O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

EXPOSICIÓN
Durante o primeiro trimestre o noso alumnado, coa axuda das súas familias, fixeron uns espléndidos traballos sobre o lema deste ano da biblioteca do centro: EUREKA, HAI CIENCIA NA BIBLIOTECA!!! Recoméndovos que visitedes a magnífica exposición nos corredores da planta baixa do centro. Moitas grazas a todos pola vosa constante implicación e complicidade en todas as propostas do noso querido MIK!!!
Aquí tendes unha mostra dos excelentes traballos que podedes atopar na exposición:
Comentarios (2) - Sección: Biblioteca - Publicado o 21-12-2019 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
UN CIENTÍFICO CALENDARIO DE ADVENTO
O día 2 de decembro atopamos unha nova sorpresa de parte do noso amiguiño MIK: un científico calendario de advento que imos descubrindo con curiosidade cada día. Nos sobres aparecen propostas de exprimentos, puzzles, curiosidades... É XENIAL!!! MOITAS GRAZAS, MIK!!!
Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 06-12-2019 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
CELEBRANDO O 25 DE NOVEMBRO
Todos os nenos e nenas do cole, tanto de E. Infantil como de E. Primaria, levan días preparando uns preciosos murais colectivos para celebrar o 25 de Novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Con estes traballos, o alumnado do centro, xunto co profesorado e o persoal non docente, queremos manifestar a nosa firme condena ao maltrato e a calquera outro tipo de violencia. ANTE A VIOLENCIA, TOLERANCIA CERO!!!
Comentarios (4) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 25-11-2019 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
EXPERIMENTOS TERRORÍFICOS
O noso querido MIK preparounos catro experimentos terroríficos co gallo da celebración do Samaín: moco radioactivo, lámpara de lava, xeo brillante e ovo saltarín radioactivo. PASÁMOLO XENIAL!!!!! GRAZAS, MIK!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 14-11-2019 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
EUREKA, HAI CIENCIA NA BIBLIOTECA!!!!
O xoves e o venres desta semana celebramos a con-ciencia a reapertura da nosa biblioteca. No marco do PDI deste curso sobre A CIENCIA, gozamos de dous días de actividades que culminaron co magnífico espectáculo que nos ofreceu o MAGO CALI e que marabillou aos nosos asombrados nenos e nenas. MAXIA OU CIENCIA foi o título que presidiu o escenario onde se desenvolveu o espectáculo, ao abeiro do tema que centrará o traballo deste curso da biblioteca: EUREKA, HAI CIENCIA NA BIBLIOTECA!!!Aí vos vai un pequeno resume do que aconteceu:
Cando chegou a hora todos os grupos de alumnado baixaron á biblioteca onde se atoparon coa exposición de novidades e a exposición temática sobre CIENCIA. Despois de repasar as normas e os servizos que se ofrecen na biblioteca, puideron botarlle unha ollada aos libros novos, recolleron as mochilas viaxeiras, que xa emprenderon hoxe a súa viaxe, e saborearon o doce agasallo de benvida que nos deixou MIK.


Ademáis, aos nenos e nenas de primeiro de EP e aos de nova incorporación ao centro entregáronlles as súas carpetas e os seus flamantes carnés de usuari@s.
Como guinda do pastel, o estupendo MAGO CALI co espectáculo de maxia que nos engaiolou a tod@s e que fixo as delicias do noso animadísimo alumnado.

A próxima semana comezará unha emocionante andaina polos camiños da CIENCIA e viviremos moitas aventuras rodeados da maxia da biblioteca. Como todos os anos, o noso ratiño MIK preparounos unha chea de propostas interesantes e moi divertidas que se irán desenvolvendo ao longo do curso. BENVIDOS DE NOVO A TOD@S!!!
E xa sabedes que eu agardo impaciente as vosas visitas na biblioteca. Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!!
Moitos bicos ratunos e MOI FELICES LECTURAS!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2019 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
AGARDANDO O GRAN DÍA!!!!
Xa levamos uns días impacientes para que chegue o día da reapertura da nosa biblioteca e aínda máis desde que recibimos unha mensaxe do noso querido ratiño MIK.
Tamén temos o programa das estupendas actividades que nos ten preparadas:
O xoves e o venres temos unha cita ratuna!!!! EUREKA!!!!
Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 25-10-2019 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
BENVID@S AO CURSO 19/20!!!!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Xa estamos aquí un novo curso!! A semana pasada voltamos ao noso cole con moita ilusión e algo nervios@s por atoparmos cos nosos compañeiros e compañeiras e cos profes e "profas", para percorrer xunt@s unha andaina na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos aínda máis.
Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2019/2020. Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Teño algunhas ideas moi curiosas que vos encantarán, xa veredes! Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!! Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2019/2020!!

Comentarios (1) - Sección: Biblioteca - Publicado o 18-09-2019 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA A SEMANA DA MÚSICA 2019
Remata a SEMANA DA MÚSICA con espléndidas actuacións do noso talentoso alumnado. Nesta última xornada houbo de todo: música clásica interpretada con diferentes instrumentos, música tradicional, canción en vivo e en directo e, como non, baile ao ritmo dos últimos éxitos do pop. Comezamos con DAVID (violín), CECILIA (piano), MIGUEL (piano), GABRIEL (guitarra) e LUIS (gaita). Fixérono xenial!!!
A continuación, dous grupos de magnífic@s cantantes:
Para finalizar, varios grupos de bailaríns que fixeron as delicias de tod@s:
Déixovos uns vídeos con algúns fragmentos do espectáculo. A disfrutar!!!

Tamén podedes acceder ao álbum completo AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 19-06-2019 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDA XORNADA DA SEMANA MUSICAL 18/19
O venres celebrouse a segunda xornada da SEMANA DA MÚSICA na que non faltou de nada. Houbo teatro, canción e música instrumental en directo e, por suposto, varias coreografías. Felicitamos a tod@s os artistas polo seu magnífico traballo enriba dun escenario. Pasámolo xenial!!! PARABÉNS a tod@s!!!
Comezamos cunha divertida obra de teatro que creou e interpretou o alumnado de 5ºB:

A continuación, NICO interpretou magnificamente tres pezas co seu acordeón:
Despois, un grupo de nenas de 1º de EP entonaron marabillosamente a coñecida canción "SOFÍA"
NEREA, de sexto de EP, acompañou á perfección unha famosa peza musical cunha batería electrónica

Para finalizar, varios grupos nos impresionaron cos seus bailes e coreografías:
VÍDEOS:
ZAIRA E INÉS



MIRIAM


CLAUDIA, FABIOLA E NEREA:


VIOLETA, LAURA E VEGA:
Álbum completo de fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 15-06-2019 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZAN AS XORNADAS MUSICAIS 18/19
A SEMANA DA MÚSICA non podía comezar mellor!!! O alumnado demostrou coas súas actuacións que ten moita arte para o baile e para a música. Tamén nos demostraron a súa capacidade para traballar en equipo, a súa habilidade para organizarse, a súa creatividade e o seu saber facer nun escenario. FELICIDADES, CHIC@S!!! SODES GRANDES ARTISTAS!! Mañá seguiremos gozando de toda a vosa creatividade e talento. Con que nos sorprenderan??!!


Álbum completo de fotos AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: SEMANA DAS ARTES - Publicado o 13-06-2019 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0