|
|
ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS |
|
Hoxe, o alumnado de 5º de EP mantivo un encontro coa escritora galega LEDICIA COSTAS. Foi unha visita moi agradable na que falaron sobre a obra que estiveron lendo e traballando ao longo das últimas semana, ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA. MOITAS GRAZAS, LEDICIA!!!
|
|
|
|
DÍAS DE POESÍA 2019 |
|
Nada mellor que a poesía para celebrar a chegada da primavera!! Como cada ano, a biblioteca do centro organizou, do 3 ao 5 de abril, a "Semana da Poesía". Trátase dunha actividade moi consolidada no centro e con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas, que traballan arreo durante días para preparar os seus poemas concienzudamente, lendo, ensaiando, memorizando, analizando métricas, rimas, ritmos, entoación... A "Hora de ler" foi o momento do encontro poético, onde cada grupo de alumnado recitou, para o resto de compañeir@s, poemas de varios autores/as, en galego e en castelán. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de inaugurar os "Días de Poesía" deste curso cun poema de creación propia que facía un percorrido pola súa andaina escolar (6º) e dous fermosos poemas, de García Lorca e Amado Carballo (5º). Encantounos!!
 O xoves foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto os que ofreceron un fantástico recitado cunha perfecta posta en escena, teatralizando, xesticulando e entonando marabillosamente os seus versos: O venres chegou o turno de 1º e 2º de EP que, xunto cos nenos e nenas de E. Infantil, foron os encargados de levar a tenrura, o encanto e a simpatía ao escenario poñendo, así, o punto final a esta poética actividade:
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO E MOITOS PARABÉNS A TOD@S, nenos, nenas e profes, por tan espléndido espectáculo poético e por ser capaces de transmitir, unha vez máis, toda a beleza da poesía. E, como non, grazas ao público polo seu entusiasmo e os seus aplausos. FOI FANTÁSTICO!!!
SE QUERES VER O ÁLBUM COMPLETO COAS FOTOS DE TODOS OS CURSOS PREME AQUÍ
Moitos bicos ratunos e ATA O CURSO QUE VEN!!! |
|
|
|
COMEZA A SEMANA DA POESÍA 2019!! |
|
Tal e como nos indicaba o noso ratiño máis trouleiro este mércores, día 3 de abril, comezan os recitados da SEMANA DA POESÍA 2019 A festa da poesía xa comezou no noso centro hai algúns días coa proposta "Un poema no peto" dirixida a toda a comunidade educativa.
|
|
|
|
PRÓXIMA VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO |
|
O próximo venres, día 5 de abril, visitará a nosa biblioteca o escritor ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
|
|
|
|
ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ |
|
O escritor IAGO LÓPEZ inaugurou a rolda de encontros con escritores e escritoras deste curso. O alumnado de 1º de EP recibiu con entusiasmo a súa visita para o que tiñan preparado un precioso mural como agasallo de benvida no que facían referencia ao libro que estiveron lendo e traballando ao longo do trimestre, O COCIÑEIRO MARTIÑO. MOITAS GRAZAS, IAGO!!!
Podedes ver máis FOTOS do encontro na seguinte ligazón: ENCONTRO CON IAGO LÓPEZ |
|
|
|
NOVAS DE MIK: EMI TORRÓN |
|
O noso amiguiño MIK enviounos unha nova proposta arredor do PDI deste ano sobre PINTURA vinculada á celebración do 8 de marzo que nos parece moi interesante porque pon de relevo un dos valores máis admirables, a loita pola superación persoal. EMI TORRÓN é unha gran pintora que non permitiu que a súa discapacidade lle impedira lograr os seus soños, un exemplo a seguir e unha impresionante lección de vida.
Poderedes ver máis FOTOS sobre esta actividade e da EXPOSICIÓN na seguinte ligazón: EMI TORRÓN NO MESTRES GOLDAR |
|
|
|
ENTROIDO 2019 |
|
O venres, 1 de marzo, celebramos O ENTROIDO no cole cunha obra colectiva na que interviñeron tod@s os nenos e nenas do centro. Foi un éxito tremendo e pasámolo requetebén!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido fixo referencia ao PDI que estamos traballando, de aí o PINTOresco título E TI QUE PINTAS AQUÍ? Dun xeito moi peculiar e orixinal pasaron polo escenario unha morea de personaxes que fixeron de narradores e condutores de todo o que foi acontecendo para rematar cun baile fin de festa no que todos participaron. E con este final feliz rematou a historia e o ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!
Moitas GRAZAS a todas as familias que colaboraron achegando os inxeniosos disfraces que luciron garbosamente os nenos e nenas. GRAZAS, tamén, a todas as persoas que nos acompañaron neste fantástico día. E, por suposto, GRAZAS e moitos PARABÉNS aos nosos espléndidos actores e actrices, ao profesorado e ao noso creativo mestre de cerimonias!!
         Podedes ver máis FOTOS da festa na seguinte ligazon: ENTROIDO MESTRES GOLDAR 2019 |
|
|
|
ENTROIDO 2019: CHEGA O ENTROIDO AO MESTRES GOLDAR!!! AS ORDES DO MECO |
|
Xa está chegando o entroido ao Mestres Goldar!!! O alumnado estase preparando para celebrar un ENTROIDO moi PINTOResco!!!
O ENDL do centro, xunto co equipo da biblioteca, preparou unha morea de actividades moi interesantes e divertidas arredor da festa do ENTROIDO. Para facer boca, un calendario "conta atrás" que contén moitas sorpresas que os nenos e nenas irán descubrindo cada día ata que cheguemos ao 1º DÍA GRANDE, o domingo de entroido. Cada día sinalado imos con moita curiosidade para saber que atoparemos dentro do sobre. Nas aulas preparáronse os bonecos para o xoves de compadres e o xoves de comadres. Os corredores do centro están decorados con carteis de festas e celebracións en moitos lugares de Galicia. Tamén temos dous personaxes moi curiosos ataviados con disfraces típicos do entroido galego. E, por suposto, xa se instalou o meco na porta da biblioteca coas ordes que haberá que obeceder ao longo da próxima semana. Xa estades vendo: todo listo para a festa rachada do próximo venres!!! Agora, a preparar os vosos disfraces e a pasalo ben!!!
         |
|
|
|
AGARDANDO A ROSALÍA |
|
O 24 de febreiro será o aniversario de Rosalía de Castro, polo que esta data será celebrada nas institucións e centros educativos de toda Galicia para reivindicar a súa figura como "referente necesario" na búsqueda de identidade para a lingua e a cultura galegas. No noso cole deseñáronse varias actividades arredor da figura desta escritora imprescindible e o alumnado xa está traballando coa súa biografía e coa súa obra. O 22 de febreiro mostrarase o resultado destes traballos nos corredores do centro. Aí vai un anticipo:
|
|
|
|
ENTROIDO 2019: XOVES DE COMPADRES E XOVES DE COMADRES |
|
Este ano levaremos a cabo no cole unha das tradicións do longo ciclo do entroido galego: o XOVES DE COMPADRES e o XOVES DE COMADRES. Para iso teremos que elaborar uns bonecos moi sinxelos que serán os protagonistas desta divertida actividade. Utilizaremos papel de xornal, papel de seda e la para o pelo. Deberemos procurar que os nosos bonecos sexan resistentes para que sobrevivan á "loita". Podes probar a facer un na casa. Será moi divertido!!!
|
|
|
|
|
|
|