O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ENTREGA DE DIPLOMAS E AGASALLOS AOS AXUDANTES DA BIBLIOTECA CURSO 18/19
Antes das actuacións dos "artistas" da SEMANA DA MÚSICA, procedeuse á entrega de diplomas e agasallos para o alumnado AXUDANTE DA BIBLIOTECA, que durante todo o curso estivo colaborando xenerosamente, renunciando ao seu tempo de lecer, para apoiar no traballo da biblioteca, un traballo moi valioso para o bo funcionamento deste servizo. Desde aquí enviámoslles o noso profundo agradecemento polo seu bo facer ao longo de todos os recreos deste curso. MOITAS GRAZAS A TOD@s!! SODES ESTUPEND@S!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 13-06-2019 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS COLECTIVOS CURSO 18/19
Xa temos, recén saídiños do forno, os contos colectivos deste curso. Como é habitual o argumento dos relatos está relacionado co PDI que traballamos durante o ano, A PINTURA. Seguro que vos encantarán!!! Se queredes velos en patalla completa, clic no cadradiño de abaixo, á dereita.
O primeiro é a creación dos nenos e nenas de 1º e 2º de EP titulado "FANTASÍA OU REALIDADE?"

A continuación, o conto de 5º e 6º de EP que se titula "ATRAPADOS NO MUSEO":
Comentarios (0) - Sección: Normalización Lingüística - Publicado o 12-06-2019 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS. RECURSOS
Como xa sabedes, o historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 - Santiago de Compostela, 1999) protagoniza o Día das Letras Galegas de 2019. No noso centro, ao igual que na maioría dos centros docentes de toda Galicia, celebramos o Día das Letras Galegas con múltiples actividades. Todas elas co obxectivo de poñer en valor a lingua e a cultura galegas, así como achegar ás nenas e nenos a figura de Antón Fraguas. A continuación, compartimos con todos vós unha serie de actividades moi interesantes para realizar na aula:
Para os máis pequenos da escola traémosvos o traballo realizado pola Real Academia Galega dentro do seu proxecto Primavera das Letras. Este ano o proxecto sobre Antón Fraguas conta cunha serie de fichas didácticas descargables con actividades que van desde colorear ilustracións inspiradas na vida de Fraguas ata un ?trivial? sobre o autor.
Doutra banda, o Museo do Pobo Galego ten unha unidade didáctica para profesorado con diferentes actividades dividas por ciclos de educación primaria. Tamén a Fundación Fenzol de Vigo recompila nun documento toda a obra de Antón Fraguas, para facilitar o seu coñecemento.
No Portal das Palabras, iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, afondan sobre sete das palabras favoritas de Antón Fraguas ou sobre os seres máxicos que documentou nos seus traballos.
Existen tamén moitas publicacións sobre a vida de Antón Fraguas dirixidas a diversas idades. Para educación infantil e primeiro ciclo de primaria, contamos coa detective Peregrina e o insólito caso ?Antón Fraguas? de Enrique Mauricio. Para os maiores, a editorial Xerais publica a obra Antón Fraguas. O bo mestre, o mestre bo de Héctor Cajaraville.
Por último, numerosos centros docentes impulsan actividades participativas abertas a todas as persoas. Aquí temos unha pequena selección:
? A área TIC do Centro de Educación Especial A Barcia (Santiago de Compostela) realizou unha serie de xogos interactivos sobre a figura de Antón Fraguas. Así podemos xogar ao Rosco de Galicia ou ao Onde estivo Antón Fraguas?
? O CEE Nosa Señora do Rosario publicou un vídeo onde explica a biografía de Antón Fraguas en lingua de signos.
? Antón Fraguas, con A de agarimo e F de folclore. Actividade deseñada polo CEIP Xesús de San Luís Romero de Carballo que resultou premiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no concurso ? exposición co motivo das Letras Galegas 2019.
? O Seminario Galán, formado por docentes de dez centros de Arteixo, A Coruña, Cambre, Catoira, A Laracha e Corcubión, creou actividades por ciclos para coñecer máis en detalle a Antón Fraguas.

Fonte: Primavera das letras, RAG

Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 17-05-2019 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2019
O venres, 10 de maio, celebramos no cole a tradicional festa dos MAIOS coa que se dá a benvida ao renacemento da natureza despois dun longo sono invernal. Todos os nenos e nenas do centro contribúen á construción do maio vestindo con fiuncho, flores, cocas e outros elementos naturais unha armazón de madeira con forma de pirámide:
Como novidade, este ano tamén elaboraron un mandala que serviría para acoller no seu centro ao MAIO xa vestido e engalanado:

Como era de supoñer, unha alusión ao noso proxecto anual sobre PINTURA coroaba o noso maio pintureiro. QUEDOU XENIAL!!

Despois de dous días de traballo, reunímonos no ximnasio (a choiva non deu tregua!) para gozar cantando unhas coplas moi simpáticas e batendo cos nosos paus ao ritmo dos recitados. Os nenos e nenas de quinto e sexto de EP fixeron a presentación do que ía acontecer e dramatizaron magnificamente a loita entre o inverno e a primavera:
A continuación viñeron as coplas:

Para finalizar, todos bailamos ao ritmo da música da "saia da Carolina". Pasámolo xenial!!!

Queremos dar as GRAZAS ás familias que quixeron acompañarnos neste día e a toda a comunidade educativa pola súa colaboración na achega dos materiais. E, por suposto, un agradecemento moi especial ao noso conserxe Alfonso e á nosa querida PROFE MARILUZ pola súa xenerosidade e pola súa impagable axuda.
Para ver máis fotos, clic nas seguintes ligazóns:

- ELABORACIÓN DO MAIO

- FESTA DOS MAIOS 2019
Comentarios (2) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 11-05-2019 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
APADRIÑAMENTO LECTOR 2019 - LECTURAS
Rematamos o mes dos libros cunha das actividades máis fermosas e emocionantes que se levan a cabo no centro un día de abril desde hai dez anos: O apadriñamento lector. Novamente, os libros e a lectura invadiron o patio do recreo. A ilusión, a emoción e a alegría da festa de compartir historias van máis alá da propia experiencia lectora. Quizais estes factores emocionais que envolven o ambiente crean un pouso nas mentes e nos corazóns que consiguen que cada ano todo o alumnado agarde con impaciencia revivir tantos sentimentos provocados polas palabras dun libro lidas con moito agarimo. Como é habitual, durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos "afillados/as" para facer os sorteos e as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a "hora de ler" deste día ía ser moi especial. Por fin, á hora prevista, acompañados por un sol espléndido que convidaba a buscar a sombra dunha árbore, reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos... Repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras, que provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.
Primeiro, os padriños e madriñas, preparados cos seus libros, recollen aos seus afillad@s e buscan un lugar cómodo e agardamos a que tod@s estean preparados:

E COMEZA A LECTURA:
Finalmente, intercambian pequenos agasallos e regresan ás súas aulas. Un ano máis, un auténtico pracer!!
PARABÉNS A TOD@S E ATA O ANO QUE VÉN!!!
PARA ACCEDER AO ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS, CLIC AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 06-05-2019 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
APADRIÑAMENTO LECTOR 2019 - SORTEOS
Hoxe, xoves, realizáronse os sorteos para a gran cita lectora que se levará a cabo mañá, venres, durante a hora de ler. Os nenos e nenas de E. Infantil e o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria recibiron nas súas aulas aos padriños e madriñas que os acompañarán un ano máis nunha aventura chea de emocións que permanecerán nos nosos corazóns ao longo do tempo. Así, un pouco nerviosos pola responsabilidade, os nenos e nenas de CUARTO visitaron coas súas preciosas tarxetas aos compañeir@s de SEGUNDO para proceder, como vén sendo habitual, ao sorteo de afillad@s, aos que se presentaron individualmente dun xeito moi agarimoso:






FOI FANTÁSTICO!!! PARABÉNS A TOD@S!!! VÉMONOS MAÑÁ!!!
Se queres ver todas as FOTOS preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 03-05-2019 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO LECTOR CON IRIA MISA
O alumnado de sexto de EP recibiu hoxe a visita da escritora baionesa IRIA MISA, autora do libro que estiveron lendo ?Mamá, quero ser Ziggy Stardust?, unha preciosa historia que engaiolou a todos. GRAZAS, IRIA!!!
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 29-04-2019 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON ÁNXELA LOUREIRO
O alumnado de segundo e terceiro de EP recibiu na biblioteca á escritora ÁNXELA LOUREIRO, coa que intercambiaron impresións e experiencias lectoras arredor das obras "OTA QUERE VOAR" e "CHOIVA DE RAS".  Moi amablemente, ao finalizar o encontro, a escritora asinou os exemplares de todos os entusiasmados lectores. GRAZAS, ÁNXELA!!! AGARDAMOS VERTE AXIÑA!!!
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 29-04-2019 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
MES DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR 2019
Á volta de vacacións realizaremos os sorteos nas aulas dos nenos e nenas cos que compartiremos fantásticas lecturas para o que teremos que preparar as nosas "tarxetas lectoras". Seremos uns estupendos "padriños e madriñas". Estamos impacientes!!!
A continuación veredes algúns exemplos de "tarxetas"que vos poden servir de inspiración:
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 12-04-2019 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMO ENCONTRO CON PEDRO MAÑAS
Mañá xoves, o alumnado de 4º de EP recibirá na biblioteca a visita do autor do libro que estiveron lendo "Apestoso tío Muffin". Para recibilo prepararon un mural como agasallo de benvida no que se implicaron moito e que fixeron con moita ilusión e entusiasmo.
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 10-04-2019 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0