Ola, amiguiñ@s!!! Aquí vos deixo unha páxina na que podedes atopar moitos contos e, se queredes, descargalos en pdf. Fai clic na imaxe de abaixo para acceder:
A editorial KalandraKa ten un canal TV no que podedes atopar moitos contos contados por escritores/ilustradores de Literatura Infantil e Xuvenil. Fai clic na imaxe de abaixo para acceder:
Ola, amiguiñ@s!!!! Xa sei que tod@s estades a facer un traballo impresionante cumplindo co noso deber de quedarnos na casa. Eu estou desexando volver atoparvos na nosa biblio, pero ata entonces mándovos moitos biquiños ratunos. Sodes xeniais e uns auténticos superheroes e superheroínas. Eu, ao igual ca vós, estou lendo moito e, grazas a iso, vivo aventuras extraordinarias, viaxo polo mundo, coñezo novas xentes... Recoméndovos que fagades o mesmo. Pasarédelo en grande!!!Agardo que veñades de cando en vez por este Recanto e me deixedes algún comentario. Eu irei poñendo aquí algunhas actividades e propostas divertidas e interesantes. ATA MOI PRONTO!!!
Algo está argallando o noso amiguiño para o DÍA DA MULLER!!! Nos paneis da biblioteca hai unha proposta relacionada con mulleres científicas coas que teremos que facer novos traballos de investigación. A poñerse as pilas!!!!
Co gallo da celebración do DÍA DE ROSALÍA, o alumnado do centro elaborou varios murais colectivos facendo alusión un tema recurrente na obra da escritora: A EMIGRACIÓN. Quedaron fantásticos!!! PARABÉNS a tod@s!!!
Para celebrar o DÍA DA PAZ o alumnado de 2º de EP representou para os resto de compañeir@s unha simpática obra de teatro titulada "BARULLO DE CANS, GATOS E RATOS" O noso agradecemento polo estupendo agasallo e as nosas felicitacións polo seu magnífico traballo enriba do escenario. Fixérono xenial!!! PARABÉNS, ARTISTAS!!!