O miolo do noso ratiño non para de argallar sorpresas superdivertidas e moi emocionantes! Desta vez tocoulle ao alumnado de E. Infantil tremer e gozar dun terrorífico contacontos nun misterioso lugar do noso cole. Primeiro, os nenos e nenas tiveron que entrar por unha porta moi tenebrosa, pero como son tan valentes... nin chisca de medo!!!! Logo, todo estaba escuro e, de súpeto, apareceu a maxia! Alí agardaba un amigo algo particular da profe Rocío, xunto coa súa axudante "Man". Entre os dous relataron as aventuras e peripecias dun simpático morcego. Pasámolo xenial!!! GRAZAS, MIK!!!!
O ALUMNADO DE 4º de EDUCACIÓN INFANTIL tamén o pasou DE MEDO!!!
Xa sabedes que non paro de argallar cousiñas para compartir con vós. Aquí vos deixo un aperitivo musical para empezar a todo ritmo co noso proxecto anual sobre a música. ÁNIMO!!! A CANTAR E BAILAR!!!!
Xa sei que vos estades preparando para aprender, xogar e investigar arredor do tema deste curso do noso PDI: A MÚSICA!!! Que guai!!! A min encántame a música, tocar, bailar, cantar... e mesmo escoitar. Este ano faremos un percorrido pola historia da música e dos artistas máis importantes relacionados con esta arte. Estades dispostos? Eu xa teño lista a miña guitarra!!!!
Moitos parabéns a tod@s polo estupendo traballo que estades facendo ao cumplir extraordinariamente todas as normas para manter a raia a ese maladrín tan pesado e que non tardaremos en botar fóra para sempre. Sodes uns auténticos heroes e heroínas e estou moi orgulloso de vós e do voso comportamento exemplar. ÁNIMO, VALENTES!!! Eu, igual que vós, estou ben preparado para pasalo ben e continuar propoñéndovos tarefas moi guais ao longo deste curso tan especial.
Ola, rapazada!!!! Estou supercontento porque a partir de setembro teremos outro recunchiño moi guai para gozar das nosas lecturas. Como tiven que estar confinado por mor da pandemia, aproveitei para traballar arreo coas miñas "axudantas" e prepararvos este espazo tan feituco. Para que vaiades facendo boca déixovos o vídeo no que podedes ver como fomos avanzando nas tarefas e o ben que nos quedou ao rematar. Estrenarémolo en setembro!!! Ata ese momento, gozade do verán e das vacacións!!! MOITOS BICOS RATUNOS!!!!
Chegamos ao venres e aquí remata a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Ah, pero aínda nos queda saber un pouquiño máis da vida de CARVALHO CALERO e... UNHA SORPRESA!!!! Primeiro lede a información da imaxe e seredes expert@s no autor deste ano:
E agora a sorpresa!!!! Un CONTO, CONTIÑO, cuns monicreques ben simpáticos e orixinais!!!
E para que nos quede un regustiño a festa rachada imos con estas cancións tan chulas. Veña,A CANTAR E A BAILAR!!!
Ola, nenos e nenas!!! Nunha das miñas viaxes polo ciberespazo descubrín unha web superchula que vos vai encantar. Nela podedes ler online ou descargar no voso ordenador o libro "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato ?Conto?, cedido por Ed. Embora.
Tamén podedes atopar unha UNIDADE DIDÁCTICA con actividades moi atractivas coas que aprenderedes moito (VER ou DESCARGAR) Para rematar, a cantar e bailar con catro cancións moi divertidas. Aquí vos deixo unha delas:
Ola, rapazada!!! Cantas cousas estamos aprendendo sobre RICARDO CARVALHO CALERO!!!! Aí van algúns datos máis da súa biografía e do seu peculiar xeito de falar e escribir en galego:
Ola a tod@S!!!! Xa estou aquí para plantexarvos un novo desafío!!! Primeiro imos con algún dato máis sobre a vida e a obra de RICARDO CARVALHO CALERO (para velo mellor, clic na imaxe):
E agora o RETO para os máis valentes: tes que averiguar de que personaxe se trata:
Se aínda non o sabes, aí vai unha axuda: entra na ligazón "PISTA" e seguriño que acertarás. Cando teñas unha resposta escríbea nun>COMENTARIO (non esquezas poñer o teu nome e o teu curso). VEÑA, A PENSAR!!!! Mañá agárdovos aquí mesmiño!!! Bicos ratunos!!!
Se che apetece facerlle algún comentario ao noso amiguiño MIK, sigue as instruccións do seguinte VÍDEO e... a practicar!! MIK vaise poñer supercontentísimo!!! (se fas clic no cadradiño que está ao lado da palabra YOUTUBE, verás en pantalla completa)