILME




Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 26-01-2009 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
MIRA A TU ALREDEDOR
Máis MÚSICA PARA A PAZ nunha montaxe do Colegio Marista San José que chega a nós vía aprendemos todos xuntos

MIRA A TU ALREDEDOR de Alejandro Lerner



Comentarios (2) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 24-01-2009 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
O CONTRASINAL
O plantexamento deste enigma require que te poñas en situación. Imaxina unha rúa en Chicago, anos 20, cando os gánsters campaban ás súas anchas... Ti es un sufrido policía que te atopas investigando, xunto con outros compañeiros, a unha banda de delicuentes que se reúnen nun local ben custodiado onde fan negocios fóra da lei. Dende un coche camuflado vixiades a entrada ao local. Queredes infiltrar algún axente, pero non coñecedes o contrasinal. Nese momento chega un cliente, chama á porta e dende o interior dinlle: 16. O cliente responde: 8. A porta ábrese e accede ao interior. Os policías sorrín, cren ter a resposta pero deciden esperar. Vén outro cliente. Dende dentro dinlle: 8. El responde: 4. A porta ábrese. - Xa o temos, di o teu xefe, trátase de responder a metade do número que che din dende dentro. Chega outro cliente. Alguén di: 14. O cliente contesta: 7. A porta ábrese. - Vedes??, non hai dúbida! -volve dicir o policía. Entón deciden enviar a un axente. Este, moi confiado, chama á porta. Dende dentro óese: 6. O policía contesta convencido: 3. Pero a porta non se abre. Óese un refacho de disparos e o policía morre. Por que?

Antes de responder pensa que ti es o seguinte policía que irá chamar á porta dos delincuentes e se fallas...

QUE A SORTE TE ACOMPAÑE, AXENTE!!


Comentarios (12) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 22-01-2009 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
TI CONTAS MOITO...

Cando acendemos a televisión, cando abrimos o xornal ou cando escoitamos a radio decatámonos da cantidade de conflitos, guerras e inxustizas que sofren moitas persoas. E non cómpre ir moi lonxe para ver esa triste realidade. E que podemos facer? Mira ao teu redor, pensa nos nenos e nenas que agora mesmo están mergullad@s en terribles guerras, que son vítimas inocentes de intereses que non entenden e LANZA A TÚA MENSAXE AO MUNDO!!
Deixa aquí a túa opinión ou escribe unha mensaxe de PAZ. Porque é necesario, porque ti contas moito...


HEAL THE WORLD - Michael Jackson



A PAZ COMEZA CUN SORRISO
(Teresa de Calcuta)


Comentarios (37) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 20-01-2009 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
DESEXOS DE PAZ
Verdad que sería estupendo do grupo Cómplices, a expresión do desexo de que as guerras e todas as barbaries que conlevan desaparezan do noso planeta...


Vía Un rato na biblioteca
Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 19-01-2009 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
RONDA DO SOLDADINHO
Vía Biblioteca.Milladoiro.Malpica tivemos coñecemento deste precioso vídeo: RONDA DO SOLDADINHO. O poema está recollido no libro SOLAINA de Kalandraka que inclúe un CD coas cancións. Escoita, mira e pensa sobre o que escoitas e ves:




Comentarios (0) - Sección: Paz - Día da Paz - Publicado o 17-01-2009 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
LEÓNS OU CROCODILOS?
Bueno, bueno... A ver se acertades este enigma tan rápido como os anteriores.
Esta é unha historia que me contaban a min cando era coma vós:

Había unha vez un rei moi estricto coas leis do seu país e naquel momento había unha que prohibía aos seus súbditos ler libros (vaia lei!!!). Todos os habitantes do reino cumplían aquel mandato pois sabían que doutro xeito as súas vidas corrían perigo. Sin embargo, un home moi sabio, non podendo resistir a tentación, foi sorprendido cun libro entre as súas mans polo que foi levado ante o rei. O rei díxolle:
- Por teres incumplido a lei serás condeado a morte. Non obstante, poderás dicir unha frase. Se esta frase resulta verdadeira serás comido polos leóns; se a frase resultara falsa, serás comido polos crocodilos.

O vello sabio meditou un momento e a continuación pronunciou a frase e, para sorpresa de todos os presentes, conseguiu salvar a vida.

Cal foi esa frase que logrou burlar a cruel condea do rei?



Comentarios (16) - Sección: Adiviñas - Ditos e Refráns - Publicado o 17-01-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats