A castaña é moi nutritiva, moito máis que calquera froito silvestre, aínda que de dixestión pesada.
O home aproveitouna sempre na súa dieta, e aproveitouna de mil formas. Isto xunguido á utilidade do castiñeiro, do que todo se aproveita, fainos afirmar que hoxe é a árbore silvestre de folla caduca máis cultivada.
O castiñeiro non dá máis traballo que o de quitarlle algún cano seco, xa que el mesmo se esterca coa folla que lle cae.
Co outono, as castañas empezan a pingar, isto é, abrir os ourizos e deixar caer os froitos. Estas castañas son as do angazo, xa que se recollen con el. É o labor da apaña.
O castiñeiro varéase coa baloira ou taloira, pao longo co que se van chimpando os ourizos e cos que se fai unha ouriceira para que podreza o ourizo e se abra.
Despois recóllense e póñense no canizo enriba da lareira para que se sequen e non podrezan.
Outras veces vanse sacando as castañas do ourizo cos pés calzados con zocos.
Nas zonas de moitas castañas constrúen sequeiros onde se poñen as castañas para secar. No andar de abaixo, co piso de terra, acéndese lume e o fume pasa ao primeiro andar e vainas secando.
Nalgunhas comarcas tamén se usan as máis pequenas para o engorde de gando, sobre todo dos porcos, feito éste ao que se atribúe a boa calidade dos xamóns.
Érase una vez una gaviota que siempre iba a la misma basura y siempre comía lo que los hombres tiraban. Una vez apareció un pato que se había perdido y a la gaviota le dio pena. Cogió al pato y lo llevó junto a sus padres, que estaban muy preocupados. Los padres del pato, que se llamaban Fina y Chiqui, lo abrazaron con mucho cariño y la gaviota contentísima se fue a su nido.
Pronto imos poñer en marcha unha actividade para mellorar as competencias lectoras no noso alumnado. Trátase de incorporar ás aulas uns minutos de lectura silenciosa, no que todos xuntos nos mergullamos no placer de ler. Esta actividade está sendo levada a cabo con éxito noutros Centros polo que nos sumamos con entusiasmo a tentar inculcar nos nosos alumnos o desexo de ler.
Co gallo da exposición de libros en torno ao mar, adquiriuse novo material para a biblioteca. Poderás velo moi pronto.
Para os lectores máis pequenos xa están na biblioteca novos exemplares de
Menuda sorpresa atoparon os nen@s de 2º cando chegaron a clase pola mañá. Mik escribiralles unha carta presentando a unha nova amiga:KIKA Superbruxa. Tamén lles deixou unha variña máxica(de Kika, supoñemos) e un libro para ler entre todos...